Crítica teatral: Atra Bile, de Teatro de Ningures

Atra Bile
Teatro de Ningures

Dirección: Etelvino Vázquez

Elenco:
Sonia Rúa
Casilda Alfaro
Josi Lage
David Novas
Fran Paredes
Texto: Laila Ripoll

 

CRÍTICA TEATRAL
Carla Capeáns (unha princpiante)


Estaba cansa, moi cansa e por uns intres pensei: "hoxe teño que aproveitar para estudiar, espero que teñan algunha función preto de Santiago". Pero a cousa non vos foi así. Por un intre pensei: E si me perdo algo xenial? E si perdo de aprender algo novo? Erguinme e fun. Era visto, o teatro pode con todo!
E si, foi algo xenial. O certo é que ía un pouco ás escuras. Normalmente antes de asistir a algunha función intento ler a sinopse e enterarme do reparto...pero desta vez non puido ser. Difícil foi recoñecer a Casilda Alfaro así de primeiras; a última imaxe teatral que tiña dela era a do Tartufo de Moliere (xa fai disto algún tempo).

Unha boa creación de personaxe sobre todo a nivel corporal e vocal. Josi Lage merece unha mención a parte: non sabería explicar o que removeu en min o personaxe de Aurora. Foi algo que xamais me acontecera no teatro. Tentei imaxinar o futuro dese personaxe. O pasado iamolo descubrindo aos poucos, pero Aurora tiña un futuro.
Xógase co tempo, coa iluminación, cos sons, coa tristura, coa angustia... quizais Realismo Máxico? Pode ser. Boas foron as clases daquela mestra que soñaba ao falarnos do Realismo Máxico, de Rulfo, de Borges... Influencias de "A Casa de Bernarda Alba" na creación do texto e do personaxe. Ambiente de soidade, de opresión, de traxedia ao fin.

E quedo cunha frase: "Lembrei o movemento"


© Carla Capeáns Pardo, 2012

Crítica teatral: As Actas Escuras do CDG no Salón Teatro


CRÍTICA TEATRAL
Carla Capeáns

Ruptura coa producción pasada “As Dunas Free Spa”, polo texto, pola temática e pola dirección. Aínda que n’O xogo de Yalta. After play de Teatro do Atlántico a dirección de Xulio Lago non rematou de convencerme (quizais pola pouca dinámica do texto ou por algunhas culleradas de sobreafectación), n’As Actas Escuras a percepción mellorou. Os cambios continuos de escea facían que o espectador non perdera en ningún momento a concentración na historia. Cambios de escenografía excelentes no tempo e na forma. O fume do tren e o reloxo da estación lembroume por uns intres a unha das escenas d’O Xogo de Yalta. Un traballo de concentración importante pola diversidade de papeis que algúns dos actores interpretaba e tamén un bo traballo de creación de personaxe no caso de Xosé M. Oliveira Pico. Por certo, unha boa parella Ricardo de Barreiro e Pico (xa era boa n’A Piragua, pero na nova producción do CDG aínda mellora).

As actas escuras, do CDG no Salón Teatro

Volvo, xa no 2010 para comunicarvos que o CDG estreará este venres "As Actas Escuras"de Roberto Vidal Bolaño e baixo a dirección de Xulio Lago, no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Aínda que o venres 15 só se admitirá a entrada a aqueles que posúan invitación estará en cartel dende ese mesmo día 15 ata o 7 de febreiro nos seguintes horarios:
    · Función de estrea: venres 15 de xaneiro ás 21.00 h (Entrada con invitación)
    · Funcións: venres e sábados ás 20.30 h; domingos ás 18.00 h
    · Funcións escolares: mércores e xoves ás 10.30 h

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.