Estrea de Carta Urxente para Máximo Toxo, de Diego Rey

talia teatro galego infantil carta urxente para maximo toxo

      Talía Teatro estrea hoxe, ás 17:00h no Milladoiro, "Carta urxente para Máximo Toxo" escrita e dirixida por Diego Rey e interpretado por Dani Trillo e Marta Ríos.

      Máximo Toxo é un escritor de gran talento que vive aillado por mor dunha alerxia ao contacto humano. O seu obxectivo é  escribir a obra perfecta. Pero todo mudará coa chegada da carteira Belinda.

      Alí estaremos! Dentro dunhas horiñas saberemos que agocha esa "Carta urxente para Máximo Toxo".

"Historia de Pura e Angelita" é a nova produción da Aula de Teatro da USC

      O día 21 de Decembro, a Aula de Teatro da USC estrea a súa nova produción: "Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimiento mordaz."


 Historia de Pura e Angelita
Pequeno divertimento mordaz

Data: 21 de decembro
Lugar: Salón Teatro
Hora: 20.30h

Dirección: Roberto Salgueiro
Elenco (por orde de intervención):
Carla Capeáns - Bea Méndez - María Munín, Cristina Amboage - Ana Conde -  Inma Vila - Roi Méndez



Blog Aula de Teatro USC: http://auladeteatrodausc.wordpress.com/

Crítica teatral: "Salomé", do Centro Dramático Galego (CDG)

teatro-salome-oscar-wilde-critica-teatral-maria-mera

Salomé
do Centro Dramático Galego
· Autoría: Óscar Wilde
· Elenco:
  María Mera
  Pepe Penabade
  María Salgueiro
  Hugo Torres
  Marcos Correa
  Alberte Cabarcos
· Dirección e dramaturxia: Carlos Santiago
· Tradución e adaptación: Pepe Sendón

CRÍTICA TEATRAL [función 27/Nov/2010]
Carla Capeáns 
      Eran moitas  as espectativas (boas ou malas) que se formaron en torno á nova producción do Centro Dramático Galego: Un cambio na directiva do CDG, unha "posta en escena arriscada" (tal e como nolo anunciaban), un "texto difícil", un "non cambio no texto pero sí no contexto", pegadas electorais e publicidade ata nos autobuses composteláns.

Crítica teatral: "Limpeza de sangue" de Espello Cóncavo


teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral

Limpeza de sangue
de Espello Cóncavo

Autoría: Rubén Ruibal

Dirección: Arturo López

Elenco:
Sergio Zerraeta

Oswaldo Digón
Xavier Pan
 Fernando Morán
X.C. Mejuto
Teresa Horro
Estíbaliz Veiga
Rodrigo Roel


Crítica teatral
Carla Capeáns (unha principiante)

      Entro na sala e non soaba música. Durante os dous primeiros pasos despois de cruzar a porta pensei que era unha boa forma de comezar: a telón aberto, sen música de fondo, unha escenografía escura; un ambiente sórdido, frío. A falta dunha música que acompañara a procura dunha butaca acompañaba a sentir ese ambiente frío. Pero foi sentar na butaca e cambiar totalmente de opinión: actores que entraban e saían de detrás do escenario, que camiñaban e corrían pola sala, falando cos técnicos,etc e todo isto non como personaxes, senón como actores.

     A escenografía era demasiado complexa para a simplicidade da historia. Non se explotou suficientemente a idea principal, a historia que estaban a contar, e suplían esa carencia con esa escenografía grandiosa, con infinidade de decorados. Había algún que outro cambio de escenografía que se facía só para que un personaxe pronunciara unha única palabra. Si esa intervención tivera un peso importante xustificaríase ese cambio pero non sendo así, estariamos ante un cambio totalmente innecesario.

teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral
  Tamén atopei certas incoherencias na concepción do espectáculo: en todo momento se buscaba o maior realismo posible tanto nas accións (por exemplo, un drogadicto meténdose un chute, o proceso de diálise) como no espacio que rodeaba esa acción (carteis nas paredes, etc). Ese realismo, en ocasións era excesivo e daba a impresión totalmente contraria (a de estar aí sen un porqué, por poñelo). Esa procura do realismo chocaba por exemplo co vestiario dos personaxes de Clemente e Fernando (demasiado limpo, pranchado, novo e pouco manoseado para seren drogadictos ou exdrogadictos que viven en condicións non moi asentadas) e o bolso baleiro do personaxe de Mucha.
teatro ruben ruibal limpeza de sangue critica teatral
  Non se respetaba o espacio escénico delimitado. Incluso había escenografía que se situaba fóra dese espacio escénico (por exemplo unha mesa coas patas sitaudas no baleiro...) Si esa problemática vén producida polas dimensións reducidas do escenario, cómpre advertirlle aos actores que respeten o espacio e que coiden a posición dos pés dos seus personaxes. Ademáis, eran constantes os desequilibrios de escea. Estaban demasiado encaixadas, a escenografía era demasiado "pesada", "monumental" e daba a sensación de encaixamento, de imposibilidade para o desenrolo.

     O ritmo da peza era demasiado lento (2h de duración do espectáculo aproximadamente), os personaxes estaban pouco definidos e ás veces pouco seguros co corpo. Gustáronme moito as personaxes de Raul Varo "Gari", moi coherente cos seus movementos, coa concepción dos seus dous personaxes (curtiños pero moi interesantes). Gustei tamén da naturalidade de Sergio Zearreta, da calidade das súas improvisacións e do ritmo que lle imprimía ao personaxe aínda que en ocasións isto conxugado coa lentitude do conxunto da peza non resultaba o máis axeitado.

© Carla Capeáns Pardo, 2012

Cursos de formación teatral na Aula de Teatro da USC

   A Aula de Teatro da USC (Universidade de Santiago de Compostela) presenta os novos cursos de formación teatral para o curso 2010-2011.Achégovos a información sobre os cursos que se realizarán na Sala Roberto Vidal Bolaño (Campus sur, de Santiago de Compostela)

roberto leal teatro galego

TALLER DE ARTE DRAMÁTICA 1: Iniciación á interpretación
Profesor: Roberto Leal
Datas: 25,27 outubro / 3,8,10,15,17,22,24,29 novembro / 1,13,15,20,22 decembro
Horario: 12,00 – 14,00

Crítica teatral: "Cásting (a comedia)" de Lagarta lagarta


casting teatro galego ernesto chao maria bouzas
Imaxe de http://lagartalagarta.blogspot.com
Cásting (a comedia)
de Lagarta lagarta
Autoría: Roger Justafré


Elenco:
María Bouzas
Ernesto Chao
Belén Constenla
Rocío González
Alberto Rolán


Dirección: Rosa Álvarez
Adaptación e tradución: Roberto Salgueiro


Crítica teatral
Carla Capeáns (unha principiante)

    "CÁSTING: proba que se lles fai aos actores e modelos para seleccionalos para un traballo". Probas de texto, improvisacións, movementos coreografiados, obstáculos e moito spray para aclarar a voz. Ese é o camiño que percorren os personaxes de Cásting. O seu camiño, o de todos os actores e o de calquer espectador.
    Con esta peza, a compañía Lagarta lagarta dou un xiro notable na súa temática habitual.  "O Segredo dos Hoffman", ao igual que "Aeroplanos", ou incluso "As últimas lúas" bebían dun drama con algunha que outra cullerada de comedia agochada (menos apreciable n'As últimas lúas). Con "Fobias" (o primeiro espectáculo que vin de Lagarta lagarta e do primeiro que podo opinar) e "Carambola (cóncavo convexo)" a compañía experimentou o xénero da comedia negra, pero co seu último espectáculo Lagarta lagarta opta por investigar nunha comedia con tinturas farsescas.

