Crítica Teatral de "A Ópera dos Tres Reás", do Centro Dramático Galego

teatro tosar a opera dos tres reas critica teatral
A Ópera dos Tres Reás, do Centro Dramático Galego
  • Autoría: Bertolt Brecht e Kurt Weill
  • Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
  • Dirección musical: Diego García Rodríguez
  • Elenco: Luis Tosar, Alba Messa, Mónica de Nut, Muriel Sánchez, Begoña Santalices, Fran Pérez "Narf", Victor Mosqueira, Sergio Zearreta, Marta Pazos, César Goldi, Marcos Orsi.
CRÍTICA TEATRAL
  • Función do 26/06/2011 en Santiago de Compostela
  • Duración: 2 horas e 25 minutos (+ descanso de 12-13 minutos)
  • Resultado final: Bo
  • Advertencia: Non son coñecedora do texto orixinal de Bertolt Brecht nin teño coñecementos musicais suficientes.
     Auditorio de Galicia. Entradas esgotadas. Moitas expectativas. Comeza o espectáculo a telón aberto; entran os músicos, afinan os instrumentos e velaí a historia. Coma se dunha rúa se tratase, as personaxes comezan a camiñar polo espacio, nacen tantas historias coma personaxes e o espectador non sabe en qué deterse. Fixas a atención nun punto, pero sabes que uns metros máis alá está a transcorrer outra historia se cadra aínda máis interesante. Convértese nunha situación de caos para o espectador. Unha sensación de caos, supoño que intencionada e buscada dende a dirección e que funciona moi ben dende o punto de vista do horizonte de expectativas.

quico-cadaval-opera-tres-eras-tosar-teatroDIRECCIÓN ESCÉNICA: Quico Cadaval
    En xeral, a dirección aportaba cousas moi interesantes, imaxes e composicións realmente boas e incluso elementos que espertaban ao espectador. Dende un punto de vista personal, creo que funcionaban mellor as escenas propiamente teatrais que as esceas musicais (das que logo se falará).

     - Ritmo: O ritmo québrase en moitas ocasións quizais polo contraste entre personaxes. Ben é certo, que moitas veces se dí dunha peza “que non ten ritmo”. Todas as pezas teñen ritmo, o ritmo que se lle queira dar e segundo a concepción do propio director. Dicir que “non ten ritmo” ou “baixou o ritmo” tampouco é de todo correcto, pois son necesarios certos cambios de ritmo para que o espectador se relaxe, pero cómpre identificar eses momentos e non baixar o ritmo en situacións importantes ou claves. Aínda así, aplaudo a creación de máis de un plano físico, pois axuda dende o punto de vista rítmico da acción.

    - Estructura: Formalmente a peza aporta unha estructura máis ou menos clara. Non son gran coñecedora da obra de Brecht pero sei que moitas veces recurre ao incoherente. As letras musicais contan parte da historia. Sen embargo, certos momentos musicais fan perder o fío porque o espectador non entende o contido desas letras. Saber que che estan a contar algo e non entender o qué, fíxome revolver na butaca. Retomar de novo a historia logo de certas intervencións musicais convértese nunha situación un tanto complexa.

     - Imaxes e composicións: Dende a dirección presentábanse composicións e imaxes moi bonitas e que non só se quedaban no “bonito” senón que tiñan un porqué e aportaban algo ao espectáculo. Moitas veces recúrrese a imaxes simplemente porque “son bonitas” sen analizar se realmente din algo. Neste caso, resaltaría a composición coral e o traballo de compenetración das personaxes secundarias e que funcionan moi ben como conxunto. Imaxes moi interesantes como son, por exemplo a descripción dunha acción a través da representación cal bonecos ou títeres.

