Galicreques: Festival Internacional de Títeres

     O 1 de Outubro dou comezo en Santiago de Compostela a XVI edición do Festival Internacional de Títeres Galicreques. Foron varios os espazos nos que se desenvolveu a mostra: Arteria Noroeste, Teatro Principal e a Praza do Toural. Mo marco do "Galicreques 2011" ademáis de espectáculos de títeres, organizáronse exposicións, mesas redondas de debate e incluso cursos e talleres para nenos e adultos. 

Programación para mañá, Domingo 9 de Outubro de 2011
  • 12:30 h. - Teatro de Marionetas La Estrella con "La Bella Durmiente" en Arteria Noroeste
  • 17:00 h. - Madero Grupo de Teatro con "El Señor del Mar" no Teatro Principal
  • 20:30 h. - El Chonchón con "El EnmaZcarado" no Teatro Principal
     Entre as compañías participantes neste Galicreques 2011 destacan: A La Sombrita, Teatro de Pocas Luces (Andalucía), El Abrojito (Argentina), El Chonchón (Chile), O Retrete de Dorian Gray (Galicia), Guiñoleros UAS (México), Juan Catalina (Soria), La Bicicleta (Costa Rica), La Mar de Marionetas (Madrid), Madero Grupo de Teatro (Perú), Marionetas, Actores & Objectos (Portugal), Taller de Arte El Colectivo (Argentina), Teatro Arbolé (Aragón), Teatro de La Plaza (Brasil), Teatro de Marionetas La Estrella (Valencia), Tesis Teatro (Colombia), Títeres Cachiporra (Uruguay).

     Aínda estades a tempo de visitar as exposicións que se organizaron con motivo do Festival Internacional de Títeres en Arteria Noroeste e o Teatro Principal de Santiago de Compostela

"Títeres e titiriteiro" A construcción dun oficio 
     Con esta exposición, que reúne diversas técnicas do mundo do monicreque, Arbolé pretende activar a memoria das súas tres décadas de existencia. Quere recordar as persoas e os personaxes que rodearon este marabilloso mundo do teatro para monicreques, e ter presentes a viaxe e todas as súas etapas, dende as máis tradicionais ás máis vangardistas.
    • Lugar: Arteria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2A. Parque Vista Alegre. Santiago de Compostela)
    • Días: do 22 de Setembro ata 26 de Outubro 2011
    "Títeres de América Latina"
         A mostra reflicte a importancia do teatro de monicreques e marionetas na vida das comunidades indíxenas e de emigrantes procedentes de diferentes países de Europa. Da man de mestres como Javier Villafañe, Otto Freitas ou o propio García Lorca, descubriremos cos monicreques ese mundo extraordinario.
      • Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela
      • Días: do 1 ao 15 de Outubro 2011
           Ao longo da semana, a Praza do Toural acolleu talleres de creación de monicreques, construción de teatriños de papel e monicreques de dedo... Por outra banda, no Teatro Principal desenvolvéronse talleres de manipulación de monicreques,impartido por Miguel Oyarzún e Carlos Piñero (Compañía El chonchón, de Chile) e cursos sobre teatro de sombras impartido por Javier Peraza (da Compañía de títeres Cachiporra, de Uruguai).


            O Premio Galicreques concédese a unha entidade ou persona que destaque especialmente polo seu labor na creación, formación, difusión ou defensa do teatro de monicreques ou ben a unha compañía teatral en recoñecemento pola súa traxectoria no ejercicio destas artes. Este ano, o premio entrégase a Marta Bautista, da compañía La Mar de Marionetas que, a través de máis de 25 anos de traballo ininterrompido coas súas marionetas en escenarios de Europa, América e África, mantén unha programación estable no Parque do Retiro de Madrid, así como o gran festival de verán “Titirilandia”, que conta con 18 edicións.

      + INFO en: http://www.galicreques.com/ 
      Agradecementos: Posto de información e organización de talleres na Praza do Toural
      www.teatrogalego.com

      1 comentario:

      1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

        -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
        -Non se admite a identificación como “Anónimo”

        Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

        ResponderEliminar

      Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.