casting teatro galego ernesto chao maria bouzas
Imaxe de http://www.centrodramatico.org/
    A historia de dous actores que desexan esquecer o "xa te chamaremos" para ser os protagonistas dun texto clásico é tan só un pretexto para falar de desenganos, de mentiras, de ilusións e de amoríos rebeldes. A execución da peza depende en boa parte dos efectos lumínicos, dos textos de led (a modo de entremés e en ocasións excesivos na miña opinión) e de proxecións sonoras. Éstas últimas teñen un papel moi importante na continuidade do espectáculo pois dalgún xeito crean unha terceira dimensión que sobrepasa o propio patio de butacas e xenera no espectador unha falsa ilusión sobre quen será aquel que dirixe ao actores dende alá enriba. Por momentos o texto dalgunha das proxeccións perdíase na inmensidade da sala e facíase complicado captar o que transmitían esas voces en off, producto quizais da  mala acústica do teatro ou simplemente por problemas técnicos.
    A escenografía tamén ten un papel importante na consecución do espectáculo. En especial, a presencia dunhas escaleiras metálicas sitas no centro do escenario (perfectamente iluminadas) creo que lle dou aos actores moito xogo por exemplo á hora de preguntarse sobre cómo debe baixar as escaleiras unha personaxe que se dirixe a unha proba ou polo contrario, cómo debe subilas cando esa mesma personaxe vén de realizar esa mesma proba sen esperanzas dunha futura chamada telefónica. Cousas sinxelas que enriquecen a interpretación e o conxunto da peza.
casting teatro galego ernesto chao maria bouzas
Imaxe de http://www.centrodramatico.org

    A peza comezou a telón aberto, cos actores sentados en cadeiras e de costas ao público. A xente asentábase na súa butaca mentras as personaxes ían xogando coa música de fondo. Entrar no teatro e atoparse de súpeto cos actores é algo que normalmente o espectador non agarda e dalgún xeito atrae a espectación dese público que no canto de falar ou comentar a viva voz o que fixeron esa tarde, atende xa desde un principio ao que acontece sobre as táboas dese escenario.
   
    Esas cadeiras que ao principio do espectáculo se situaban preto do proscenio, unha vez iniciada a peza pasaron a formar parte da escenografía pero situadas na parte traseira do escenario. Despois das escaleiras metálicas, esas cadeiras onde as personaxes esperaban ou contemplaban o que acontecía eran outro dos puntos importantes na peza. Os actores estaban en escea en todo momento, observando tal e como o faría un espectador máis pero dende unha posición privilexiada. É nestos casos onde se "corre o risco" de que alguén dó público bote unha ollada indiscreta ao que acontece nesa outra dimensión por iso creo que é moi importante a concentración para non saír da personaxe e actuar como o faría esa personaxe. 
    E algo parecido ocorre nas entradas e saídas de escea. En xeral, as personaxes mantían un "rictus" característico propio (como por exemplo Ernesto Chao na personaxe de Andrés ou María Bouzas) e creo que noutros casos  esa coherencia que se debe manter nos cambios de escena, se perdía por momentos. Un exemplo, pode ser a personaxe de Carlos que parecía atopar dificultades á hora de poñer e sacar as gafas cada vez que entraba ou saía de escena, aínda que observando outra posibilidades podía tratarse dunha característica propia da personaxe.

casting teatro galego ernesto chao maria bouzas   En xeral as personaxes mantían un nexo común que era ese punto de comedia unida á farsa ainda que menos notable nas personaxes de Andrés (Ernesto Chao) e de Carlos (Alberto Rolán). María Bouzas, coa súa personaxe Actriz, estivo perfecta en todo momento. Controlaba todo o que acontecía en escena, respondía con coherencia respecto dos demáis aínda que non levara ela o peso da acción. Pequenos detalles que enriquecían a personaxe e que lle permitían experimentar no campo da improvisación. Noutro punto atopábase a personaxe de Eva. Mantiña ese nexo común a todos as personaxes pero en deteminados momentos daba una sensación de descontrol e incluso incoherencia. Incoherencia, por exemplo, cando Eva (Rocío González) tentaba baixar a súa minisaia cando a aparentemente éla era todo pasión, desenfreno e sensualidade.
   En deteminados momentos facíase longa pero logo volvía a coller ritmo. Un texto adaptado con perfección á realidade e actualidade galega con culleradas dese humor que tanto caracteriza os traballos de Roberto Salgueiro. Unha peza para rir e coñecer o mundo dos actores dende o teatro.

