Crítica teatral: "Salomé", do Centro Dramático Galego (CDG)

teatro-salome-oscar-wilde-critica-teatral-maria-mera

Salomé
do Centro Dramático Galego
· Autoría: Óscar Wilde
· Elenco:
  María Mera
  Pepe Penabade
  María Salgueiro
  Hugo Torres
  Marcos Correa
  Alberte Cabarcos
· Dirección e dramaturxia: Carlos Santiago
· Tradución e adaptación: Pepe Sendón

CRÍTICA TEATRAL [función 27/Nov/2010]
Carla Capeáns 
      Eran moitas  as espectativas (boas ou malas) que se formaron en torno á nova producción do Centro Dramático Galego: Un cambio na directiva do CDG, unha "posta en escena arriscada" (tal e como nolo anunciaban), un "texto difícil", un "non cambio no texto pero sí no contexto", pegadas electorais e publicidade ata nos autobuses composteláns.

      A idea máis primaria, aquela coa que se iniciou o plantexamento era axeitada. Traer aos nosos días un texto como o Salomé de Wilde é unha tarefa complexa e a mellor forma de facelo era adaptala ao contexto político actual. Unha idea sinxela: festa dun partido político en campaña electoral. Pero quedou tan só niso, nunha "idea" e non nunha realidade plasmada sobre o escenario. Creo que non se soubo clarificar e expoñer esa "idea" en parte polo feito de non ter adaptado o texto na súa totalidade. O entorno adaptouse a esa idea pero o texto facía que determinados personaxes non se adaptaran a eses entorno creado e quedaran nun mero intento ou proxecto de personaxe.

      Eran personaxes (os principais) con voz pero sin corpo, sin movemento, sin unha traxectoria, sin unha historia. Atopei moitísimo máis asentados os personaxes secundarios.

      Eran eles os que retomaban o ritmo da escena, os que revivían a atención do público logo dos parlamentos pouco coloridos dos principais. Un moi bo traballo o de Alberte Cabarcos especialmente no personaxe do "Paxe": control moi bo do corpo, moi boa escoita en escena... un personaxe construido coherentemente.
      E o mesmo direi de Marcos Correa: escoita en escena e reacciona ante o resto dos personaxes (algo que debe ser normal pero do que carecían os personaxes de María Mera e Pepe Penabade). Cómpre resaltar que estes dous actores, Alberte Cabarcos e Marcos Correa, foron os únicos que souberon transladar o texto non adaptado dos seus personaxes ao contexto actualizado.

      O personaxe de Salomé, interpretado por María Mera, non transmitía esa forza, esa vida que o caracteriza. O corpo estaba demasiado estático, carecía de movementos naturais e expontáneos. Eran movementos que non saían do propio personaxe senón posiblemente dunha proposta da dirección. Os parlamentos facíanse monótonos, extremadamente fragmentados e sin unha curva melódica que lle dera un sentido. Non escoitaba en escena, reaccionaba tarde ou apresuradamente ante os demáis personaxes.

teatro salome oscar wilde centro dramatico galego critica teatral
      Non mantiña unha relación visual clara cando o propio contexto llo pedía. Non miraba a cabeza de Iokanaán senon que fixaba a mirada nun punto situado na mesma dirección pero afastado, o que lle imprimía incredulidade.  

     Algo semellante acontecía coa execución da coreografía na que se emula a "danza os sete velos". Eran movementos aos que non se lle imprimían un sentimento e é por ese feito polo que parecía non ter unha continuidade.

      Atopei unhas declaracións súas sobre o personaxe de Salomé e dicía o seguinte: "A ollada habitual que hai sobre o personaxe está demasiado cargada de erotismo como se fose de único sentido. O carácter de Salomé ten máis matices e máis carácter que só a carga erótica que identifica"E iso é certo. Téndese a identificar a Salomé como un personaxe cheo de erotismo e sensualidade  e é certo que, como todo personaxe, (non é Salomé unha excepción) ten outras cualidades, unha historia... porque si só tiveramos a referencia do erotismo o resultado probablemente sería un personaxe "tipo". Pero esa outra historia hai que atopala e sobre todo saber transmitila. E o que me transmitía non era nin erotismo, nin sensualidade, nin outras cualidades. Era tan só unha voz, a voz da actriz.
teatro salome oscar wilde centro dramatico galego critica teatral
      E algo semellante ocorre co personaxe de Pepe Penabade. Creo que non explorou o suficiente a súa voz a pesares de ter unha tonalidade que ao personaxe lle acaía moi ben. Os parlamentos que eran un pouco mais longos eran demasiados lineais, non buscaba a curva melódica e volvíase demasiado literario. Sen embargo nos parlamentos máis curtos melloraba porque dalgún xeito lle imprimía cotidianidade, coloquialidade. O corpo non se explotou o suficiente e en ocasións precisaba esconderse tras a capa (exemplo doas mans baixo a capa).

