Crítica teatral: "Limpeza de sangue" de Espello Cóncavo


teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral

Limpeza de sangue
de Espello Cóncavo

Autoría: Rubén Ruibal

Dirección: Arturo López

Elenco:
Sergio Zerraeta

Oswaldo Digón
Xavier Pan
 Fernando Morán
X.C. Mejuto
Teresa Horro
Estíbaliz Veiga
Rodrigo Roel


Crítica teatral
Carla Capeáns (unha principiante)

      Entro na sala e non soaba música. Durante os dous primeiros pasos despois de cruzar a porta pensei que era unha boa forma de comezar: a telón aberto, sen música de fondo, unha escenografía escura; un ambiente sórdido, frío. A falta dunha música que acompañara a procura dunha butaca acompañaba a sentir ese ambiente frío. Pero foi sentar na butaca e cambiar totalmente de opinión: actores que entraban e saían de detrás do escenario, que camiñaban e corrían pola sala, falando cos técnicos,etc e todo isto non como personaxes, senón como actores.

     A escenografía era demasiado complexa para a simplicidade da historia. Non se explotou suficientemente a idea principal, a historia que estaban a contar, e suplían esa carencia con esa escenografía grandiosa, con infinidade de decorados. Había algún que outro cambio de escenografía que se facía só para que un personaxe pronunciara unha única palabra. Si esa intervención tivera un peso importante xustificaríase ese cambio pero non sendo así, estariamos ante un cambio totalmente innecesario.

teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral
  Tamén atopei certas incoherencias na concepción do espectáculo: en todo momento se buscaba o maior realismo posible tanto nas accións (por exemplo, un drogadicto meténdose un chute, o proceso de diálise) como no espacio que rodeaba esa acción (carteis nas paredes, etc). Ese realismo, en ocasións era excesivo e daba a impresión totalmente contraria (a de estar aí sen un porqué, por poñelo). Esa procura do realismo chocaba por exemplo co vestiario dos personaxes de Clemente e Fernando (demasiado limpo, pranchado, novo e pouco manoseado para seren drogadictos ou exdrogadictos que viven en condicións non moi asentadas) e o bolso baleiro do personaxe de Mucha.
teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral
  Non se respetaba o espacio escénico delimitado. Incluso había escenografía que se situaba fóra dese espacio escénico (por exemplo unha mesa coas patas sitaudas no baleiro...) Si esa problemática vén producida polas dimensións reducidas do escenario, cómpre advertirlle aos actores que respeten o espacio e que coiden a posición dos pés dos seus personaxes. Ademáis, eran constantes os desequilibrios de escea. Estaban demasiado encaixadas, a escenografía era demasiado "pesada", "monumental" e daba a sensación de encaixamento, de imposibilidade para o desenrolo.

     O ritmo da peza era demasiado lento (2h de duración do espectáculo aproximadamente), os personaxes estaban pouco definidos e ás veces pouco seguros co corpo. Gustáronme moito as personaxes de Raul Varo "Gari", moi coherente cos seus movementos, coa concepción dos seus dous personaxes (curtiños pero moi interesantes). Gustei tamén da naturalidade de Sergio Zearreta, da calidade das súas improvisacións e do ritmo que lle imprimía ao personaxe aínda que en ocasións isto conxugado coa lentitude do conxunto da peza non resultaba o máis axeitado.

© Carla Capeáns Pardo, 2012

1 comentario:

  1. Aproveitei o inicio dunha convalecencia para le-lo texto (non estaba na Coruña cando representouse a obra...) e, aínda que me gustou a construcción da historia e como se entrelaza todo, quedei coa sensación de estar lendo mais un guión cinematográfico que unha peza teatral. Non sei como farían, pero, dende logo, tal e como están as cousas escritas, semella irrepresentable, a non ser que estea en xogo moita pasta e moitos medios....

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.