© Carla Capeáns Pardo, 2012

Programación da Feira Galega das Artes Escénicas 2010

feira galega artes escenicas
Achégovos a programación da Feira Galega das Artes Escénicas 2010 que se celebrará en Santiago de Compostela os días 18, 19, 20 e 21 de Outubro. Si vos percatades dalgún erro comunicádemo, por favor. Espero vervos nalgún dos espectáculos!



LUNS 18 OUTUBRO


16:00 h - Auditorio de Galicia (Sala Mozart): "Na meta (sálvese quen poida)" de ÓNFALO TEATRO 
18:30 h - Sala Capitol: "Hildegard" de TEATRO del VELADOR [danza]
20:15 h - Teatro Principal: "A Nona" de TEATRO do MORCEGO
23:25 h - Salón Teatro: "Homes...mulleres: o paraíso terreal" de TEATRO de NINGURES



MARTES 19 OUTUBRO


10:30 h - Auditorio de Galicia (Sala Mozart): "Botazz! O swing do jazz" de GALITOON
12:00 h - ARTeria Noroeste (Teatro): "La casa del abuelo" de LA ROUS [teatro infantil]
13:05 h - ARTeria Noroeste (Adrio): "Tulipanes" de DLOIRA [showcase de danza]
16:30 h - Aula de Cultura CAIXA GALICIA: "A filla de Woody Allen" de SANTIAGO CORTEGOSO
18:00 h - Sala Capitol: "Casting (a comedia)" de LAGARTA LAGARTA
20:15 h - Teatro Principal : "Sólodos" de SOLODOSneodans [danza]
23:15 h - Salón Teatro: "O incerto señor don Hamlet" de SARABELA TEATRO


MÉRCORES 20 OUTUBRO


10:30 h - Auditorio de Galicia (Sala Mozart): "Frankenstein" de GHAZAFELLOS
12:15 h - ARTeria Noroeste (Teatro): "O día que chegou unha nube e choveu" de TÍTERES TROMPICALLO
12:50 h - ARTeria Noroeste (Adrio): "Sí quiero" de ENTREMANS [showcase de danza]
16:30 h - Aula de Cultura Caixa Galicia: "Ordem e progresso" de ABADA TEATRO - CARLOS BLANCO
18:30 h - Sala Capitol: "Memoria de Helena e María" de TEATRO do ATLÁNTICO
20:15 h - Teatro Principal: "In" de ELEFANTE ELEGANTE
23:15 h - Salón Teatro: "Volpone" de TALÍA TEATRO


XOVES 21 OUTUBRO


12:00 h - ARTeria Noroeste (Teatro): "Mensaxe sen botella" de CARAMUXO TEATRO
12:50 h - ARTeria Noroeste (Adrio): "Cara pintada, el salto de la rana y otras pequeñas historias" de JANES NOVÁS [showcase de danza]
16:00 h Auditorio de Galicia (Sala Mozart): "Del maravilloso mundo de los animales: los corderos" de HISTRIÓN TEATRO
18:30 h - Sala Capitol: "ShurePG48" de LA MACANA [danza]
20:15 h - Teatro Principal: "Un cranio furado" de PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS
23:15 h - Salón Teatro: "Circo á feira, racións de Novo Circo Galego" [circo]


Imaxe de AGADIC

Lagarta lagarta con Casting (A Comedia)

CRÍTICA TEATRAL de "Cásting (A Comedia") [clic aquí]

Hoxe, no Salón Teatro ás 20:30h, Lagarta lagarta presenta a súa nova produción: "Casting (a comedia)" con Ernesto Chao, María Bouzas, Rocío González e Alberto Rolán baixo a dirección de Rosa Álvarez.



casting teatro galego ernesto chao maria bouzas
DATOS de INTERESE

Casting (a comedia) de Roger Justafré
- Adaptación e traducción: Roberto Salgueiro
- Dirección: Rosa Álvarez
- Elenco: María Bouzas, Ernesto Chao, Belen Constenla, Rocío González e Alberto Rolán.