     - Concepción da obra:  "A Ópera dos tres reás" non é unha ópera, é teatro musical ou con intervencións musicais. Na proposta do CDG respetouse esta idea pero doume a impresión de que en xeral o espíritu da peza quedou escondida no ámbito textual. Non é tampouco unha comedia: sí ten momentos cómicos pero sempre con un fondo tráxico. Botei en falta un pouco menos de "corrección". Non esquezamos que, por exemplo, Mackie é un ladrón, alguen capaz de matar e sen embargo, e comparto a idea de Camilo Franco, nesta montaxe a personaxe de Mackie parece máis ben un "Casanova". Sí que se consegue o "efecto V ou de distanciamento" característico de Brecht a través, por exemplo do uso de apartes. Así conseguíase unha menor resposta emocional do espectador porque para Brecht o teatro estaba concebido para facer pensar e non para identificarse coa historia ou as personaxes.
teatro Baltasar Patiño a opera dos tres reas critica teatralESPACIO ESCÉNICO e ILUMINACIÓN: Baltasar Patiño
Teatro Tosar a opera dos tres reas critica teatral
     O eido do espacio escénico, a creación de máis de un plano físico, é unha opción que aporta funcionalidade desde o punto de vista rítmico. De este xeito formábanse catro espacios diferenciados nun mesmo escenario. En especial, resaltar aquel espacio máis elevado e no que se presentaban as escenas ou incluso onde se levaban a cabo escenas en segundo plano. Ese xogo de presentación e actuación en diferentes espacios e planos aportaba ritmo á escena.
     "Un espacio de liñas rectas e limpo" segundo Baltasar Patiño que contrastaba coas personaxes máis decrépitas. Si, comparto a súa opinión e creo que en certos momentos funcionaba como por exemplo nas esceas do Sr. Peachum e os seus pobres pero había outras personaxes que non entraban no xogo do decrépito e entón o resultado non era o pretendido. Quizais o material das estructuras non era o preciso pois reflectía e facía efectos un tanto estranos en conxunto coa iluminación. Por outro lado no canto de empregar as chamadas "patas" para aforar, empregaban paneis forrados de tela morada colocados "á italiana" e "á alemana". Entendería a súa funcionalidade si eses paneis tivesen unha altura axeitada, chegasen ao teito e funcionaran como verdadeiro aforo (en ocasións, víase a certos actores marchar de escena correndo, non coa personaxe senon como actor/actriz.). Outro dos elementos que non remataban de encaixarme era a aparición de "cortinas".
     Empregaban ás veces unha cortina a modo de velo e outra de material máis tupido e brillante. Entendo que o que se pretendía era diferenciar escenas e resaltar os momentos musicais pero o método ou o feito de empregar ese tipo de texturas creo que non era o máis axeitado. Por unha parte, estaba presente durante toda a peza unha corda (pola que se corrían as dichosas cortinas) que ía dunha punta do escenario a outra e que cortaba a visión das escenas. Por outra parte, cando empregaban a cortina "traslúcida" a modo de velo, víase o que ocorría na parte interior do escenario e era realmente interesante esa doble escenificación. Cando se empregaba a cortina máis tupida, entendo que o que pretendían é que non se vise o que está a pasar nese outro lado do escenario. Pero non se conseguiu. A luz de contra deixaba entrever o que alí ocorría e podías ver aos actores como recollían atrezzo. Isto pode ser interesante si o que se pretende é romper a cuarta parede ou mostrar a "maquinaria teatral" (como sería propio dos textos de Brecht), pero debe levarse a cabo dun modo máis claro e contundente e non quedarse no medio e medio.
     As cores moradas empregadas na iluminación que envolvían o espectáculo sí que me gustaron sobre todo desde o punto de vista da contraposición cos tons máis ocres e con certas personaxes que sí entraban no xogo do decrépito (matizando o de "decrépito").
     Polo que puiden ver, creo que se empregaron demasiados focos. Entendo que as baras estiveran a unha altura elevada polas características do propio Auditorio e que se precisara de certa "potencia" de luz pero o número de aparellos empregados era desmesurado. Por outro lado, o emprego dun cañón de luz para os momentos musicais que se ía  movendo coas personaxes tampouco me pareceu o axeitado. Son aparellos demasiado grandes e que dificultan pola súa propia dimensión o movemento e enfoque axeitado.

