A.T. "O Aturuxo de Melpómene - Teatro Afeccionado

A Asociación Teatral "O Aturuxo de Melpómene", é unha compañía de Teatro Afeccionado que ten a súa sede no Concello de Narón. Destaca pola calidade das súas montaxes (eu diría que superan moitas das montaxes profesionais).

Teatro galego afeccionado

ESPECTÁCULOS EN CARTEL - Tempada 2011

- "Café": Estrea o 18 de setembro de 2011 no Auditorio Municipal de Narón

- "Preguntas sobre meu pai": Estrea o 30 de Outubro de 2011 no Auditorio Municipal de Narón (dentro do ciclo de FEGATEA "Os domingos de Melpómene")

- "Non todos os ladróns veñen por mal" - http://nontodososladrons.blogspot.com
  • Estilo: Comedia/ Todos os públicos
  • Elenco: Alberto Suárez, Antonio Estévez, Gena Hernández, Leandro Lamas, Sena Hermida, Lorena Montero e María Veiga
  • Dirección: José L. Prieto
Teatro galgeo afeccionado
Nesta comedia histérica de enredo amoroso preconstitucional, un ladrón entra a roubar nunha casa mentres os habitantes están fora. A situación complícase coas chamadas por teléfono da muller do ladrón e as chegadas sucesivas dos donos da casa e os seus respectivos amantes.

- "RRHH (O método)"- http://rrhhmelpomene.blogspot.com
  • Estilo: Comedia/Todos os públicos
  • Elenco: Felipe Carballido, Paula Morado, Keke Díez, Quique Vázquez
  • Dirección: José L. Prieto
Teatro galego afeccionado
Catro aspirantes a un posto de alto executivo. Un método de selección. Ata onde poden chegar para conseguilo?


- "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino" - http://carrachanacacha.blogspot.com
  • Estilo: Comedia agropunk/ +14 anos
  • Elenco: María Veiga, Gena Hernández, Antonio Estévez, Quique Vázquez
  • Dirección e texto: Leandro Lamas
Teatro galego afeccionado
Comedia surrealista que narra a singular vida de dúas mulleres, nai e filla, cos seus encontros e desencontros na peculiar escalada da filla ate a fama en todo o mundo  mundial.


- "Gheidi" só para adultos - http://carrachanacacha.blogspot.com/
  • Estilo: Comedia agropunk /Público Adulto
  • Elenco: Lorena Montero, Celia González, Felipe Carballido, Suso Barro, María Veiga e Gena Hernández
  • Dirección e texto: Leandro Lamas
Teatro galego afeccionado
Gheidi é a história de unha nena abandonada, de un avó narcotraficante, de un can infiel, de un neno escravizado que quere ser funcionario, de unha nena que quere unha médula espinal e unha vella fascista que conspira na penumbra...

PRÓXIMAS FUNCIÓNS - Tempada 2011

- "Non todos os ladrón veñen por mal"
  • 30.09.2011 - Carral
  • 02.10.2011 - Valdoviño
  • 15.10.2011 - Outes
  • 20.11.2011 - S. Sadurniño
  • 03.12.2011 - Bergondo
  • 10.12.2011 - Muxía
  • 17.12.2011 - Barbadás
- "RRHH (O método)"
  • 09.10.2011 - Vimianzo
  • 28.10.2011 - Neda
  • 29.10.2011 - Mesía
  • 30.12.2011 - Dodro
- "Comendo pimentos de Padrón con Tarantino"
  • 24.08.2011 - Oroso
  • 05.11.2011 - Aguiño
  • 19.11.2011 - Arteixo
- "Gheidi"
  • 01.10.2011 - Outes
  • 21.10.2011 - Riveira
  • 26.11.2011 - Valdoviño




0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.