"A ópera dos tres reás", a nova producción do Centro Dramático Galego

teatro tosar a opera dos tres reas centro dramatico galego

     "A ópera dos tres reás", de Bertolt Brecht e Kurt Weill (música) é a nova producción do Centro Dramático Galego que se estreará no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela o día 23 de xuño de 2011 e que permanecerá en cartel ata o día 26 dese mesmo mes.

Brecht sitúa na Alemaña dos anos 30 un mundo de delincuencia, crise, prostitución, miseria e abusos, no que o popular delincuente Mackie Messer seduce a filla do rei dos mendigos. Unha voda nunha corte é o detonante dunha carreira vertixinosa en que os mendigos, as prostitutas e a policía comparten protagonismo, audacias e un final sorprendente.
     A dirección escénica corre a cargo de Quico Cadaval, recentemente premiado nos Premios Max de Teatro polo seu texto "Shakespeare para ignorantes"e nos María Casares por "Un Cranio Furado". Quico Cadaval, que tamén traballou persoalmente na adaptación do texto orixinal, conta con Nuria Sanz como axudante de dirección.
teatro Quico Cadavala opera dos tres reas centro dramatico galego
     O elenco está formado por Luis Tosar, Begoña Santalices, Marcos Orsi, Muriel Sánchez, Mónica de Nut, César Goldi, Alba Messa, Víctor L. Mosqueira, Marta Pazos, Francisco Pérez "Narf" e Sergio Zearreta. No eido musical,  Suso Alonso, Rui Bandeira, Pablo Castaño, Andrew MacNeill, Saúl Puga, David Rodríguez, Adrián Viñas e Vadzim Yukhnevich foron os seleccionados para esta nova producción.
teatro elenco a opera dos tres reas centro dramatico galego
      Le a sinopse da peza: A acción da obra atravesa 45 horas nerviosas dunha cidade onde fumega a ambición, os sonos, a traizón, a mesquindade, o desexo, a tortura e a beleza. Pero as peripecias comezaron moito antes, durante a infancia do bandido Macheat, Mackie Navalla, que xogaba cos seus amigos a policías e ladróns, a banqueiros e proxenetas. Xa entón, Mackie era como ese cabalo que ule a gañador na liña de saída. Parece que nada pode detelo no seu camiño marcado de éxitos delituosos, ata que se lle antolla casar con Polly Peachum, a filla do rei dos mendigos. É o principio do fin. Pero antes léganos unha frase memorable: "Que é asaltar un banco comparado con fundar un banco? "

Tamén podes ver uns dos vídeos promocionais dos ensaios.

    
A peza xirará por Galicia e tamén por España e poderás vela en
  • Santiago (Auditorio de Galicia)
  • Ourense (Teatro Principal)
  • Vigo (Centro Cultural Novacaixagalicia)
  • Narón (Pazo da Cultura)
  • A Coruña (Teatro Colón)
  • Pontevedra (Centro Social Novacaixagalicia)
  • Ferrol (Teatro Jofre)
  • Madrid (Teatro Fernán Gómez)
  • Palmas de Gran Canaria
  • Sagunto
  • Salamanca (Teatro Liceo)
  • Pamplona (Teatro Gayarre)
  • Zaragoza (Teatro Principal).
Xa podes mercar a túa entrada na Billeteira de Novacaixagalicia.

* Fotografías: Catálogo de Actores e Actrices de Galicia, Galicia Hoxe, CDG, Google images


2 comentarios:

  1. ESTAMOS IMPACIENTES POR LEER TU CRITICA.......

    ResponderEliminar
  2. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os comentarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.