     Ningún dos personaxes principais souberon, ao meu entender, sacarlle o máximo partido aos seus personaxes. Foron os secundarios, interpretando en ocasións a dous ou tres personaxes os que levan as miñas felicitacións pola súa continuidade, polo seu control corporal e pola súa presencia escénica (Por exemplo, o personaxe de verdugo interpretado por Hugo Torres cunha presencia e unha actitude moi ben traballada a pesares de non ter apenas texto) .

      A escenografía era sobria (en contraste coas precedentes montaxes de Salomé) sen o menor alarde de luxo. A concepción realista da escenografía contrastaba co carácter simbolista da iluminación (lembremos que a obra de Wilde bebe do simbolismo), un xogo que funcionaba en determinadas escenas.
teatro salome oscar wilde centro dramatico galego critica teatral      Xógase na dramaturxia co personaxe de Herodes como político populista, coa teatralidade dos actos políticos pero lembremos que Herodes é rei e sígueo sendo na aposta de Carlos Santiago polo tanto ese xogo ás veces torna incoherente.
En xeral, doume a impresión de que dende a dirección se pretendía unha concepción estática dos personaxes principais en contraste cos secundarios que non chegou a alcanzarse ademáis de introducir elementos prescindibles e ás veces incomprensibles (os auriculares que levaba Salomé ou mesmo a cabeza de "Iokanaán" que non era "Iokanaán"). Non sabería dicir si o que vin foi unha traxedia, unha comedia ou unha aposta "arriscada". Foi un pouco de todo e non foi nada.


Crítica teatral "Salomé"
teatrogalego.com
© Carla Capeáns Pardo, 2012

12 comentarios:

  1. Gran crítica!! encantoume de arriba a abaixo ainda sen ver a obra nin entender nada de teatro.
    Sigue asi !!

    ResponderEliminar
  2. Por certo son Álvaro jaja

    ResponderEliminar
  3. Tiña lido unhas cantas críticas (todas bastante negativas) desta nova producción de 'Salomé'. Ata o de agora, creo que esta é a que me deixou as cousas mais claras. É moi audaz nas formas. Noraboa.
    De todo o que dis, saco a conclusión de que o problema non son tanto os actores, coma o feito de que o espectáculo estea mal dirixido... Veremos cando o vexa...

    Só un inciso sobre o carácter e a sensualidade de Salomé. Sempre me gustou crer que, se Salomé é unha nena que vive nun mundo de homes depravados, quizáis ela mesma non é consciente do seu propio sex-appeal... Doutra forma ¿por que se pregunta por qué a mira así o seu pai?

    Sau2.

    ResponderEliminar
  4. Moitas gracias polos vosos comentarios, Álvaro e Hugo.

    Moitas gracias "Butaca en Anfiteatro" pola túa apreciación. O problema non é que sexa dos actores, senón da dirección (creo eu). Hai certos matices que sí dependen do propio actor pero hai outros que deben ser corrixidos, orientados ou encauzados dende a dirección.

    Certo tamén o que dis sobre a nena Salomé que vive nun mundo de homes depravados. Sempre se coñeceu a Salomé como a imaxe da sensualidade e do erotismo e creo que a imaxe que ti propós é moi potente, moi correcta.

    Moitos biquiños!
    graciñas por todo

    ResponderEliminar
  5. Acabo de chegar aquí de pura casualidade (ao parecer, hai uns días participaches na curta duns compañeiros meus ;) !) e atopeime de sorpresa cunha crítica, que se ben era reacia a ler nun primeiro momento porque aínda teño pendente ir a ver "Salomé", enganchoume dende o principio ata o fin, xa non só polo ben redactada que está, senón tamén pola coherencia das túas palabras, pois un ve que non dis nada por dicir...

    A verdade é que seguín lendo o teu blog por pura curiosidade e gustáronme as túas críticas e, sobre todo, o amor que declaras polo teatro en cada rinconciño... (Da gusto ler esas cousas e atoparse as palabras que andan no interior dunha por ahí... :) )
    (Por certo tamén, que penso que non nos vimos nunca de casualidade, xa non polo da curta, é que eu tamén estiven nominada para "Salomé" (lendo entradas o vin)... e quen sabe qué cousas máis... o mundo, un pañuelo!

