As Cuñadas, de novo nos xornais

Aquí vos deixo a noticia que me fixo sorrir hoxe á mañá...

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/03/02/0003_8327590.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Risas e aplausos para os desvelos femininos nos 70

02.03.2010, 0:00 Patricia Blanco

Boa parte das butacas da Casa de Cultura de Vimianzo ocupáronse para ver «As cuñadas» sobre o escenarioCando a vida dun xa non dá moito máis de si e xa non é quen de decidir coller outro camiño, quen vive esa vida, se así se pode dicir, pasa a entregarlle a felicidade a mudar o mobiliario da casa. Tamén as cortinas, por unhas de raso ou seda, que, para o caso, vén a ser o mesmo. Nova vaixela de Duralex, tocadiscos e abrigo. É o que lle pasa a Amalia (na realidade, Bea Méndez), a muller que conduce a obra As cuñadas, interpretada pola Aula de Teatro da USC en Vimianzo. Amalia ten dous fillos. Un no que pon os seus soños da estudante que non foi e unha (Aurora, é dicir, Natalia Vázquez) enriba da cal bota as cargas que as mulleres levaban no 1977, instaurada xa a democracia. No medio de tan miserable vida, a muller resulta premiada con un millón de cupóns Spar. Con eles poderá solicitar todos eses regalos que, pensa, a han facer máis feliz. Reúne co fin de pegalos nas correspondentes cartillas a amigas e irmás. É a época de Fiebre del Sábado Noche. Tamén o tempo das miradas postas na libertaria América, simbolizada pola Coca-Cola e un postín de elegancia falsa que tan ben interpreta Carla Capeáns (Elena). Ata a sinxela e humilde cociña de Amalia van chegando Pilar (Patricia Coucheiro) e Valentina (Ana Conde). A primeira é a típica muller frustrada, que viu na viuvez a súa porta de saída. Algo que intenta agochar, pero que se acaba sabendo. Coma todo. A segunda é a irmá cándida de Amalia, a boa. Un novo estereotipo que se derruba, coma tantas cousas naqueles anos, cando queda embarazada dun home que non é dela nin de ninguén. Desfilan pola cociña da obra, pois, vidas postizas e falsas existencias. Coma a de Teresa, cabreada co mundo por ter que coidar da súa sogra, de tres fillos e dun home que nunca está satisfeito, agás as tardes nas que xoga o Deportivo. A señora Pitón entra en escena (en realidade é Roi Méndez) en forma de anciá que non dá máis que traballos. Quizais por iso o fai un home. Lolita, a ovella negra da familia de Amalia, chega e amosa que ela é a que ten mala fama, pero, curiosamente, coa súa sinceridade descubre as falsidades das outras mulleres. As cuñadas de M. Tremblay, nesta adaptación de Roberto Salgueiro, é unha obra para rirse e recuar. Son tempos novos nos que se busca a liberación feminina aínda que sexa a base de chistes verdes e cancións.

Graciñas Vimianzo

Comeza a Rodaxe da Curta "A Raiña"

Hoxe comeza a rodaxe da curta A raíña. Cores grises, brancos e negros...vermellos.
Polo de agora non vos podo dicir máis nada...
Tan só dar as gracias a todo o equipo e en especial a Laura G. Barreiro por contar comigo para este proxecto. Esta vai ser a miña primeira interpretación diante da cámara. Por unhas horas terei que deixar de lado o teatro e navegar polo mundo do audiovisual...espero non naufragar.
Curtametraxe
A raíña
Equipo
Realización: Laura G. Barreiro
Axudante de realización: Adrián G. Cruz
Producción: Noelia Antelo
Axudante de produción: Verónica Cambón
Cámara: Alba Barral
Iluminación: Noelia Antelo
Son: Jabier Nespral
Montaxe: Equipo de realización e produción
Elenco Alberto Martínez Carla Capeáns

Nominados aos Premios María Casares 2010

MELLOR DIRECCIÓN
  · Ánxeles Cuña Bóveda por A esmorga, de Sarabela Teatro
  · Artur Trillo por Palabras encadeadas, de Talía Teatro
  · Rosa Álvarez por O segredo dos Hoffman, de Lagarta, Lagarta
  · Xesús Ron por Testosterona, de Chévere

MELOR ESPECTÁCULO
  · A esmorga de Sarabela Teatro
  · O segredo dos Hoffman de Lagarta, Lagarta
  · Palabras encadeadas de Talía Teatro

As Cuñadas, desde Vimianzo ata Murcia

As Cuñadas, da Aula de Teatro da USC viaxou desde Vimianzo ata Murcia.
Logo da estrea no mes de decembro, o 28 de Febreiro volvemos ao escenario na localidade de Vimianzo. Unha segunda actuación que viña sendo unha toma de contacto co mundo exterior. Saber a reaccion do público, dese público que non é nin mamá nin papá nin tan sequera a avoa...o verdadeiro público.
Comezo a descubrir porqué aqueles que pasaron pola Aula seguen a contar experiencias marabillosas a pesar do paso do tempo.

Murcia...grande grande. Magnífica a acollida do público. Un público ao que se lle colle cariño! Un público que ri, que escoita, que se emociona...un público que invita a seguir facendo teatro...como lle dixo unha rapaza a unha das miñas compañeiras "gracias por haberme devuelto la fe en el teatro".

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.