Comeza a Rodaxe da Curta "A Raiña"

Hoxe comeza a rodaxe da curta A raíña. Cores grises, brancos e negros...vermellos.
Polo de agora non vos podo dicir máis nada...
Tan só dar as gracias a todo o equipo e en especial a Laura G. Barreiro por contar comigo para este proxecto. Esta vai ser a miña primeira interpretación diante da cámara. Por unhas horas terei que deixar de lado o teatro e navegar polo mundo do audiovisual...espero non naufragar.
Curtametraxe
A raíña
Equipo
Realización: Laura G. Barreiro
Axudante de realización: Adrián G. Cruz
Producción: Noelia Antelo
Axudante de produción: Verónica Cambón
Cámara: Alba Barral
Iluminación: Noelia Antelo
Son: Jabier Nespral
Montaxe: Equipo de realización e produción
Elenco Alberto Martínez Carla Capeáns

2 comentarios:

  1. F E L I C I D A D E S e punto.
    Non hai máis que dicir ca iso. E nin o dito cho tiña que apuntar porque xa sabes que así cho desexo.
    Así que máis nada ca iso.
    Unha apertiña e moita sorte!

    ResponderEliminar
  2. Espero que sexa unha bonita experiencia. Creo que todo o equipo de GF estaremos atentos ó resultado.

    In bocca al lupo!

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.