Roberto Salgueiro, finalista dos Premios Max 2010

Si, o director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro é finalista dos Premios Max 2010 coa obra "Valentino Ruffini e Akil Pillaban de viaxe a Milán (e van sen un can)" que Talía Teatro levou á escea.
No tempo que levo na Aula de Teatro da USC aprendín moito por non dicir moitísimo con el. Creo que agora mesmo non hai mellor escola para un actor (que queira aprender) que a Aula de Teatro de Roberto.
Porque xa lle temos cariño, porque aprendemos moito, porque aínda nos queda moito por vivir con "As Cuñadas"...
Parabéns Roberto!

1 comentario:

  1. estar orgullosa dalgo cercano e un dos mellores sentimentos. sentes ese algo como parte de ti e invadete o placer de que outros poidan sequera acercarse a ese algo do que agora ti xa estas un posuco mais preto.

    graziñas roberto

    ResponderEliminar

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.