"Unha hora na vida de Stefan Zweig", a nova producción de Lagarta Lagarta

lagarta lagarta teatro galego
      A compañía de teatro galego Lagarta lagarta estreará o próximo 16 de Setembro no Pazo da Cultura de Narón a súa nova producción, "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Antonio Tabares.
     Na dirección atopamos de novo a Rosa Álvarez, que tamén dirixiu "Casting (a comedia)" e "O Segredo dos Hoffman". Rosa Álvarez traballa sobre o texto de Antonio Tabares traducido por Avelino González. Entre o elenco artístico atopamos a Ernesto Chao que interpretará o papel de Stefan Zweig, a Belén Constenla e a César Cambeiro.

DATOS TÉCNICOS de "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Lagarta lagarta
  • Autoría: Antonio Tabares
  • Dirección: Rosa Álvarez
  • Elenco: Ernesto Chao, Belén Constenla, César Cambeiro
  • Traducción: Avelino González
  • Escenografía: Ernesto Chao
  • Iluminación: Alfonso Parra
  • Duración: 1h. 40 minutos aprox.
No espectáculo introducímonos nun día, nunha hora moi especial do matrimonio Zweig, Stefan e Lotte, que nos manterán en vilo sobre o que en realidade sucedeu na vida do gran escritor, ou no que puido ter sucedido. O matrimonio Zweig toma unha gran determinación, calculada con meticulosidade, sobre as súas vidas. Pero no fogar preséntase un estrano e inoportuno visitante que nos permitirá afondar nas distintas posturas de todos eles ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual ou a fuxida permanente do mundo que horroriza. E para iso, deixarán as súas almas ao descuberto, nunha hora, na que se pode dicir todo.

FUNCIÓNS de "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Lagarta lagarta - 2011
  • 16 de Setembro: [estrea da peza] : Narón (Pazo da Cultura de Narón)
  • 17 de Setembro: Narón (Pazo da Cultura de Narón)
  • 23 e 24 de Setembro: Santiago de Compostela (Teatro Principal)
  • 7 a 9 de Outubro: Ourense (Teatro Principal)
  • 14 de Outubro: Tui (Teatro Municipal Área Panorámica)
  • 16 de Outubro: Cedeira (Teatro Municipal)
  • 21 de Outubro: Pontevedra (Centro Social Caixanova)
  • 28 de Outubro: Bertamiráns (Casa da Cultura)
 "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Lagarta lagarta
www.teatrogalego.com
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.