"Soños", a nova producción de Bichakadela

     A compañía Bichakadela estreou onte, día 8 de Outubro, na Sala Santart de Santiago de Compostela a súa nova producción: "Soños" dirixida por Roberto Leal

Y digo yo…, los sueños…, puede ser lo que le está pasando a uno, no? Yo sueño, tú sueñas, él sueña… Circulares, Concéntricos, entramos y salimos en el sueño de cada uno, en el sueño de todos… Teatros y teatrinos…Sonrisas y Lágrimas, o era Mary Poppins? Los sueños de dormir, los sueños que tenemos cuando despertamos…Siempre el teatro… como sueño mayor y la música…en un espacio pequeño cabe un mundo…  A la manera de las muñecas rusas, hay un sueño dentro de otro, parece que despertamos, sólo lo parece? Ah… muy bien…. Haced pasar al infinito…y aclaramos ESTO NO ES UN JUGUETE. Reverencia, señores…
 FICHA TÉCNICA de "Soños", da Cía Bichakadela 

  • Dirección e Dramaturxia: Roberto Leal
  • Creación e Interpretación: Borja Fernández, Ignacio Sanz, Nuria Sanz
  • Textos: Borja Fernández, Dolores Jiménez, Ignacio Sanz, Isa Bandin, Nuria Sanz
  • Paisaxe Sonoro: Ignacio Sanz
  • Espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño
  • Axudante de Dirección: Gustavo Dieste
  • Axudante de Producción: Sara Núñez
  • Asesoría de Vestiario: Uxía P. Vaello
  • Traducción: Rafael Martínez Castro
  • Producción Executiva, Fotografía e Deseño Gráfico: Manu Lago - La Tía Mardalina
  • Produce: Bichakadela
  • Espazo colaborador: Sala Santart
  • Duración do espectáculo: 45 minutos aprox

Elenco: Borja Fernández, Nuria Sanz, Ignacio Sanz
  • Borja Fernández : Traballou co Centro Dramático Galego na producción dirixida por Quico Cadaval "Noite de Reis ou o que queirades". Traballou coas compañía e profesionais do teatro e da música como son Teatro Ensalle, Chévere Teatro, Arrepentimentos de Padrón, Avelino González, Carlos Santiago, así como coas bailarinas e coreógrafas Mercé de Rande e Uxía Vaello.
  • Nuria Sanz: Traballa coa Cía Sapristi e fíxoo con J.L. Campanari, CDG, Chévere, Quico Cadaval, Ollomol Tranvía, Eduardo Alonso, Troula Teatro e Teatro Danthea. Recibiu o premio á mellor actriz Cans 08, Premio Compostela 1992 a mellor actriz secundaria, María Casares 1999 a mellor actriz secundaria, María Casares 1994 ao mellor espectáculo, Crítica de Valencia 1995 e Premio dos espectadores de Alicante 1995.
  • Ignacio Sanz: Percusionista titulado no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Tamén posúe o título Superior de Música, especialidade de percusión. Formouse, así mesmo, con J. Guillem, She-e-wu, M. Bernat, P. Spiesser, M. Wither, etc. Colaborou con EPO da OSG, a Orquestra de Cámara Galega e Coruña Ensemle Instrumental e participou como actor e/ou compositor nas compañías Teatro 002, Trompicallo e Cachirulo. 

Dirección: Roberto Leal

     Natural de Bos Aires (Arxentina) e afincado en Santiago de Compostela, é actor, director e profesor de teatro. Posee unha ampla experiencia con compañías como Matarile Teatro, Factoría Teatro e o Centro Dramático Galego. Recibe o Premio María Casares como mellor actor pola obra "Indignos". Ademáis traballou en coñecidas series da Televisión Galega e tamén baixo a dirección de Isabel Coixet, Xabier Bermúdez, Patricia Ferreira, Juan Calvo e Manane Rodríguez...



FUNCIÓNS de "Soños", da Cía Bichakadela
  • Días: 8, 9, 15, 16, 22 e 23 de Outubro de 2011
  • Lugar: Sala Santart (Ruela de Brión, Santiago de Compostela)
  • Mercar entradas en: www.santart.com
Cómo chegar á Sala Santart













Agradecementos: Roberto Leal, www.santart.com, www.latiamardalina.com

www.teatrogalego.com

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
    -Non se admite a identificación como “Anónimo”

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.