Teatro tosar a opera dos tres reas critica teatral
ELENCO ARTÍSTICO: Luis Tosar, Muriel Sánchez, Alba Messa, Marcos Orsi, César Goldi, Begoña Santalices, Victor Mosqueira, Sergio Zearreta, Fran Pérez "Narf", Marta Pazos, Mónica de Nut.
     Si tivera que resumir diría: as personaxes secundarias superan ás principais. Tal e como ocorría en "Salomé" do CDG (salvando as distancias) son as personaxes secundarias as que levan o peso das escenas e as que fan despertar ao espertador neses momentos nos que decae o ritmo e a estructura da peza. Máis traballados incluso corporalmente e vocalmente, os secundarios entraban no fondo da historia, sí xogaban co decrépito e funcionaban á perfección como grupo. Moi bo traballo de conxunto, con unha compenetración especial que se traduce na propia creación das personaxes. Destacar o traballo de Marta Pazos, así como o de Victor Mosqueira. É moi interesante ver como en escena o actor xoga coa súa personaxe, como a manexa e como a controla (non é algo sinxelo). Non fan falta grandes textos, tan só un bo traballo corporal e unha inmersión e comprensión da propia historia. Entraban no cómico da historia pero sempre desde un punto de vista negro, desde o punto de vista do "decrépito" do que se falaba. Sergio Zearreta, moi correcto en todas as personaxes que interpreta. Nesta montaxe gustoume especialmente polo control da súa personaxe e pola boa comprensión do conxunto, aínda que ben se puido explotar un chisquiño máis a voz tan bonita deste actor. Fran Pérez "Narf", tamén pertence a ese grupo dos secundarios que en ocasións eclipsaban aos principais.
     Botei en falta moitos destes aspectos nas personaxes máis principais como ocorría con "Mackie da Faca" (Luis Tosar). Na función que puiden ver, a personaxe apenas tiña forza e presencia. Ao comezo, a personaxe falaba demasiado rápido e era incluso complicado entender o que estaba a dicir. Esperaba un Mackie asasino, ladrón cunha comicidade negra que nunca apareceu. Era máis ben, como dixo Camilo Franco, "un Casanova". Corporalmente tampouco tiña unha composición que fose acorde coa historia da personaxe e faltáballe "vida" e ritmo interno. Non acabei de crer a ese Mackie da Faca que se presentaba como o protagonista. Para min, o verdadeiro protagonista é o Sr. Peachum (Marcos Orsi).
Teatro Tosar a opera dos tres reas critica teatral     Normalmente o que me falla do actor Marcos Orsi é a dicción pero debo dicir que nesta montaxe me sorprendeu moi gratamente. Unha creación de personaxe con moitos matices, con moito xogo e cunha comprensión interna da historia que se trasmite en escena. Un traballo corporal e vocal moi bo, salientando o esforzo por unha correcta dicción incluso no musical (foi ao único ao que lle puiden entender as letras das cancións).
     Outras das interpretacións a destacar é a de Mónica de Nut tanto nas personaxes secundarias como en "Jenny". Destacar a súa calidade vocal no eido musical con un gran control e xogo da voz cantada. Dentro dos meus escasos coñecementos musicais, creo que é unha das únicas que realmente "cantaba", por así dicilo, pois o resto das actrices abusaban duns agudos extremos, distorsionadores, de voces impostadas que reprimían incluso o espíritu interno de cada unha das personaxes,etc. Pola contra, Mónia de Nut buscou unha voz para a súa personaxe e non lle impuxo a súa voz á personaxe. As personaxes de César Goldi eran plenas pero faltáballe volume na voz falada. Non acabou de convencerme a personaxe da Señora Peachum (Begoña Santalices). Ao principio parecía ecaixarme moi ben no contexto quizais pola súa boa caracterización ou porque formaba, xunto á personaxe do Sr. Peachum,  unha parella interesante. Sen embargo nas escenas con outras persoanxes perdía moitos matices. 
     Polo que respeta á personaxe de Muriel Sánchez (Polly Peachum) non me acababa de encaixar a súa interpretación no contexto e na propia historia. Quizais en determinados momentos se procuraba un dramatismo que non era o axeitado empregar (lembremos que "A ópera dos tres reás" non é unha comedia lixeira e sempre se procura en Brecht ese trasfondo tráxico que o propio espectador debe descubir pero tampouco debe facerse da propia peza un drama ao uso). En xeral notei pouco traballo da curva melódica e pouco asentamento da lingua galega (en ocasión empregábanse palabras en castelán).
     Din que a gran revelación desta montaxe é Alba Messa pola personaxe de Lucy Brown. Sinto non compatir a opinión da maioría. En ocasións si que se vía unha personaxe completa e que comprendía cal era o espíritu da peza, pero de súpeto íase da personaxe e xa non era a mesma (polo menos na función á que puiden asisitir eu). Gustaríame poder ver a peza pasados uns meses para poder observar a evolución das personaxes (estou segura de que mellorarán e incluso adquirirán máis matices... fáltalle rodaxe).


