30 aniversario do Taller de Teatro Clámide

Fotografías de www.clamide.com
    
     O Taller de Teatro Clámide celebra o seu 30 aniversario cunha gran variedade de actividades teatrais en Vilagarcía de Arousa. Serán 7 días de festexos que comezaron, o pasado venres 16, coa inauguración da exposición "30 anos con Clámide".

Esta agrupación teatral naceu no 1981 en Vilagarcía de Arousa (Santa Eulalia de Arealonga) co fin de difundir a cultura teatral entre os mais mozos. Ao longo destes trinta anos, O Taller de Teatro Clámide puxo en escena textos de García Lorca, Alejandro Canosa, William Shakespeare e Jardiel Poncela entre outros.

PROGRAMA do XXX ANIVERSARIO CLÁMIDE
  • Venres 16 Setembro: Inauguración da exposición "30' anos con Clámide"
  • Sábado 17 Setembro: Gala Clámide XXX Aniversario
  • Domingo 18 Setembro: Iliria Teatro con "O canto do cisne" de Chejov e "A máis forte" de August Strindberg
  • Luns 19 Setembro: O noso lar con "O cego de Fornelos" de M. Daniel Varela Buxán
  • Martes 20 Setembro: Prixela con "Soños a gran escala" de Alberto Dosil
  • Mércores 21 Setembro: Escola de Teatro da Estrada con "A ruleta rusa" de Chejov
  • Xoves 22 Setembro: Escola de Teatro Valle-Innova con "Memorias da árbore da noite triste" de Fátima Rey
  • Venres 23 Setembro: Clámide con "Cuatro corazones con freno y marcha atrás" de Jardiel Poncela
* Hora dos espectáculos: 21:00 h
* Lugar: Auditorio de Vilagarcía
* Prezo: Gratuito
* + info en: www.clamide.com

www.teatrogalego.com

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
    -Non se admite a identificación como “Anónimo”

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.
    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.