Gabriel Prada presenta "A última cinta de Krapp", un monólogo de Samuel Beckett

Gabriel Prada, membro de Gargallada Teatro protagoniza "A última cinta de Krapp", un monólogo de Samuel Beckett. É un espectáculo que vos recomendo.
A última cinta de Krapp é un monólogo de Samuel Beckett, escrito e representado por primeira vez en 1958. Amósanos ao vello Krapp mergullando nas súas lembranzas, apuntadas nun vetusto diario e gravadas en cintas magnetofónicas. Krapp atópase con anacos do seu pasado narrados por un Krapp trinta anos máis novo, e que, con dificultade, poderían dar sentido ao seu presente orfo de esperanza.
Teatro galego afeccionado Gargallada teatro A ultima cinta de krapp samuel beckett

"A última cinta de Krapp",
de Samuel Beckett

Interpretación, dirección e adaptación
Gabriel Prada (Gargallada Teatro)

Duración de 45 minutos.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.