Vedra, un lugar para volver


Os meus ollos choraban, non deixaban de pensar naquela “carta sin remite” que alguén deixara baixo a miña porta.
[...]
O día amencera chovendo na miña fiestra e resgardeime baixo un Papaventos namorado do Teatro. Faloume dun novo mundo...Andaravía. E voei... voei ata chegar alí.
[…]
Subín por aquelas escaleiras, pisei o seu escenario e sentín. Sentín que a miña vida era iso, o teatro.
[...]
Recordas cando ías de pequena á casa dos avós? Recordo, sí…aquela casa ulía a cariño.
Vedra era como a casa da avoa.


Fotografía cedida por Asoc. Papaventos/Andaravía Teatro

Aínda que a Aula de Teatro viaxa cada ano ó Festival de Teatro "Teatrofilia" eu era a primeira vez que ía a Vedra e sentía o agarimo da súa xente enriba dun escenario. Subimos por aquelas escaleiras e chegamos a ese novo mundo chamado Andaravía. Eles levan o espírito do teatro atado no corazón. Tan só espero que xamais desaten ese nudo que nos une.


Dende aquí enviarlle unha aperta e un bico fortísimo a María Gaiteiro, a Chusa, a Antonio, a Lupe, a Sara, a María Munín, a Fina... Quedan moitos sen nomear, de seguro. De feito lembro a cara dalgún que outro teatreito da que son incapaz de poñer nome (disculpade os meus despistes).

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.