Mostra de Teatro de Cee 2011 (XXIV)

     Loitando contra o mal momento polo que está a pasar o teatro galego (económicamente falando), Talía Teatro consegue que, finalmente, poidamos gozar do teatro en Cee. En Talía Teatro, nun primeiro momento, dubidaron sobre a propia Mostra:
Estamos nuns momentos críticos, dubidando sobre se o noso esforzo paga a pena (Artur Trillo)
     O esforzo que fai toda a compañía é moi grande. Organizar unha Mostra de Teatro coma a de Cee non é algo doado e aínda se complica máis si se reduce o presuposto. Pero en Talía son unha gran familia e sempre se esforzan para que a Mostra sexa sempre un éxito de público. Según declaracións de Artur Trillo durante a rolda de prensa "o programa está feito en precario, isto non é o que queríamos facer". Aínda que sexa en "precario" a Mostra de Teatro de Cee 2011 terá un gran éxito entre os veciños de Cee e entre os que non somos veciños.

Velaí a progamación da 24 Mostra de Teatro de Cee 2011

Domingo 21 de Agosto 2011
  • Sesión Infantil 12:30 h: "Contos para escagarriarse", de Ghazafelhos
  • Sesión das 20:15 h: "Anchuán de la Cream", de Anchuán de la Cream
  • Sesión das 21:30 h: "Oiseau Rebelle", de Funboa Escénica
  • Sesión "a deshora" das 00:00 h: "A pata de mono" con Paula Carballeira e Suso Cortegoso
Luns 22 de Agosto 2011
  • Sesión Infantil das 12.30 h: "Carta Urxente para Máximo Toxo" de Talía Teatro
  • Sesión das 20:15 h: "Baila un vestido verde", de Marta Alonso
  • Sesión das 21:30 h: "Gheidi...só para adultos", de Carrachanacacha
  • Sesión "a deshora" das 00:00 h: "Le frigo", con Mundo Villalustre
Martes 23 de Agosto 2011
  • Sesión Infantil das 12.30 h: "Fíos", de Baobab Teatro
  • Sesión das 20:15 h: "A Chungatrona", de Peter Punk
  • Sesión das 21:30 h: "Pelos na lingua", de Talía Teatro
  • Sesión "a deshora" das 00:00 h: "O fútbol é así", de Obras Públicas
Mércores 24 de Agosto 2011
  • Sesión Infantil das 12.30 h: "Pinocho", de Títeres Cachirulo
  • Sesión das 20:15 h: "Un espectáculo feito con amor", con Dj Capuzzi e a Señorita X
  • Sesión das 21:30 h: "Memoria de Helena e María", de Teatro do Atlántico
  • Sesión "a deshora" das 00:00 h: "Xenitais", de Teatro da Zarabanda
Xoves 25 de Agosto 2011
  • Sesión Infantil das 12.30 h: "O dragón azul, o león de pedra e o corvo solteiro", con Paula Carballeira
  • Sesión das 20:15 h: "O autoestopista intergaláctico", con Aitor Garuz
  • Sesión das 21:30 h: "Volpone", de Talía Teatro
  • Sesión "a deshora" das 00:00 h: "Montaña rusa (vida e obra de Fermín Noite)", de Isla
www.teatrogalego.com



1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
    -Non se admite a identificación como “Anónimo”

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.