Eme2: "O Florido Pénsil", dirixida por Mireia Gabilondo e Fernando Bernués

Fotografía: Janite Lafuente López

A Compañía Eme2 estreará o Mércores 21 de Setembro do 2011 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, a peza "O Florido Pénsil", basada en "El Florido Pensil" de Andrés Sopeña.

     Esta é unha viaxe polas vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Cun elenco de primeira orde formado por Xosé Manuel Oliveira Pico, Antonio Durán Morris, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra, o espectáculo fálanos da escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista, e, máis tarde, do resto das tribunas desde onde o réxime mandaba os seus sinais de apoio: o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada aquí polo aparentemente inofensivo Tebeo.
     Dende pequena quixen ver representado este texto. Miña nai sempre me falaba del, de cómo era a ensinanza nos tempos nos que está ambientado o texto e incluso me falaba dunha compañía de teatro que o puxera en escena. Hoxe sei que esa compañía era Tanttaka Teatroa, unha compañía de teatro vasca, e que aqueles actores eran Kike Díaz, Julio Perrugoria, Patxi González, J.Ramón Soroiz e Sorion Eguideón dirixidos por Fernado Bernués e Mireia Gabilondo.

     Agora, a compañía Eme2 recolle o texto de Andrés Sopeña coa adaptación teatral que xa fixera Tanttaka Teatroa e pon en escena "O Florido Pensil" con algúns dos actores máiss recoñecidos da escena galega: Xosé Manuel Oliveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra. Precisamente, nunha entrevista que deu Xosé Manuel Oliveira "Pico" para Correo TV (si mal non lembro) foi cando me enterei deste proxecto que finalmente verá a luz o día 21 de Setembro de 2011 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

     "O Florido Pénsil" de Eme2 está dirixido por Fernando Bernués e Mireia Gabilondo unha parella de directores relacionados coa compañía vasca Tanttaka, da que antes vos falei.
Mireia Gabilondo, dirixiu, ademáis de espectáculos teatrais, espectáculos de danza da compañía Kukkai, renovadora da danza tradicional vasca. Fernando Bernués, dirixiu por todo España a numerosas compañías e actores. En Galicia é coñecido pola versión realizada da novela de Manuel Rivas "A man dos paíños" titulada "La mano del emigrante".


O florido pénsil, de Andrés Sopeña
Producións Eme2

  • Dirección: Mireia Gabilondo e Fernando Bermués
  • Elenco: Xosé Manuel Oliveira Pico, Antonio Durán Morris, Federico Pérez, Josito Porto, Alfonso Agra.
  • Produción: Eme2.
  • Deseño de produción e produción executiva: Xocas López.
  • Axudante de dirección: Julio Perugorria.
  • Gravacións sonoras: Anxo Graña.
  • Texto: Andrés Sopeña.
  • Adaptación teatral: Tanttaka Teatroa.
  • Tradución: Sandra Romaris.
  • Iluminación: Xabier Lozano.
  • Vestiario: Pepi Soroiz.
  • Escenografía: Fernando Bernués.


Próximas funcións de "O florido pénsil", de Eme2

SETEMBRO
  • 21, 22, 23, 24 e 25 de Setembro: Santiago de Compostela ( Salón Teatro)
  • 30 de Setembro: A Coruña (Teatro Rosalía de Castro)
OUTUBRO
  • 1 de Outubro: A Courña (Teatro Rosalía de Castro)
  • 7 de Outubro: As Pontes (Cine Alovi)
  • 15 de Outubro: Carballo (Pazo da Cultura)
  • 21 de Outubro: Vigo (Auditorio Municipal)
  • 22 de Outubro: Cangas (Auditorio Municipal)
  • 28 e 29 de Outubro: Narón (Pazo da Cultura)
NOVEMBRO
  • 4 de Novembro: Tui (Área Panorámica)
  • 19 de Novembro: O Carballiño (Casa da Cultura)
  • 25, 26 e 27 de Novembro: Ourense (Teatro Principal)
DECEMBRO
  • 3 de Decembro: Viveiro (Teatro Pastor Díaz)
  • 14 de Decembro: Pontevedra (Pazo sa Cultura)
  • 16 de Decembro: Ames (Casa da Cultura de Milladoiro)

Fotografía: Janite Lafuente López
Agradecementos: Producións Eme2 - http://http://www.emedous.com/
www.teatrogalego.com

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)
    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os coemntarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.