A Rocío González lémbroa en "Regreso ao Deserto" do CDG e moi especialmente en "A boa persoa de Sezuan" (do CDG) onde actúaba xunto a Rosa Álvarez e Alberto Rolán. Teño moitas ganas de vela de novo sobre as táboas do escenario.
Hoxe, vémonos no Salón Teatro ás 20:30h.


Non sabía da súa existencia. Lagarta lagarta, a compañia de teatro de Ernesto Chao e Rosa Álvarez ten un blog na rede.
Déixovos o link do seu blog onde poderedes informarvos das próximas actuacións e novas da compañía.Agora só falta ter a Lagarta lagarta no FACEBOOK!!!!

Funboa Escénica, con Oiseau Rebelle

roteiro de creacion
Imaxe de Roteiro de Creación (Facebook)
Dende fai 4 anos aprox. celébrase en Santiago de Compostela o Roteiro de Creación, un evento cultural que ten como finalidade dar a coñecer ao público o traballo dos creadores a través da organización de cursos, talleres, conferencias e xornadas de portas abertas.

funboa escenica teatro galego cristina balboa
Imaxe de Funboa Escénica (Facebook)
E dentro do Roteiro de Cración, Funboa Escénica presentaranos (o sábado día 25) un avance do seu proceso de creación "Oiseau Rebelle" na verbena artística "Episodio Piloto". O domingo 26, Paulina Funes (de Funboa Escénica) presenta a súa performance VIRXE-PUTA-NAI.

DATOS de INTERESE

Avance do proxecto "OISEAU REBELLE" de Funboa Escénica con Cristina Balboa e Paulina Funes.


- DÍA: Sábado 24
- HORA: 21:00h
- ÓNDE: Aldea de A Peregrina*


Performance "VIRXE-PUTA-NAI" de Paulina Funes


- DÍA: Domingo 25
- HORA: 19:00h
- ÓNDE: Aldea de A Peregrina*


*CÓMO CHEGAR:
Hai que saír de Santiago pola estrada que vai a Santa Comba (AC-404) ou o que é o mesmo, saír polo barrio de Vista Alegre. Unha vez pasada a ponte do Romaño, collemos un cruce a man dereita no que está indicado A Peregrina. Seguindo esa estrada durante 1 km encontraremos un pequeno cruce a man esquerda que está xusto antes da aldea de A Peregrina, collémolo. O espazo é a segunda casa. En total son uns 5 ou 6 km dende o centro de Santiago. [Información de Funboa Escénica - Facebook]




Crítica Teatral: "Life is a paripé" de Obras Públicas

life is a paripe teatro galego obras publicas
Imaxe de http://lifeisaparipe.blogspot.com/

Life is a paripé
Obras Públicas


Elenco:
César Goldi
Iolanda Muiños
Mos


Dirección: Jose Prieto




Crítica Teatral
Carla Capeáns (unha principiante)


A vida é un paripé. PA-RI-PÉ, que ben soa! Parece unha desas palabras que o bebé balbucea no berce. E certo é que xa dende o berce aprendemos e aplicamos correctamente a definición deste substantivo (que ben podería proceder dunha mala traducción do francés).
"Life is a paripé" é iso: paripé. O núcleo, o nexo do espectáculo é o paripé, a simulación. É algo que sobrevoa o escenario e que pronto contaxiou ao patio de butacas. Ás veces non é fácil manter ese nexo cando o espectáculo diverxe da historia convencional (introducción-nó-desenlace) e é entón cando o espectador perde o interese ou simplemente cansa ao tentar buscar un algo que o una todo. Un espectáculo diferente que de primeiras sorprende. Durante os dous primeiros minutos tiña a sensación de non intuir cal ía ser o seu plantexamento, cal era a idea do director. E iso é realmente positivo.

life is a paripe teatro galego obras publicas
Imaxe de http://lifeisaparipe.blogspot.com/

Como diferenciar o mundo do paripé do mundo da non-esaxeración? A disposición dos personaxes respiraba farsa, esaxeración, movementos repetitivos e marcados.
Os actores -en escea- participaban e actuaban  como espectadores cando non levaban a carga interpretativa, ese era o mundo da "non-esaxeración".

