"Hoxe comezamos a falar" de André Guedes

     A mostra "Hoxe comezamos a falar" chega a Santiago de Compostela da man de André Guedes e os estudantes do Máster de Arte, Museoloxía e Crítica da USC. Este espectáculo convida á relexión sobre a acción humana (individual) no momento histórico presente (colectivo). Por unha banda, Guedes opta por unha escolma de obxectos e figurinos que pertencen á Aula de Teatro da USC, e, por outra, a teatralización de textos e manifestos de Voltaire, Marinetti e Picabia, entre outros, que serán interpretados por actores das diferentes compañías de teatro universitarias.
     Forman o elenco deste espectáculo,  Daniel Baamonde, Esther Carrodeguas, Paula F. Franco, Beatriz Méndez, Roi Méndez, Xoana Pintos e Blanca Tejero.

Data de Inauguración da Mostra: 19 de Outubro ás 20:00 h *
Lugar de realización das performances: Pazo de Fonseca - Salón do Artesonado e a Capela gótica do Pazo Fonseca (Santiago de Compostela)
 
* O mércores 19 de outubro desenrolaranse os espectáculos correspondentes aos tres programas aquí descritos.

PROGRAMA -I-
Datas e horarios das representacións teatralizadas:
  • Mércores 19 de outubro ás 20:00 h.
  • Xoves 20 de outubro ás 19.00 h.
  • Sábado 29 de outubro ás 12.30 h.
Lugar: Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
- A carta de Lord Chandos de Hugo von Hofmannsthal (1874 - 1929)
      Extracto de "Ein Brief" (“A carta de Lord Chandos”), texto orixinalmente publicado en cinco partes no periódico diario berlinés Der Tag, en 1902.



PROGRAMA -II- 
Datas e horarios das representacións teatralizadas:
  • Mércores 19 de outubro ás 20:00 h.
  • Venres 21 de Outubro ás 19.00 h.
  • Venres 28 de Outubro ás 19.00 h.
Lugar: Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
- Cómo cubren los Papalagi su carnes o sus numerosos taparrabos y esteras”,“El metal redondo y el papel tosco de Erich Scheurmann (1878 - 1957)
     Extractos de “Der Papalagi” (“Los Papalagi”), basado nos discursos do xefe samoano Tuiavii de Tiavea, publicado orixinalmente en Alemania en 1920.

- Carta dedicatoria al Rey nuestro señor de Oliva Sabuco de Nantes (1562 - post. 1609)
     Prólogo de “Nova filosofía da natureza do home e outros escritos”, da mesma autora, publicado en Madrid en 1587.


PROGRAMA -III-
Datas e horarios das representacións teatralizadas:
  • Mérocres 19 de outubro ás 20:00 h.
  • Sábado 22 de outubro: 12.30
  • Xoves 27 de outubro: 19.00
 Lugar: Pazo de Fonseca (Santiago de Compostela)
- De si la intolerancia es de derecho natural y de derecho humano”, “Testimonios contra la intolerancia de Voltaire (1694 - 1778)
      Extractos de “Traité sur la tolérance” (“Tratado sobre a tolerancia”), publicado en Francia en 1763

- Primer Manifiesto Político de Filippo Tommaso Marinetti (1876 – 1944)
      Elaborado por Marinetti en 1909, con motivo das eleccións xerais italianas, é inmediatamente posterior ao “Manifesfo Futurista”, publicado o mesmo ano no periódico francés Le Figaro.

- Manifiesto Caníbal Dadá de Francis Picabia (1879 - 1953)
      Lido por André Breton ena noche Dadá do Théâtre de la Maison de l'Oeuvre, en París, o 27 de marzo de 1920.



Nota aclaratoria: Os espectáculos serán expostos en lingua castelá

www.teatrogalego.com

0 comentarios:

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.