As Cuñadas de M. Tremblay pola Aula de Teatro da USC

As Cuñadas, de M. Tremblay

Dirección: Roberto Salgueiro Axudante de Dirección: Roi Méndez Arranxos musicais: Fernando Cabo
Reparto:
Natalia González
Bea Méndez
Patri Coucheiro
Ana Conde
Carla Capeáns
Inma Vila
Roi Méndez

Cristina Balboa



O pasado 16 de Decembro o Salón Teatro acolleu a estrea de “As Cuñadas” de M. Tremblay da compañía teatral da Universidade de Santiago de Compostela: A Aula de Teatro dirixida por Roberto Salgueiro. A expectación foi máxima: en apenas 40 minutos colgouse o cartel de “Entradas Esgotadas”. O público respondeu espectacularmente ben e iso dálle moita confianza a quen está enriba do encenario.


O certo é que aprendín. Unha frase demasiado curta, non si?. E si lle engado un adverbio? “Aprendín moito”; moito mellor así. Aló polo 13 de outubro díxenlles iso de: “Chámome Carla…” E máis nada, porque non son moito de falar. Quedouche ben lonxe esa tarde que comezaba ás 19:30h. Foi cando coñecín a Elena de Novoa. Non vou dicir que nos atopamos nun parque: as dúas sentadas nun banco. Ela non sería quen de facer algo semellante…en todo caso traería da casa a silla tapizada do comedor. Elena está a ler o que escribo, o que eu vos diga, esta muller está en todo. Algo me di: “Llevas toda la razón, te la doy”.


“As Cuñadas” é unha comedia pero esconde tras de sí un drama: o drama de 8 mulleres apreixadas nun mundo de homes. Unha comedia “áceda” ambientada a finais dos anos 70:a comedia dos cupóns Spar.

2 comentarios:

  1. pois estou en contra de ir pasear ao parque
    aturar a tanta xente!!!

    ResponderEliminar
  2. ¡que no decaiga el ánimo por el teatro en la USC!
    la cultura siembra conocimiento...

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.