Resumo: Premios María Casares, Festival Internacional de Teatro Universitario, etc

  •  FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DA USC
      Esta semana tivo lugar en Santiago de Compostela o XVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC. A Università degli STUDI di Genova (Italia) presentou “Yo Vivo. Delirio para un actor” (versión libre inspirada en “Calígula” de Albert Camus). Ata o Festival Internacional tamén se achegaron a ESAD de Asturias e Teatrubi (Portugal). A ESAD de Asturias presentou no Salón Teatro “Tres Sombreros de Copa” de Miguel Mihura e dende Portugal, trouxeron un espectáculo no que se fusionaba a danza co teatro: “Son[h]o Dor-mente” (Adaptación libre do texto de Emma Santos “O Teatro”).
      * Por certo, un saúdo moi grande para os técnicos do Salón Teatro e para as encargadas de atender o despacho de entradas.

  • COMMEDIA DELL' ARTE
      Esta semana tamén comezou, no marco dos cursos formativos da Aula de Teatro da USC, un curso de Commedia dell'arte impartido por Alberte Cabarcos. De momento foron dúas as sesións impartidas pero está sendo unha experiencia moi moi interesante.

  • PREMIOS MARÍA CASARES: PEQUENO COMENTARIO
      E si me permitides facer un último comentario... Sobre os Premios de Teatro María Casares direi que non estou conforme con algúns dos premios outorgados. Non me entra na cabeciña que "Memoria de Helena e María" non levara nin un só dos premios aos que estaba nominada. Concordo totalmente cos outorgados no campo de Mellor Actriz Secundaria (Marta Ríos), Mellor Actor Protagonista (Evaristo Calvo), Mellor Espectáculo ("Un Cranio Furado") e con algún máis...

  • REFORMAS NO BLOG
      E agora si que xa é o último que vos contarei. No blog estou de reformas. Teño ganas de cambiar un chisco o formato para que sexa máis sinxela a súa lectura e poder integrar novos contidos.

1 comentario:

  1. NORMAS para a PUBLICACIÓN de COMENTARIOS en “Teatro Galego”

    -Identifíquese con: nome/signo/pseudónimo/símbolo, etc (o que vostede prefira)

    -Non se admite a identificación como “Anónimo”. Deste xeito, os comentarios con esta identificación non serán publicados.

    Estas normas teñen como finalidade principal a de facilitar a resposta aos comentarios aquí emitidos.

    Data de inicio - 10/10/2011

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.