Funboa Escénica estrea "Oiseau rebelle"

     O próximo martes 5 de xullo de 2011 Funboa Escénica estreará "Oiseau Rebelle" (paxaro rebelde) no marco do Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

     Funboa Escénica é unha compañía de recente creación que nace da man de Cristina Balboa e Paulina Funes. Unha compañía que nace coa intención de crear novas ideas, para dar acubillo ao teatro máis contemporáneo e a novas formas de entender o teatro como arte escénica. Ademáis, botan man das novas tecnoloxías e mesmo conseguiron "financiar" o seu proxecto a través da plataforma Verkami, unha forma directa de financiar proxectos con aportación individuais.

     "Oiseau rebelle" (paxaro rebelde) é un espectáculo de teatro-danza, verbal, plástico e sonoro que dialoga sobre o imaxinario amoroso e des-amoroso. Un ritual do corazón como músculo, como metáfora e como alimento.

Que impide ás novas xeracións caer no amor? Para caer temos que ter unha certa seguridade de podernos levantar, ou aínda máis, un ten que poder sentirse a si mesmo e aceptarse tendo a necesidade de ser visto polo outro. Pode que falte isto nas novas xeracións, na nosa: a capacidade de sentirnos a nós mesmos. Mesmo despois de facelo é difícil namorarse ou comezar unha historia "sincera".


"Oiseau rebelle", de Funboa Escénica
Día: Martes 5 de xullo de 2011
Hora: 00:30h
Lugar: Sala Son de Cangas - Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas



+ info en: http://funboaescenica.blogspot.com

2 comentarios:

  1. gracia Carla!! es un tesoro!!

    ResponderEliminar
  2. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os comentarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.