As Cuñadas volven á casiña logo dunha longa viaxe por Europa


Blog Aula de Teatro USC: http://auladeteatrodausc.wordpress.com/A viaxe rematou e As Cuñadas volven a reunirse cada tarde na casa de Amalita para pegar cupóns Spar. Foi unha viaxe chea de ilusións e avións...



Logo da ruta Compostela-Madrid-Helsinki-Vilnius o día 7 de maio As Cuñadas (Aula Teatro USC) actuaron no Teatro Lelé de Vilnius. A acollida do público foi simplemente espectacular. Deixando a un lado o propio texto, o que atrapou ao público foi a expresión corporal e as imaxes teatrais. Velaí...o teatro é universal.
E froito desa ilusión e desa enerxía posta sobre o escenario do Teatro Lelé forons os premios que aló recollemos: Premio ao Mellor Espectáculo e por si fora pouco cada unha das actrices/actor recibimos Premio ás Mellores Interpretacións.
Elenco de As Cuñadas (Aula Teatro USC) con cadanseu premio: unhas bonitas paxareiras de cores diversas.


2 comentarios:

  1. Sen dúbida será unha viaxe difícil (probablemente imposible) de esquecer. O trato da xente de Lituania, o país en si e os descubrimentos que alí todos fixemos.

    E si, o teatro é universal. Será certo iso de que o texto é un pretexto?

    ResponderEliminar
  2. Teresiña14 mayo, 2010

    Unha viaxe coas cuñadas é para lembrar ó longo dos tempos, para non esquecer xamais. Con esta sen dúbida así será, nunca olvidaremos as nosas aventuras europeas e o noso recoñecemento lituano!
    Este foi o primeiro premio que Teresa recibiu nunca e quedou encantada de que fose rodeada das súas "Cuñadas"
    graciñas a todas elas (el)

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.