Roubo de material técnico de Talía Teatro

talia teatro galego      O pasado mércores 27 tivemos coñecemento, vía Facebook, do roubo de material técnico sufrido pola compañía teatral Talía Teatro. Dende aquí... moito ánimo a todo Talía!

      Adxunto a lista de material sustraídos por si tiverades coñecemento de venda de material de segunda man que se correspondera con este:

- Mesa iluminación LSC ATOM 12/24
- Mesa son autoamplificada YAMAHA EMX 3000
- Dous bafles YAMAHA 400W con entrada dobre JACK.
- Reproductor CD AUDIOPHONY CD 1530
- Reproductor minidisc SONY MDS JE700
- Taladro a batería HITACHI 14.4V modelo DS14DVF3 LQ, con 3 baterías.
- Taladro a batería DEXTER.
- Caixa de ferramentas con rodas, amarela, STANLEY.


Concurso Radiofónico de Teatro Lido do Concello de Ames

      O Concurso Radiofónico de Teatro Lido que organizou o Concello de Ames vai dirixido aos estudantes do Instituto de Ames (IES Ames) matriculados no 2º ciclo da ESO ou no Bacharelato organizados en grupos de 2 ou 6 persoas e que estarán dirixidos polo profesorado ou por calquer outra persoa nomeada polo grupo.
      Os textos teatrais están escritos en lingua galega. A temática versa arredor da situación social do idioma galego e déronse varias opcións: ou ben escoller libremente o texto, crear textos propios ou escoller entre os recomendados pola organización do concurso. As pezas teñen unha duración que oscila entre os 5 minutos e os 10. A emisión das pezas presentadas podedes escoitalas en Ames Radio (FM 107.2) ata o 6 de maio nas seguintes franxas horarias: de 13:30h ás 14:30h e das 22:00h ás 23:00h (de luns a venres). Establécense dous premios:
      Premio do público: A audiencia escollerá por votación entre as pezas emitidas a obra que obterá o premio do público. A votación realizarase entre o 25 de abril e o 6 de maio a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.org ou a través do teléfono 981 890 452.
      Premio do xurado: O xurado será designado a mediados de abril polo Concello de Ames. Estará formado por un secretario e tres membros de recoñecido prestixio dentro do mundo radiofónico e teatral galego.
      Ambolos dous premios están dotados con 300 euros. Faranse públicos na segunda semana de maio e entregaranse o Día das Letras Galegas de 2011 nun acto público na Casa da Cultura do Milladoiro. Mantereivos informados sobre as propostas dos estudantes do IES de AMES.

TOMA NOTA
Cuncurso Radiofónico de Teatro Lido - Concello de Ames
EMISIÓN DAS PEZAS TEATRAIS
  • Ónde: Ames Radio (FM 107.2)
  • Datas: do 11 de Abril ata o 6 de maio
  • Hora: de 13:30h a 14:30h e de 22:00h a 23.00h (de Luns a Venres)
VOTACIÓN DAS PEZAS

Resumo: Premios María Casares, Festival Internacional de Teatro Universitario, etc

  •  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DA USC
      Esta semana tivo lugar en Santiago de Compostela o XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC. A Università degli STUDI di Genova (Italia) presentou “Yo Vivo. Delirio para un actor” (versión libre inspirada en “Calígula” de Albert Camus). Ata o Festival Internacional tamén se achegaron a ESAD de Asturias e Teatrubi (Portugal). A ESAD de Asturias presentou no Salón Teatro “Tres Sombreros de Copa” de Miguel Mihura e dende Portugal, trouxeron un espectáculo no que se fusionaba a danza co teatro: “Son[h]o Dor-mente” (Adaptación libre do texto de Emma Santos “O Teatro”).
      * Por certo, un saúdo moi grande para os técnicos do Salón Teatro e para as encargadas de atender o despacho de entradas.

  • COMMEDIA DELL' ARTE
      Esta semana tamén comezou, no marco dos cursos formativos da Aula de Teatro da USC, un curso de Commedia dell'arte impartido por Alberte Cabarcos. De momento foron dúas as sesións impartidas pero está sendo unha experiencia moi moi interesante.

  • PREMIOS MARÍA CASARES: PEQUENO COMENTARIO
      E si me permitides facer un último comentario... Sobre os Premios de Teatro María Casares direi que non estou conforme con algúns dos premios outorgados. Non me entra na cabeciña que "Memoria de Helena e María" non levara nin un só dos premios aos que estaba nominada. Concordo totalmente cos outorgados no campo de Mellor Actriz Secundaria (Marta Ríos), Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo), Mellor Espectáculo ("Un Cranio Furado") e con algún máis...

  • REFORMAS NO BLOG
      E agora si que xa é o último que vos contarei. No blog estou de reformas. Teño ganas de cambiar un chisco o formato para que sexa máis sinxela a súa lectura e poder integrar novos contidos.

Gañadores dos Premios María Casares 2011

teatro galego premios maria casares 2011
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Marta Ríos, por Volpone
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Santi Romay por Un Cranio Furado
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: Iolanda Muíños por Life is a Paripé
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Evaristo Calvo por Un Cranio Furado
  • MELLOR DIRECCIÓN: Marta Pazos por Super8
  • MELLOR ESPECTÁCULO: Un Cranio Furado, de P.T. Excéntricas
  • MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCCIÓN: Avelino González por Un Cranio Furado
  • MELLOR MAQUILLAXE: Tanxarina por Trogloditas
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por Trogloditas
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Suso Díaz por "O Incerto Señor Don Hamlet, Príncipe De Dinamarca"
  •  MELLOR MÚSICA ORIXINAL: José Luis Prieto e Carlos Mosquera "Mos" por Life is a Paripé,
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Marcelino de Santiago "Kukas" por Un Cranio Furado
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Rubén Ruibal por "Limpeza De Sangue".

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.