VALORACIÓN de DETALLES:
- Á maior parte das personaxes non se lle entendía as letras das cancións e eran importantes para seguir a historia.
- Abuso das voces impostadas.
- Boa ocultación dos micros máis todo se desequilibra cando Mackie quita a camisa, dase a volta e quedan á vista do espectador os cables do aparello.
- Unha lúa que aparecía e desaparecía para situarse de súpeto no outro lado do escenario (fallo técnico no eido da iluminación).
- Non se respectou o espacio escénico cando "Mackie da Faca" estaba no cárcere. Sí o respetaba e xogaba con isto Victor Mosqueira no papel de carceleiro mentras que Polly Peachum e Lucy Brown no seu encontro con Mackie pareceron obviar ese espacio delimitado incluso pola iluminación. (Despois de escrita esta crítica comparto a idea que Patricia aportou no seu comentario: vén podería estar marcado dende a dirección e corresponderse máis ben cunha "ensoñación" das personaxes")
- Rompe co espectáculo a escena na que lle fan entrega a Mackie dun micro para que cante no cárcere que parece máis un momento para o lucimento do actor máis que dunha escena que aporte algo á historia.

carla caepans blog

FOTOGRAFÍAS: Francisco Arnoso "Pixi"
Crítica teatral "A Ópera dos tres reás"
teatrogalego.com

© Carla Capeáns Pardo, 2012

23 comentarios:

  1. Boa critica Carla. Ainda que faria apreciacions:
    O emprego de forillos ou cortinas e un recurso que se emprega dende o barroco e non esta moi relacionaco ca convencion de "cuarta parede" máis cercana ao XVIII. Trata de establecer unha realidade dobre moitas veces simultanea se ben en función das luces empregadas priorizará unha ou outra. O emprego nunha escenificación berktiana obedeceria a criterios de amosar a teatralidade e a maquinaria teatral como método de extrañamento non pretende afondar nunha identificacion aristotélica clasica como ocurre na tradición dramática máis común.
    Nun segundo lugar caberia diferenciar na túa critica o que contitue elementos criticables e constantes a todalas representacions dos "ruidos escénicos" ocasionais ou técnicos como o feito de que a un personaxe se lle vexa a petaca do micro.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Guauuuuu!!!

    É de agradecer a atención posta na percepción con tanto detalle e mostralo así de extendido e explicadiño. Sempre enriquece coñecer a visión dunha persoa allea a obra.

    Unha aperta!

    Mónica de nut ;)

    ResponderEliminar
  3. Comparto certas cousas. A min Polly non me gustou, nin na súa interpretación nin na súa maneira de cantar, supoño que te refires a ela co da voz impostada... básicamente, non coloca ben a voz. Non estou dacordo co de que Mónica de Nut é a única que canta (faino estupendo, por certo). Hai que ver, e escoitar tamén, a Alba Messa, da que non falas. Moi bo traballo artístico como Lucy Browm, para min, do mellor do elenco. E eu sí que son coñecedora da obra de Brecht, e non estou tan dacordo en que decrépito sexan só as personaxes máis corporais ou cómicas como dis. Está estupendo o dos corpos, pero sen que todo quede en clown (penso eu). En todo o técnico non me vou meter porque estou bastante dacordo contigo e co comentario de Orzo.
    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  4. Patricia (2)11 julio, 2011

    pd. entendín que no cárcere Lucy e Polly rompían os límites só na canción, e supoño que ten que ver coa ensoñación ou algo así -que virá, digo eu, de dirección-. Por outra parte, eu vin a Lucy ó final da escena pasándolle a Mackie o bastón e o sombreiro "entre as rexas". Eu non fun o mesmo día ca ti, así que ó mellor ese día non foi igual.
    Outra aperta.

    ResponderEliminar
  5. Dacordo en que as personaxes sendundarias salvan a familia peachum e a mackie. Quédome con Alba Messa. Sen dúbida, que por certo nin a nomeas e é a revelación da montaxe.

