O obradoiro de Teatro Infantil do Milladoiro estrea "Famos@s"

     O obradoiro de teatro infantil do Milladoiro chega ao seu fin. Pero terá un final feliz e moi divertido porque representarán a peza "Famos@s" o sábado 18 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro.
     ¿Qué é a fama? ¿Qué modelos de conduta ditaminan os personaxe coñecidos? ¿Por qué todo o mundo quere ser famoso?
     A resposta a todas estas preguntas daránnola, mañá sábado, as personaxes que interpretarán Adán Fariña, Álex López, Ana Veiga, Antón Rivas, Carolina Buján, Claudia Buján, Gabriel de Souza, Geovana Dayse de Souza, Lucía Castiñeiras, María Pardo, Marta Ruanova, Martín Bussolari, Sarai Penedo e Víctor Ferreiro.
     Nazaret López é a autora da peza. Ademáis, comparte a dirección escénica do espectáculo co actor Manel Pardo. Nazaret López é ademáis de escritora e directora teatral, xornalista. Traballou na TVG e nestes intres pon toda a súa ilusión e esforzo na radio do Concello de Ames. Dende aquí un bico moi especial a Nazaret por esa voz tan fermosa e por aquela entrevista sobre sempre lembrarei.



"Famos@s", de Nazaret López
Dirección: Nazaret López e Manel Pardo

DÍA: 18 de Xuño do 2011
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Casa da Cultura do Milladoiro



1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os comentarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.