En moitas ocasións, introducir momentos musicais entorpece (ou empeora) o conxunto teatral. Cando se introducen imaxes, elementos ou mesmo determinadas marcas sempre hai que atender a un porqué. Cando se fai porque sí, porque quedan bonitas ou porque fan gracia córrese o risco de que produzan o efecto contrario no espectador porque non entran nese conxunto. Non é unha tarefa fácil, é certo, pero neste caso a música sí formaba parte dese conxunto. Non eran momentos aillados dentro do espectáculo senon que nalgúns intres era a propia dinámica do espectáculo a que pedía desas músicas adaptadas con atino. Gustaríame ver de novo a peza nun escenario distinto ao dun teatro, quizais de dimensións máis reducidas.

E agora si mo permitides, guataríame falarvos un chisco de Iolanda Muiños. O audiovisual en moitas ocasións coarta a liberdade do actor á hora de construir un personaxe e transmitir ese traballo aos espectadores. Por iso para saber cómo traballa realmente un actor cómpre velo sobre as táboas dun escenario. Iolanda Muiños é unhas das poucas actrices que me agrada, conxuntamente, no audiovisual e no teatro. Gustei moito do seu traballo na "Piragua" do CDG [Dirección de Cándido Pazó] especialmente nas  esceas de Commedia dell'arte coordinadas por Avelino González e dende agora gustarei tamén de oíla cantar.
 
© Carla Capeáns Pardo, 2012

Moito ánimo Andaravía!

     Desde este pequeno recuncho gustaríame darlle moitos ánimos ao grupo de teatro Andaravía Teatro da Asociación Cultural Papaventos do Concello de Vedra. Ían viaxar a Bos Aires  para representar a peza teatral "Bicos" e  conmemorar así o centenario das sociedades emigrantes de Vedra. Pagaron preto de 15.000 euros polos billetes con destino a Bos Aires xunto coa estancia no hotel e xusto un día antes de cruzar o Atlántico comunícanlle que a axencia de viaxes, sita en Compostela, non realizara as reservas.
andaravia teatro afeccionado fegatea
Eles son uns bos amigos e dóeme na alma o que lles pasou. A ilusión xa non se pode recuperar. Tan só espero que poidan recuperar, ó menos, o perdido.
 
Moito ánimo! Sabedes que dende aquí sempre teredes o meu apoio para o que precisedes!
 

Premios FETEGA: Festival Teatro Galego do Carballiño

XURADO do Festival de Teatro Galego do Carballiño concedeu os seguintes premios:


festival teatro carballiño fetega
Imaxe de www.teatrodeningures.com


Premio Mellor Actor: Fran Paredes
- Espectáculo: "Homes...Mulleres: O paraíso terreal"
- Compañía: Teatro de Ningures









festival teatro carballiño fetega
Imaxe de www.teatrodeningures.com


  Premio Mellor Actriz: Sonia Rúa
  - Espectáculo: "Homes... Mulleres: O paraíso terreal"
  - Compañía: Teatro de Ningures












Os ESPECTADORES do Festival de Teatro Galego do Carballiño concederon o:


festival teatro carballiño fetega
Imaxe de http://lifeisaparipe.blogspot.com
Premio ao Mellor Espectáculo: "Life is a paripé"
- Compañía: Obras Públicas
- Dirección: Jose Prieto
- Elenco: César Goldi, Iolanda Muiños, Mos

Adrián Usero: Quimeras de Santiago

Non podía escribir de novo no blog si non era para presentarvos a Adrián Usero. Seguro que moitos de vós xa coñecedes a este cantautor pero para os que non... aí vos deixo a súa canción "Quimeras de Santiago", escrita en Galego (a pesares de non ser el galego). Algo do que moitos deberían tomar exemplo.