    En fin, que non nos coñecemos de nada, pero ao ler isto apeteceume deixar unha pegada e dicir: noraboa por este blogue! ;)

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. "Nada en el mundo es tan negro como tus cabellos",
    "Las largas y oscuras noches en que la luna se esconde y sienten miedo las estrellas, no son tan negras como tus cabellos"
    "Nada en el mundo es tan negro como tus cabellos".

    Una Salomé diciendo esto a un Jokanaán que luce una larga cabellera rubia... ¿es algún tipo de simbolísmo con el propio físico de Salomé o se trata de jugar con las paradojas? o es un "non cambio no texto pero sí no contexto".

    Como experimento puede estar bien, pero en mi opinión el resultado es incoherente y no transmite nada... es la primera vez que una obra del CDG me decepciona. No creo que este sea una buena idea llevar a ver este montaje a 1200 alumnos gallegos, ¿se trata de potenciar la aficción al teatro? ¿no?

    ResponderEliminar
  7. o que me impressiona nestes comentários, é o facto de se fazer um comentário a uma crítica da
    peça de teatro mas
    que os comentadores ainda não viram.
    e quanto à crítica,expliquem-me
    : o que quer dizer, em teatro, uma personagem sem uma história?
    Pois bem,eu aqui em Portugal,ainda fiquei com mais vontade de ver a peça depois
    desta crítica e destes comentários.

    ResponderEliminar
  8. Ola María!
    O que quero dicir con que todo personaxe ten a súa historia, as súas cualidades... "o seu pasado" é que TODOS, ou polo menos a meirande parte dos personaxes que sacamos dunha peza teatral, teñen unha vida anterior a ese momento que se está a representar. Unha vida anterior que o propio actor pode imaxinar ou que pode inferir do propio contido textual e que lle da pé a crear, a confeccionarlle unha existencia a ese personaxe.
    Neste caso concreto, o texto guíanos a unha idea de cómo pode ser Salomé ou como non debe ser que podemos aceptar ou rexeitar ou incluso interpretar contrariamente.

    Moitas gracias pola túa apreciación María!

    ResponderEliminar
  9. Hola. Alegrome moito de atopar unha crítica coherente do espectáculo, aínda máis, alégrome de atopar unha crítica que non sexan eses párrafos nas webs oficiais que falan de "exito de público" da peza. Aínda que non esté dacordo con algunha das túas ideas, felicidades. Para axudar o público potencial creo que debías engadir que é pouco recomendable ir a vela. Un saudo. Caudor.

    ResponderEliminar
  10. Olá!
    Sou portuguesa, moro em Viseu e vi o espectáculo em Tondela. Sou apenas uma espectadora e é como tal que resolvi deixar um comentário. Adorei a peça! O Carlos está de parabéns. Gostei dos actores(grande Hugo!). A Salomé, de porte soberano e olhar altivo e superior, ajudada por um figurino fantástico, esteve muito bem. Não quero deixar de realçar o trabalho dos restantes actores, mas estes ficaram-me na memória. A cenografia simples, mas cheia de pormenores, encantou-me. Já agora, gostaria de dizer que também gostei da música. Saí do espectáculo com a "alma lavada"!
    Não o percam,porque vale a pena.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  11. Acabo de ver Salome, a aposta que fixo este ano o CDG.
    Quero, primeiro darche os meus parabéns por esta critica tan acertada.
    Vexo moito teatro, moito, e hoje presenciei o aplauso máis frio que vin na minha vida como público teatral(Os aplausos tiveron que comenzar a soar dende caixas, porque o público nom arrincábamos a aplaudir)
    Sinto moito respeto, de quen sube a un escenario, porque nom é fácil estar enriba das taboas.
    Pero tamén hai que recoñecer cando as cousas están bem feitas, e cando as cousas nom saen como teñen que sair.
    Dame moita maghoa cando vou a ver un obra de teatro é o que me din é texto, porque para iso, xa leo eu a obra.
    Nom había unha linha de pensamento dalghúns personaxes, é si o actor ou actriz, nom saben de onde ven, a onde vai, que fai é que quere a súa personaxe,mal vamos!!
    A posta en escena foi desafortunada e moitas veces incoherente. Si fas unha aposta arriscada( temita de dirección) como é o caso, arríscate con todo, nom a medias.
    Da lugar a confusións, por tempo e lugar...
    E para rematar, é o teatro que nos representa como galegos, isto sae dos nosos bolsilhos, porque é o CDG, nom unha empresa privada.
    De novo parabéns pola tua crítica.
    Silvia

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.