Nova Sección: Teatro Galego Afeccionado

Teatro galego afeccionado
          Hoxe, dende www.teatrogalego.com comeza a súa andaina unha nova sección adicada ao Teatro Galego Afeccionado. Unha sección da que poden participar todos aquelas compañías de teatro galego afeccionado que o desexen. Nesta nova sección incluirase información sobre as compañías, os espectáculos en cartel, datas das actuacións, así como tamén se informará sobre o traballo levado a cabo pola FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado).

Para participar nesta sección só tendes que enviar a info@teatrogalego.com a seguinte información:
  • Espectáculos en cartel
  • Breve curriculum dos espectáculos que puxo en escena a compañía
  • Algunha fotografía
  • Datas de actuacións, etc
Outra posibilidade é a seguinte: Podedes incluir un enderezo web da compañía e si estades interesados en participar, confecciono eu toda a información, sempre e cando me outorguedes a vosa autorización.

Queda inaugurada a sección Teatro Afeccionado á que poderás acceder a través do enlace situado na barra lateral dereita.

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os coemntarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.