    ResponderEliminar
  6. NOUTRAS CRTICAS NON DEIXACHES TÍTERE CON CABEZA...SERÁ POR QUE NON HABÍA TANTOS AMIGHOS E VACAS SAGRADAS ? - RESPETO A OBRA CREO QUE ATE O MELLOR ESCRIBINTE DEIXA UN BORRÓN...

    ResponderEliminar
  7. Aclarar que aínda non vin a función (vereina en Coruña en Setembro), e que atopo algunha reflexión certamente audaz na túa crítica, que posiblemente comparta cando a vexa, e que apunta a que certos tiros van por onde eu me ulo, con respecto da versión en concreto. Non és a primeira que dí que é unha versión pouco brechtinana da obra. Neste sentido, non hai que esquecer que, as mais das veces, Brecht non busca realismo...
    O das cortinas, polo que comentas e o que se ve na fotografía, creo que é un pouco como dí Orzo: a idea é a de crear un doble plano narrativo, destacando mais un plano sobre outro... Haberá que ver se isto está conseguido con claridade ou non (cando a vexa, claro...)
    Non me vou meter no musical (xa haberá tempo de profundizar cando a vexa, e abofé que hei de profundizar...), mais chama a atención o sepulcral silencio sobre Alba Messa, cando está sendo destacada por todo o mundo... ¿Esquecíchela?... (vai parecer que cobro comisión, mais non é así) xD.
    E o de voces demasiado impostadas.... eu entendo o que queres dicir, pero penso que está mal expresado: para cantar hai que impostar a voz, pero esta impostación (colocación) pode ser boa ou mala; é unha cuestión de técnica na que veñen implicados moitos factres como a posición e proxección do son, ou o uso dos resoadores da máscara á hora de apoiar este son (o que se chama na xerga musical o "enmascaramento"). Una voz pode estar ben ou mal colocada/impostada, mais nunca "demasiado" ou "pouco" impostada. Pero eu entendín a mensaxe e sei perfectamente a que te refires...
    Tal e como xa fixemos no caso de 'Salomé', falaremos en profundidade cando vexa a obra en Setembro.
    Ah, pareceme moi ben que comentes problemas puntuais dunha función conreta se os houbo: á fin e ó cabo, o teatro é así. Que lle imos facer :-)
    Saudiños!

    ResponderEliminar
  8. En breves contestarei a todos os comentarios. Son moi interesantes! En moitas das cousas que comentades estou conforme. Despois de escribir sempre se lle veñen a un cousas novas á cabeza, e estame a pasar con esta crítica teatral.
    O certo é que se me esqueceu falar de Alba Messa. Editarei a entrada para comentarvos o traballo desta actriz na peza. Pedir disculpas aos lectores por este erro ou esquecemento.
    Graciñas polas vosas opinións. Sei que con esta crítica me arriscaba, xa que non coñezo a obra de Brecht, pero cos vosos comentarios e apreviacións estou
    a aprender moito. Graciñas pola vosa lectura, e polo voso compromiso co teatro.
    Carla Capeáns

    ResponderEliminar
  9. Que bo, xusto estaba a escribir apoiando o asunto de Messa, porque a vin en Pontevedra o sábado e vamos, pra mín do mellor no seu papel de Lucy Brown. Agardamos a túa opinión. Unha apertiña.

    ResponderEliminar
  10. eu non vin ainda a función pero ¿e certo que en Santiago o Domingo moita xente se marchou no descanso?
    grazas pola túa critica Carla

    ResponderEliminar
  11. http://www.elpais.com/articulo/madrid/ultima/noche/Mackie/Navaja/elpepuespmad/20110723elpmad_14/Tes

    Aquí tedes a crítica de El País.

    ResponderEliminar
  12. Sinceramente, non comprendo tantas boísimas críticas a Alba Messa por esta montaxe. Eu vin a mesma función da que se fala na crítica e non me extraña que a Carla se lle pasase por alto mencionala. Totalmente insustancial. Nin para ben, nin para mal. Pasaba desapercibida, incluso nalgun momento non resultaba crible a personaxe.

