Curso de teatro en Arteixo, da Asociación Teatral Paso de Valverde Teatro

Curso teatro
CURSO de TEATRO - A. T. "Paso de Valverde Teatro"
     A Asociación Teatral Paso de Valverde ofrece un curso anual de formación teatral para actores ou persoas que queiran adentrarse no mundo do teatro, traballando unha preparación corporal e vocal analítica dirixida á expresión, poñendo en xogo e por separado cada parte do corpo, aproveitando o contido dramático de cada unha delas.

     O obxectivo principal é que os futuros actores e actrices sexan capaces de utilizar os seus propios recursos e acadar a plenitude da voz e do movimento xusto, sen que o seu corpo faga máis da conta, sen contaminar o que se quere transmitir, baseando o traballo nunha ximnasia dramática na que cada xesto, actitude ou movimento está xustificado. A búsqueda realizarase a través de diferentes técnicas de movimento, improvisación e creación traballando a partir da respiración, a relaxación, o contacto co chan, o corpo e o espazo.

Curso de teatroPROGRAMA DIDÁCTICO DO CURSO:
  • Presencia física e vocal do actor
  • Relación entre corpo e voz
  • O espazo escénico
  • Relación entre corpo e espazo
  • Ritmo, movemento e voz
  • Análise do xesto e do movimento
  • Xogo Dramático
  • Improvisación

FOTOGRAFÍAS  dos espectáculos "Drammatico" e "Un día no circo" da Asociación Teatral Paso de Valverde
AGRADECEMENTOS: Paso de Valverde Teatro (Facebook)
www.teatrogalego.com
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.