As Cuñadas, premio a mellor espectáculo da Miteu de Ourense

Blog Aula de Teatro USC: http://auladeteatrodausc.wordpress.com/




O público ourensá decidiu outorgarlle o premio de MELLOR ESPECTÁCULO a As Cuñadas da Aula de Teatro da USC.
Estamos moi moi contentas (creo que non erro ao pensar e ao falar en nome de toda a compañía).

Moita gracias, dende este pequeno Soño a todo o público ourensá!!!!!!!!
Graciñas!!!!

O doutor a paos de Pinchacarneiro

O doutor a paos de Molière por Pinchacarneiro
A compañía teatral Pinchacarneiro reúne no escenario 14 actores e actrices con distintos graos de discapacidade intelectual ou enfermidade mental, que asumen o reto de poñer en escena o texto de Moliére, coa dirección de José Colmenero.

Horario:

19 de maio de 2010 19:00

Lugar:

Salón Teatro Rúa Nova, 34

Actuacións en Santiago de "As Cuñadas" da Aula de Teatro da USC

Logo de actuar en Vimianzo, Vedra, Murcia e Covilha (Portugal) As Cuñadas volven á casiña.
As Cuñadas de M. tremblay
Dirección e versión libre de Roberto Salgueiro
Compañia: Aula de Teatro da USC
Elenco:
Aurora: Natalia Vázquez
Amalia: Bea Méndez
Pilar: Patricia Coucheiro
Valentina: Ana Conde
Elena de Novoa: Carla Capeáns
Teresa: Inma Vila
Sra. Pitón: Roi Méndez
Lolita: Cristina Balboa
Próximas Actuacións:
Luns día 12 de Abril ás 21:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela
Martes día 13 de Abril ás 21:00h no Salón Teatro de Santiago de Compostela

A entrada será gratuita previo paso polo despacho de entradas do Salón Teatro que abrirá as súas portas ás 18:30h. do mesmo día da función. Tan só se permiten recoller 2 entradas por persoa. O día da estrea as entradas agotáronse en apenas 40 minutos... corre corre a pola túa entrada.

As Cuñadas agradecen a túa presencia.

Vedra, un lugar para volver


Os meus ollos choraban, non deixaban de pensar naquela “carta sin remite” que alguén deixara baixo a miña porta.
[...]
O día amencera chovendo na miña fiestra e resgardeime baixo un Papaventos namorado do Teatro. Faloume dun novo mundo...Andaravía. E voei... voei ata chegar alí.
[…]
Subín por aquelas escaleiras, pisei o seu escenario e sentín. Sentín que a miña vida era iso, o teatro.
[...]
Recordas cando ías de pequena á casa dos avós? Recordo, sí…aquela casa ulía a cariño.
Vedra era como a casa da avoa.


Fotografía cedida por Asoc. Papaventos/Andaravía Teatro

Aínda que a Aula de Teatro viaxa cada ano ó Festival de Teatro "Teatrofilia" eu era a primeira vez que ía a Vedra e sentía o agarimo da súa xente enriba dun escenario. Subimos por aquelas escaleiras e chegamos a ese novo mundo chamado Andaravía. Eles levan o espírito do teatro atado no corazón. Tan só espero que xamais desaten ese nudo que nos une.


Dende aquí enviarlle unha aperta e un bico fortísimo a María Gaiteiro, a Chusa, a Antonio, a Lupe, a Sara, a María Munín, a Fina... Quedan moitos sen nomear, de seguro. De feito lembro a cara dalgún que outro teatreito da que son incapaz de poñer nome (disculpade os meus despistes).

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.