    En canto á "colocación" ou "impostación" da voz da que se fala entendo que quere dicir que a Mónica de Nut (opinións personais a parte que para min ten a voz mais bonita) é á única a que se lle entende cando canta. Nin a Muriel nin a Alba lles entendín nin unha soa palabra cando cantaban. Algo que nunca pode suceder e que ven dado por un rexistro ultra-agudo que en nada as beneficiaba nin a elas nin ao espectáculo. Supoño que iso é a voz moi impostada.

    Finalmente dicir tamén que Victor Mosqueira e Marta Pazos, no seu papel totalmente secundario, se comían, interpretativamente falando, a calquera dos principais.

    Dicir que son simplemente un afeccionado ao teatro, non sei moito de Brecht nin de canto (so o que percibo cando vexo un espectáculo), e que vin a función do 26 de xuño, que dunha función a outra poden cambiar moito as cousas.

    ResponderEliminar
  13. Lo que hay que leer. Dios santo.

    ResponderEliminar
  14. Simplemente era unha opinión. Igual que eu respetarei a tua deberías respetar ti a miña e o que eu vin... Seguro que non tes ti a verdade absoluta tampouco.

    ResponderEliminar
  15. No, no, yo aún no he opinado, y claro que no tengo la verdad absoluta, respeto tu opinión como tal, una opinión.
    Carla, gracias por actualizar tu entrada hablando de la actriz.
    Siento que quizá no entendiste cuando hace de Lucy y cuando hace de prostituta. A mí, si no conociese la obra, quizá también me habría costado. Si mal no recuerdo, hay dos escenas de prostíbulo en las que ella sale, como prostituta, no como Lucy.
    Conozco a más personas a las que les pareció una incoherencia la aparición de Polly&Lucy en escenas de prostíbulo, pero claro, "no eran ellas". Es un fallo de dirección.

    Que pasen buena tarde.

    ResponderEliminar
  16. CONTESTACIÓN A COMENTARIOS - Crítica "A Ópera dos Tres Reás, do CDG -

    1- A ORZO ABRUNHEIRAS

    Graciñas polo teu comentario.
    Polo que respecta á "maquinaria teatral" en relación ao emprego das cortinas direi que estou conforme contigo en que ao mellor o que se pretendía dende a dirección era amosar esa "maquinaria" pero a min como espectadora non me transmitiu iso. Sí sería correcto amosar esa "maquinaria" si estamos a poñer en escena un texto de Becht, pero deume a sensación de que non era realmente iso o que se quería amosar... máis ben o que se quería era esconder. Si o que querían era amosar a "maquinaria teatral" deben matizalo de xeito que se vexa claro e que non quede como un "remendo". Ou se fai ou non se fai... pero non se pode quedar no medio e medio. A min como espectadora non me transmitiu esa idea.

    Tamén fas referencia a que non debo incluir na crítica dun espectáculo detalles puntuais... Eu non fago unha crítica dun espectáculo en xeral, fago un comentario sobre a función que vin (de ahí que poña o día da función ao que asisto nas críticas que fago) e creo convinte puntualizar pequenos detalles. Insisto... fago un comentario do que vin, dunha función en concreto. Non me gusta xeneralizar, todos sabemos que non hai dúas funcións iguais. Falo do que vexo, máis nada. Non son unha experta na materia, asique só podo comentar sobre o que vexo.

    Un bico forte. Gracias por participar e visitar o blog.

    2- A MÓNICA DE NUT

    Graciñas polo teu comentario. Foi un pracer poder verte sobre as táboas. Parabéns polo traballo.

    Un bico forte. Gracias por participar e visitar o blog.

    3- A PATRICIA

    Graciñas polo teu comentario. É moi interesante todo o que dis. Realmente, logo de ter escrita esta crítica e posteriormente lendo o teu comentario, dinme conta de que quizais, na discusión entre "Polly e Lucy" esa ruptura dos límites (marcada dende a dirección) podía deberse a esa "ensoñación" da que falabas ti.

    Un bico forte, Patricia. Graciñas por participar e por visitar o blog.



    Carla Capeáns

    ResponderEliminar
  17. CONTESTACIÓN A COMENTARIOS - Crítica "A Ópera dos Tres Reás, do CDG -

    4- A MIGUEL

    Graciñas polo teu comentario. Xa actualicei a crítica e incluín a Alba Messa.
    Un bico forte. Gracias por participar e por visitar o blog.