+ INFO en:
- A WEB de Adrián Usero: http://www.adrianusero.es/index.html
- BLOG de Adrián Usero: http://www.gatosverdes.blogspot.com/

"Life is a paripé" de Obras Plúbicas


CRÍTICA TEATRAL de "Life is a paripé" [clic aquí]


life is a paripe teatro galego obras publicas
Imaxe de http://lifeisaparipe.blogspot.com/
DATOS de INTERESE
ÓNDE: Salón Teatro de Compotela
DÍAS: 10 e 11 de Setembro
HORA: 20:30


Así fala a súa WEB: "75 minutos de humor dividido entre 11 escenas e pico, multiplicado por 2 intérpretes masculinos sumados a 1 intérprete femenina dá como resultado: 33 por cento de música máis  33 por cento de teatro máis 33 por cento de cachondeo, o que dá un total final de 100 por cen de paripé.



    
     Os paraugas inundan Compostela. O fin do verán trae consigo a nova tempada teatral. O venres 10 de Setembro o Salón Teatro abre de novo as súas portas co espectáculo "Life is a paripé" da compañía Obras Públicas. Un teatro diferente...un teatro en forma de sketches en ton humorístico que presentarán en Compostela Iolanda Muiños, Mos e César Goldi baixo a dirección de Jose Prieto.


     Ata o de agora as pezas que vin dirixidas por Jose Prieto non me disgustaron e incluso podo dicir que algunha me marcou especialmente como ocorreu con "Fobias", de Lagarta lagarta. Alí descubrin a Rosa Álvarez. Desde entón só sei unha cousa: algún día gustaríame saber a metade do que ela sabe.



     Eu este fin de semana farei un esforzo... apurarei o estudo e autorregalareime uns minutiños de descanso no teatro. Que ganas tiña eu de volver a ver teatro. Canda vez que pasaba pola Rúa Nova pensaba: "que ganiñas de sentarme nunha desas butaca".




+ INFO en:
*Consulta o dossier do espectáculo "Life is a paripé" de Obras Públicas
http://www.agadic.info/imxd/noticias/doc/1283509449dosier_paripe.pdf

FETEGA: Festival de Teatro Galego do Carballiño

     Logo de estar uns días sin pasarme por estos lares volvo para informarvos dunha cousiña. O 7 de setembro arranca a séptima edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño.


festival teatro carballiño fetega teatro galego
DATOS de INTERESE
ÓNDE: Auditorio do Carballiño
HORA: 22:30h
*Venres 10 ás 22:00h


- MARTES 7 de Setembro
 "Life is a Paripé" de Obras Públicas


- MÉRCORES 8 de Setembro
"Homes...Mulleres" de Teatro de Ningures


- XOVES 9 de Setembro
 "Wake Up" de Nut Teatro


- VENRES 10 de Setembro ás 22.00 h
GALA conducida por Josito Porto e ENTREGA de PREMIOS (Premio honorífico a Vicente Montoto)






+INFO en:
http://www.fetega.com/
http://carlacapeans.blogspot.com/2009/09/v-festival-de-teatro-galego-do.html

Última función de As Cuñadas da Aula de Teatro da USC

ÚLTIMA FUNCIÓN


As Cuñadas de M. Tremblay
(Versión libre de Roberto Salgueiro)
Dirección: Roberto Salgueiro
Aula de Teatro da USC


DÍA: 22 de Agosto, domingo
HORA: 21:30h
ÓNDE: Cee Mostra de Teatro de Cee




O domingo 22, ás 21:30h As Cuñadas despídense na Mostra de Teatro de Cee. Despiden un ano cheo de traballo, de viaxes, de experiencias únicas...
Será a última actuación d' As Cuñadas da Aula de Teatro da USC.
Crear un personaxe ou unha peza teatral é como criar un meniño, como ben dixo él. Enxendramos os personaxes; o día da estrea parímolos e ao longo da xira medran e medran ata que chegan á maioría de idade.


