Presentación do libro: "Cuando Compostela subió el telón", de Alejandra Juno

teatro galego alejandra juno ditea teatro     O próximo xoves día 7 de xullo, Alejandra Juno presentará no Hostal dos Reis Católicos o seu novo libro "Cuando Compostela subió el telón. Crónica sentimental de la década dorada del teatro santiagués: Ditea 1960-1970".

     A través desta peza, a autora recorre 10 anos de teatro compostelá da man do grupo de teatro "Ditea" ademáis de repasar como foi cambiando o país nunha década clave e lembrar a través de moitas e moitas anécdotas a aqueles personaxes que camiñaban polas rúas de Compostela. Este é un libro que gustará, de seguro "a teatreiros, a compostelás e todo o contrario".

     Acompañarán a Alejandra Juno na presentación do libro: Euloxio R. Ruibal, Pepe Domingo Castaño, Xerardo Estévez, Juan Jesús Gestal, José Carro Otero, Henrique Alvarellos e Luis Rodríguez Miguez.



Presentación do libro: "Cuando Compostela subió el telón", de Alejandra Juno
Editorial: Alvarellos Editora
Día: Xoves 7 de Xullo de 2011
Hora: 20:00h
Lugar: Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela

Coñecendo á autora: Alejandra Juno 
  • É doutora en Historia pola Universidade de Santiago, licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e cun mestrado en Estudos teatrais pola Universidade da Coruña. Actualmente exerce de profesora de lingua castelá na Universidade de Duke.
  • Comezou no teatro á idade de sete anos no Estudo de Artes Escénicas de Ourense, dirixido por Mariluz Villar Otón. Dirixe o grupo de teatro chamado "Juno Teatro", dedicado principalmente á farsa e ó teatro simbólico. Tamén se dedica á escrita dramática, con obras que representa co seu grupo e traballou así mesmo como guionista da TVG, no programa Luar e a serie Terra de Miranda, entre outros.
  • Adícase primordialmente á investigación cunha tese doutoral sobre o grupo de teatro compostelán Ditea, dirixida por Xosé Ramón Barreiro Fernández, e ten escrito unha serie de artigos sobre cine en El Correo Gallego.
  • Colabora asiduamente co grupo de teatro Yeses. En 2010 a Editorial Fundamentos, especializada en teatro, publicou dúas das súas obras: Eurolé e El retablo de las criadillas.


1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os coemntarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.