    5- A JOSE

    Dis que noutras críticas non deixo títere con cabeza e que nesta crítica parece que me "reprimín" por haber "vacas sagradas". Creo que nesta crítica fun bastante dura con todo. Facer unha crítica non se trata só de comentar "o malo"... tamén se debe comentar o bo. Creo que en todas as críticas que fixen atopei cousas que me gustaran e cousas que non.
    Para min non hai vacas sagradas. De haber algunha "vaca sagrada" nesta montaxe quenes serían? Quizais Luis Tosar, quizais Quico Cadaval?



    6- A BUTACA EN ANFITEATRO

    Graciñas polo teu comentario, Butaca e por participar. Moi interesante todo canto dis. Espero ver pronto a túa crítica.
    Un bico forte.



    7- A MARTA

    Xa incluín a miña opinión sobre Alba Messa. A función á que asistín eu quizais non fose das mellores función da actriz, non o sei. No teatro non hai dúas funcións iguais. Gustaríame volver a vela dentro duns meses e poder comentar con máis profundidade.

    Graciñas por visitar o blog, Marta. Un bico forte.

    8- A ANÓNIMO I: xente que marchou no descanso

    Durante a función á que puiden asistir, é certo que marcho xente incluso no medio e medio da función e tamén logo do descanso.
    Un bico forte. Graciñas por visitar o blog.


    Carla Capeáns

    ResponderEliminar
  18. A mí tampoco me extraña que la persona que ha escrito esto se olvidase de Alba Messa. De hecho, ¿no será la misma Alba Messa quien con diferentes nombres (Patricia, Miguel, Anónimo, Marta- Curiosamente todas las intervenciones en el mismo día ) reivindica ser la revelación de este espectáculo? Curioso que la tal Patricia se haya fijado en detalles tan precisos de la interpretación de esta actriz (¿o de ella misma?) y que el tal Anónimo defienda a ultranza cuando esta actriz interpreta a un personaje y cuando a otro (cuando esta actriz pasa tan desapercibida que no creo que al resto del público le interese lo más mínimo esos momentos). A mí el "trabajo" de Alba Messa, por llamarlo de alguna forma, me pareció de Escuela, y de un curso más bien bajo. Ni su voz cantada- una voz más cercana al musical de Disney que a un Brecht- ni su voz hablada y mucho menos su composición corporal (o más bien la ausencia de dicha composición) están a la altura del resto del elenco; de hecho, el ritmo cae ostensiblemente en cada una de las intervenciones de Alba Messa. Desde mi punto de vista Alba Messa es la nota discordante de un buen hacer general en el que todos los actores y actrices demuestran con creces su formación y sus tablas. Decir que Alba Messa es la actriz revelación de este montaje es tan ridículo que sólo se me ocurre que ella misma o algún familiar suyo lo haya escrito. Por lo demás, mis felicitaciones al resto del elenco.

    ResponderEliminar
  19. Non me encontro plenamente identificado coas obxecións dos anteriores usuarios/as. Estou totalmente de acordo co enfoque de Carla Capeáns.
    Espero con gran ansia a nova produción da Aula de Teatro da USC , dirixida por Roberto Salgueiro.

    Unha aperta moi forte!

    ResponderEliminar
  20. Me gustaría compartir con ustedes esta crítica de David Redondo; según mi humilde opinión, dice cosas muy acertadas.

    http://www.puntoencuentrocomplutense.es/2011/07/rodrigo-rato-no-quiso-escuchar-canto-luis-tosar/

    Por mi parte, felicidades a todo el elenco por su trabajo.

    ResponderEliminar
  21. DAVID REDONDO ? ESTE É DE COÑA. FAN DESCARADO DE TOSAR, NON SE CORTA UN PELO NA CRITICA: SEN TOSAR HASTA ABURRE E ADEMAIS DISQUE TOSAR DEFENDE O TEMA MUSICAL DE PUTA MADRE. - OIRÍA ESTE HOME ALGHUNA VEZ UNHA ÓPERA ????

    ResponderEliminar
  22. Esa crítica de David Redondo paréceme de coña, sinceramente. Gústame cando fala do de Rato, pero cando comeza a valorar o artístico... válgame deus!

    ResponderEliminar
  23. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os coemntarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.