NNC Teatro estrea "Peza para dous actores"

CRÍTICA TEATRAL de "Peza para dous actores" [clic aquí]

Mañá convídovos a que vaiades ao Salón Teatro a disfrutar, a reinventar unha vida, a crear unha historia...

Luns, día 31
NNC Teatro presenta "Peza para dous actores" de Víctor Vegas ás 21:00h no Salón Teatro. Entrada gratuita previo paso polo despacho de billetes (apertura ás 18:30h)


NNC Teatro presenta

Peza para dous actores, de Víctor Vegas

Dirección: Bea Méndez

Elenco
Roi Méndez no papel de Antón
Paula Díaz no papel de Lucía



"Peza para dous actores"
Luns 31 de Maio
Salón Teatro
21:00h
Entrada gratuita (previo paso pola taquilla que abrirá ás 18.30h)

XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Mañá, martes 18 comeza a XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia. As representacións terán lugar no Teatro Principal, no Salón Teatro e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

De seguido achégovos a programación que tamén podedes consultar na páxina web da USC.


Horario das actuacións: ás 21:00h* (excepto día 24 de maio: ás 19:00h)
Entrada gratuita.
Horario de apertura de billetes:
- Teatro Principal e Salón Teatro: Aberto desde as 18:30h
- Sala Roberto Vidal Bolaño: Aberto desde as 20:30h



Día 18 de maio

Compañía: Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Universidade de Vigo
Odisea espacial
Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir dos textos de Arthur C. Clarke “2001, unha odisea espacial” e “2010, odisea 2”.


Día 19 de maio
Compañía: Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra
Eclipses
de Manuel Lourenzo

Día 20 de maio
Compañía: Aula de Teatro da Universidade da Coruña
Rinoceronte no Camiño
Creación colectiva con dramaturxia de Rubén Ruibal

Día 21 de maio
Compañía: Pinchacarneiro (USC)
Policía
de S. Mrozeck

Día 22 de maio
Compañía: Bicodobrelo (USC)
Matilda
Adaptación de “Pedro e o capitán”, de M. Benedetti



Día 24 de maio (funcións ás 19,00h e 21,00h)
Compañía de Teatro da USC-Lugo. Taller de teatro
Unha dúbida razoable
Adaptación de Alberte Cabarcos da obra “Doce homes sen piedade”, de R. Rose


Días 25, 26 e 27 de maio
Aula de Teatro da USC. Compañía de teatro
As cuñadas
Adaptación libre de Roberto Salgueiro do texto homónimo de M. Tremblay



Día 31 de maio
NNC (USC)
Peza para dous actores
de Víctor Vegas

Día 1 de xuño
Tolemia (USC)
Unha merenda de tolos
Dramaturxia propia a partir de textos de Saramago, Eduardo Galeano, etc.

Día 2 de xuño
Teatro da Falúa (USC)
The Falúa´s Rocky Horror Show
de Richard O´Brien

Día 4 de xuño
Enlata (USC)
Chekov en xogo
Dramaturxia propia a partir de textos de Chekov

Día 5 de xuño
Os sigillatos galaicos (USC)
Basta xa!
Dramaturxia propia a partir de textos de Shakespeare, Boris Vian, etc.


Día 6 de xuño
Mequetrefes (USC)
In-comunicando
Dramaturxia da propia a partir de textos de Sanchis Sinisterra e Gabriel Calderón

Día 7 de xuño
Entrega dos premios de teatro da XI Mostra de Teatro Universitario. A Entrada será libre e entregaranse no Salón Nobre da Universidade ás 20:30 h.
Premios da X Mostra

Festicurta: Estrea das curtas dos alumnos de 3º de Comunicación Audiovisual USC

Festicurta! O día 1 de Xuño ás 21:00, no Teatro Principal estrearanse as curtametraxes dos alumnos de 3º curso de Comunicación Audiovisual da USC.

No FESTICURTA proxectarase a curtametraxe
A Raiña, de LAURA GONZÁLEZ
onde debuto como actriz fronte a cámara.
Proxectaranse ademáis, as seguintes curtas:
- La Femme en Rouge de NOEMI HE e LAURA CUBA
- Amencer Vagamundo de ANDRÉS CARRASCO
- Juego de llaves
- RC14 de ARIADNA GARCÍA
- Voces do silencio de ÚRSULA REY
- Fóra de Serbicio de RUBÉN SOUTO
- A Raiña de LAURA GONZÁLEZ

Video promocional do FESTICURTA!


Lembrade:
1 de Xuño ás 21:00h - Teatro Principal de Santiago de Compostela
Prezo: 3 €

As Cuñadas volven á casiña logo dunha longa viaxe por Europa


Blog Aula de Teatro USC: http://auladeteatrodausc.wordpress.com/A viaxe rematou e As Cuñadas volven a reunirse cada tarde na casa de Amalita para pegar cupóns Spar. Foi unha viaxe chea de ilusións e avións...



Logo da ruta Compostela-Madrid-Helsinki-Vilnius o día 7 de maio As Cuñadas (Aula Teatro USC) actuaron no Teatro Lelé de Vilnius. A acollida do público foi simplemente espectacular. Deixando a un lado o propio texto, o que atrapou ao público foi a expresión corporal e as imaxes teatrais. Velaí...o teatro é universal.
E froito desa ilusión e desa enerxía posta sobre o escenario do Teatro Lelé forons os premios que aló recollemos: Premio ao Mellor Espectáculo e por si fora pouco cada unha das actrices/actor recibimos Premio ás Mellores Interpretacións.
Elenco de As Cuñadas (Aula Teatro USC) con cadanseu premio: unhas bonitas paxareiras de cores diversas.


Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.