Mostra das Artes Escénicas de Galicia 2011

     O luns 17 de Outubro chega a Santiago de Compostela a Mostra de Artes Escénicas de Galicia, evento que sustitúe á Feira de Artes Escénicas de Galicia. Visualizaranse ao redor de 25 espectáculos en diferentes espazos da cidade compostelá e que se expoñeran de formas moi diversas. A Mostra está dirixida a programadores culturais, axentes culturais e ao público en xeral que poderá acceder gratis aos espectáculos.
     A Mostra desenrolarase en tres espazos: no Salón Teatro, no Teatro Principal e en ARTEria Noroeste. Así mesmo a exposición dos espectáculos realizarase ou ben a través de funcións completas ou ben a través de pases dunha duración de 20 minutos (Showcases). As compañías seleccionadas para o "showcase" farán presentacións de cadanseu espectáculo concentradas nun máximo de 20 minutos, que se desenvolverán nas dúas primeiras xornadas da Mostra, a partir das 22:00 horas no Salón Teatro. Tanto o luns 17 como o martes 18 exhibirase unha sucesión de sete showcases, o primeiro día dedicado a teatro de adulto e infantil, e o segundo centrado en danza, novo circo e maxia.

Programación da Mostra de Artes Escénicas de Galicia 2011
do 17 de Outubro ao 20 de Outubro en Santiago de Compostela

* Entrada gratuita (ata completar aforo)
* As taquillas abrirán unha hora antes do comezo da función

LUNS 17 de OUTUBRO

- [18:30 h.] no Teatro Principal
  • Último Cowboy, de Teatro do Noroeste [duración 120 min.]
  • Autoría e dirección: Eduardo Alonso
  • Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez
- [22.00 h.] no Salón Teatro - SHOWCASES [duración máxima 20 min. cada un]
  • Le Frigo, de Mundo Villalustre
  • Os magníficos Confetti Brothers (uns cadáveres moi vivos), de Confetti Brothers Productions
  • Oiseau Rebelle, de Funboa Escénica
  • Paper Dolls, de Inversa Teatro
  • [Descanso de 15 minutos]
  • Cama e conto, de Babaluva - Teatro infantil de Monicreques
  • Fíos, de Baobab Teatro - Teatro infantil de Monicreques
  • A folla máis alta, de Berrobambán - Teatro infantil -

MARTES 18 de OUTUBRO 

- [11:00 h.] en Arteria Noroeste 
  • Pío, de Caramuxo Teatro - Teatro infantil de Monicreques - [duración 45 min.]
  • Dirección: Caramuxo Teatro
  • Elenco: Laura Sarasola, Juan Rodríguez
- [18.00 h.] no Teatro Principal
  • Tango, de Sarabela Teatro [duración 80 minutos]
  • Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda
  • Elenco: Fina Calleja, Elena Seijo, Vicente de Souza, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe, Nate Borrajo
- [22.00 h.] no Salón Teatro - SHOWCASES [duración máxima 20 min. cada un]
  • Ausencia, de an_danza - Danza -
  • Blondy's Coffee, de Entremáns - Danza para adultos -
  • Baleadas, de Traspediante - Danza infantil-
  • Montaxe, de AsSircópatas - Novo Circo -
  • [Descanso de 15 minutos]
  • Montaña Rusa (Vida e Obra de Fermín Noite), de Isla de Triska - Novo Circo -
  • Roces & Goces, de Pruducciones P&G Circus - Novo Circo -
  • As novas tolemaxias, de Mago Teto - Maxia -

MÉRCORES 19 de OUTUBRO

- [11:00 h.] en Arteria Noroeste
  • Malas palabras, de Katarsis, Educación e Teatro - Teatro infantil - [duración 55 min.]
  • Dirección: Kevin Stewart
  • Elenco: Estíbaliz Veiga
- [13:00 h.] no Salón Teatro
  • Nana para un soldado, de Ghazafelhos - Teatro infantil -  [duración 60 min.]
  • Dirección e autoría: Pepablo Patinho
  • Elenco: Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho
- [18:00 h.] no Teatro Principal
  • E. R. (Algún día traballaremos xuntas), de Teatro do Atlántico [duración 115 min.]
  • Dirección: Xúlio Lago
  • Elenco: Manuel Varela, María Barcala, Luísa Merelas, Susana Dans
- [22:00 h.] no Salón Teatro
  • Citizen, de Chévere [duración 160 min.]
  • Dirección: Xron
  • Elenco: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza G. Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos

XOVES 20 de OUTUBRO

- [11:00 h.] en Arteria Noroeste
  • Pelos na lingua, de Talía Teatro [duración 70 min.]
  • Dirección: Avelino González
  • Elenco: María Ordóñez, Artur Trillo, Toño Casais
- [13:00 h.] no Salón Teatro
  • Valados, de Artestudio Teatro - Teatro infantil - [duración 55 min.]
  • Dirección: Xurxo Cortázar
  • Elenco: Estefanía Gómez, Ramiro Neira, Xurxo Cortázar
- [18:00 h.] no Teatro Principal
  • Oeste Solitario, de Producións Teatrais Excéntricas [duración 100 min.]
  • Dirección: Quico Cadaval
  • Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Marcos Correa, María Lado
- [22:00 h.] no Salón Teatro
  • Unha hora na vida de Stefan Zweig, de Lagarta lagarta [duración 80 min.]
  • Dirección: Rosa Álvarez
  • Elenco: Ernesto Chao, Belén Constenla, César Cambeiro

CONSULTA a PROGRAMACIÓN aquí:


www.teatrogalego.com

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
    -Non se admite a identificación como “Anónimo”

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.
    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.