Crítica teatral: Atra Bile, de Teatro de Ningures

Atra Bile
Teatro de Ningures

Dirección: Etelvino Vázquez

Elenco:
Sonia Rúa
Casilda Alfaro
Josi Lage
David Novas
Fran Paredes
Texto: Laila Ripoll

 

CRÍTICA TEATRAL
Carla Capeáns (unha princpiante)


Estaba cansa, moi cansa e por uns intres pensei: "hoxe teño que aproveitar para estudiar, espero que teñan algunha función preto de Santiago". Pero a cousa non vos foi así. Por un intre pensei: E si me perdo algo xenial? E si perdo de aprender algo novo? Erguinme e fun. Era visto, o teatro pode con todo!
E si, foi algo xenial. O certo é que ía un pouco ás escuras. Normalmente antes de asistir a algunha función intento ler a sinopse e enterarme do reparto...pero desta vez non puido ser. Difícil foi recoñecer a Casilda Alfaro así de primeiras; a última imaxe teatral que tiña dela era a do Tartufo de Moliere (xa fai disto algún tempo).

Unha boa creación de personaxe sobre todo a nivel corporal e vocal. Josi Lage merece unha mención a parte: non sabería explicar o que removeu en min o personaxe de Aurora. Foi algo que xamais me acontecera no teatro. Tentei imaxinar o futuro dese personaxe. O pasado iamolo descubrindo aos poucos, pero Aurora tiña un futuro.
Xógase co tempo, coa iluminación, cos sons, coa tristura, coa angustia... quizais Realismo Máxico? Pode ser. Boas foron as clases daquela mestra que soñaba ao falarnos do Realismo Máxico, de Rulfo, de Borges... Influencias de "A Casa de Bernarda Alba" na creación do texto e do personaxe. Ambiente de soidade, de opresión, de traxedia ao fin.

E quedo cunha frase: "Lembrei o movemento"


© Carla Capeáns Pardo, 2012

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.