XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Mañá, martes 18 comeza a XI Mostra de Teatro Universitario de Galicia. As representacións terán lugar no Teatro Principal, no Salón Teatro e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño.

De seguido achégovos a programación que tamén podedes consultar na páxina web da USC.


Horario das actuacións: ás 21:00h* (excepto día 24 de maio: ás 19:00h)
Entrada gratuita.
Horario de apertura de billetes:
- Teatro Principal e Salón Teatro: Aberto desde as 18:30h
- Sala Roberto Vidal Bolaño: Aberto desde as 20:30h



Día 18 de maio

Compañía: Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Universidade de Vigo
Odisea espacial
Dramaturxia de Fernando Dacosta a partir dos textos de Arthur C. Clarke “2001, unha odisea espacial” e “2010, odisea 2”.


Día 19 de maio
Compañía: Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra
Eclipses
de Manuel Lourenzo

Día 20 de maio
Compañía: Aula de Teatro da Universidade da Coruña
Rinoceronte no Camiño
Creación colectiva con dramaturxia de Rubén Ruibal

Día 21 de maio
Compañía: Pinchacarneiro (USC)
Policía
de S. Mrozeck

Día 22 de maio
Compañía: Bicodobrelo (USC)
Matilda
Adaptación de “Pedro e o capitán”, de M. Benedetti



Día 24 de maio (funcións ás 19,00h e 21,00h)
Compañía de Teatro da USC-Lugo. Taller de teatro
Unha dúbida razoable
Adaptación de Alberte Cabarcos da obra “Doce homes sen piedade”, de R. Rose


Días 25, 26 e 27 de maio
Aula de Teatro da USC. Compañía de teatro
As cuñadas
Adaptación libre de Roberto Salgueiro do texto homónimo de M. Tremblay



Día 31 de maio
NNC (USC)
Peza para dous actores
de Víctor Vegas

Día 1 de xuño
Tolemia (USC)
Unha merenda de tolos
Dramaturxia propia a partir de textos de Saramago, Eduardo Galeano, etc.

Día 2 de xuño
Teatro da Falúa (USC)
The Falúa´s Rocky Horror Show
de Richard O´Brien

Día 4 de xuño
Enlata (USC)
Chekov en xogo
Dramaturxia propia a partir de textos de Chekov

Día 5 de xuño
Os sigillatos galaicos (USC)
Basta xa!
Dramaturxia propia a partir de textos de Shakespeare, Boris Vian, etc.


Día 6 de xuño
Mequetrefes (USC)
In-comunicando
Dramaturxia da propia a partir de textos de Sanchis Sinisterra e Gabriel Calderón

Día 7 de xuño
Entrega dos premios de teatro da XI Mostra de Teatro Universitario. A Entrada será libre e entregaranse no Salón Nobre da Universidade ás 20:30 h.
Premios da X Mostra

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.