Última función de "Historia de Pura e Angelita", da Aula de Teatro da USC

     Hoxe remata a xira da Aula de Teatro coa peza "Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz". Logo de pasear polos teatros de moitas vilas galegas, de pasar por Murcia e incluso por Bélxica, a Aula de Teatro da USC remata a súa andaina na súa casiña, en Santiago de Compostela.

     Foi todo un pracer pasar todos estes meses con vós, os que xa nos coñeciamos comezamos a coñecernos máis e ás que viñeron novas collémoslle moito cariño. Dá mágoa ter que dicirlle "adeus" a Purita ou a Angelita, á nosa querida Marinita, a Loliña e o seu catecismo, a Rosita e ao seu Antonio, a Aurora e as súas flores, e tamén a Fernandiño. Moitos bicos a todos!

teatro universitario historia de pura e angelita da aula de teatro da USC

"Historia de Pura e Angelita", da Aula de Teatro da USC
Día: Martes 24 de maio
Hora: 21.30h
Lugar: Salón Teatro de Santiago de Compostela

*Entrada gratuita previo paso por taquilla que estará aberta a partir das 18.30h

O 31 de maio, NNC Teatro presenta: "Esperando a Godot" de Samuel Beckett

     O grupo de Teatro Universitario NNC Teatro, do que este ano formo parte, estreará o próximo 31 de Maio no Salón Teatro a súa nova producción, "Esperando a Godot" de Samuel Becket.
     A dirección do espectáculo corre a cargo de Beatriz Méndez, directora da montaxe anterior "Peza para dous actores" e integrante da Aula de Teatro da USC. O elenco está formado por Roi Méndez, Paula Díaz, Cristina Amboage, Beatriz Méndez e quen lles fala.
     A estrea terá lugar o día 31 de Maio no Salón Teatro ás 21.30h, no marco da Mostra de Teatro Universitario de Galicia. A entrada será gratuita previo paso por taquilla a partir das 18:30h. Só se entregarán dúas entradas por persoa.

teatro galego esperando a godot de samuel beckett NNC teatro

"Esperando a Godot", Samuel Beckett

Dirección: Beatriz Méndez
Elenco: Roi Méndez, Carla Capeáns, Cristina Amboage, Paula Díaz e Beatriz Méndez

Pelos na lingua, de Talía Teatro chega a Santiago de Compostela

talia teatro pelos na lingua teatro galego    
     Mañá, día das Letras Galegas, Talía Teatro achégase ata o Teatro Principal de Santiago de Compostela para presentar unha das súas novas producción: "Pelos na lingua". Despois do éxito de "Bicos con lingua",  "e ante a situación conflitiva do idioma nestes momentos" a compañía decidiu afrontar de novo "un espectáculo que invite á reflexión pero sen esquecer o humor e a ironía".
    
     A dirección, ao igual que en "Bicos con lingua" corre a cargo de Avelino González. O elenco está formado por Toño Casais, Artur Trillo e María Ordóñez.
    
     Lembrade, mañá día 17 de maio, Talía Teatro estará no Teatro Principal de Santiago de Compostela con "Pelos na lingua" ás 21:00h.

XII Mostra de Teatro Universitario de Galicia, da USC

      A Mostra de Teatro Universitario de Galicia comezará o día 23 de Maio e prolongarase ata o 1 de xuño. Achégovos a programación que tamén podedes consultar no Blog da Aula de Teatro da USC. A entrada será gratuita previo paso por taquilla a partir das 17:30h. no Teatro Principal e a partir das 18:30h. no Salón Teatro.

  • 23 de maio no TEATRO PRINCIPAL ás 19,30 h.
Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Ourense. Compañía “Maricastaña”
"Leve, a nada entre as mans", Adaptación de Fernando Dacosta de “Seda” de A. Baricco

  • 23 de maio no SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
Diagonal Teatro (USC)
"Xente interesante en Terranova". Creación colectiva a partir de múltiples textos adaptados por Xurxo Barcala e Roberto Leal

  • 24 de maio / TEATRO PRINCIPAL ás 19,30 h.
Coprodución de compañías de teatro da USC e antigos alumnos da Aula de Teatro
"Caricias", de Sergi Belbel

  • 24 de maio / SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.
"Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz", Adaptación libre de Roberto Salgueiro de “Los gatos” de Agustín Gómez

  • 25 de maio / SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
ARTías. (USC)
"Oito mulleres", de R. Thomas

  • 26 de maio / SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
Enlata Teatro (USC)
"Ubú", de Alfred Jarry

  • 27 de maio / SALÓN TEATRO 21,30 h.
Os Sigillatos Galaicos (USC)
"Feeling Good", de Blanca Tejero e Paula Fernández

  • 28 de maio / SALÓN TEATRO 21,30 h.
Teatro no Aramio (USC)
"Divertimento", de Fran Godón

  • 29 de maio / SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
Teatro da Falúa (USC)
"A onda", de Dennis Gansel. Adaptación da película “Die weller”

  • 30 de maio / TEATRO PRINCIPAL ás 19,30 h.
Aula de Teatro da Universidade da Coruña
"Nunca durmo", A partir de textos de Pessoa

  • 30 de maio / SALÓN TEATRO ás 21,30 h.
Mequetrefes Teatro (USC)
"Do día que meus pais me plantaron nunha maceta", creación colectiva

  • 31 de maio / TEATRO PRINCIPAL ás 19,30 h.
Pinchacarneiro (USC)
"A comedia do gurgullo", de Plauto, en versión de Celso Parada

  • 31 de maio / SALÓN TEATRO 21,30 h.
NNC Teatro (USC)
"Esperando a Godot", de S. Beckett

  • 1 de xuño / TEATRO PRINCIPAL 19,30 h.
Tolemia (USC)
"Versión 2.0", creación colectiva

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.