+ INFO en:
WEB Mostra Teatro Cee: http://mostradeteatro23.taliateatro.es/
Facebook d'As Cuñadas: http://www.facebook.com/?ref=logo#!/aulateatrousc?ref=ts
Blog Aula de Teatro USC: http://auladeteatrodausc.wordpress.com/

Conversatorio con Quico Cadaval

O mércores 18 de Agosto Quico Cadaval, no escaparate da tenda Ámboa de Santiago de Compostela, retoma a súa performance "Conversatorio" no entorno do Festival dos Abrazos.


Imaxe de http://www.excentricas.net/


DATOS DE INTERESE


TÍTULO: Conversatorio
CON:  Quico Cadaval
LUGAR: Escaparate da tenda Amboa de Santiago de Compostela (Rúa Nova)
HORARIO: de 16:00h a 21:00h
PREZO: 1€








Enmárcase no xénero da performance. É unha peza/espectáculo/ acto teatral aberto, en marcha ou o que vén sendo o mesmo... unha obra work in progress. Un traballo de improvisación no que Quico Cadaval conversará durante 9 minutos con todo aquel que desexe conversar baixo o control dun reloxo de xadrez. Non importa a temática, sexa íntima, social, cultural, etc.


As reglas son as seguintes:

- O falador dedicará 9 minutos a cada cliente

- O cliente decide canto tempo usará el/ela e canto tempo usará o falador.

- O cliente pode confesar, interrogar, divagar, polemizar... sobre calquera asunto, ocorrencia ou peripecia.

- O falador non estará obrigado a dominar o tema proposto máis conversará igualmente

- O falador comprométese a non difundir o que se fale. O cliente polo contrario, é libre de revelar o que quixer.


QUICO CADAVAL fala da performance "Conversatorio"




+ INFO en:
FESTIVAL DOS ABRAZOS: http://festivaldosabrazos.org/

23 Mostra de Teatro de Cee (do 22 ao 28 de Agosto do 2010)

O domingo 22 de Agosto comeza a 23 Mostra de Teatro de Cee (2010).  A programación divídese en catro sesións de teatro durante a xornada: sesión infantil, actuación na rúa, sesión de noite e por último unha sesión ás 24:00h.

HORARIO DE CADA SESIÓN
- Infantil: 12:30h
- Na Rúa: 20:15h
- Noite: 21:30h
- Á Deshora: 24:00h

Este ano, a compañia Talía Teatro presenta a seguinte programación teatral:
(Si te percatas dalgún erro, faimo saber. Graciñas)


Domingo 22 de Agosto
- INFANTIL: "Trogloditas" de Tanxarina
- Na RÚA: "Arrieiros" dos Quinquilláns
- Á DESHORA: "O turista madrileño" con Evaristo Calvo

Luns 23 de Agosto
- INFANTIL: "Dous pallasos en apuros" de Os 7 magníficos máis un
- Na RÚA: "Moucha, a meiga" de Pajarito
- NOITE: "O segredo dos Hoffman de Lagarta lagarta
- Á DESHORA: "A parábola da rá" de Malapécora Teatro


Martes 24 de Agosto
- INFANTIL: "Contos do ar" de Artestudio
- Na RÚA: "Ringo rango" de Pista catro
- NOITE: "Razóns de peso" de Pinguela


Mércores 25 de Agosto
- INFANTIL: "Valentino Rufini e akil pillabán de viaxe a Milán" de Talía Teatro 
- Na RÚA: "Traga tiérrame" de Roi Borrallas
- NOITE: "A filla de Woody Allen" de Cía. Santiago Cortegoso
- Á DESHORA: "De aquí e de acolá" con Marta Lado


Xoves 26 de Agosto
- INFANTIL: "Historia dunha semente" de Caramuxo
- Na RÚA: "O autoestopista intergaláctico" de Aitor Garuz
- NOITE: "Atra bille" de Teatro de Ningures
- Á DESHORA: "Laretadas" con Josito Porto


Venres 27 de Agosto
- INFANTIL: Batería de contos con Os contos de pablísimo
- Na RÚA: "Viaxes" de Lusco e fusco
- NOITE: "Life is a parité" de Obras Públicas


Sábado 28 de Agosto
- INFANTIL: "O home máis forte do mundo" de Rudidudi
- Na RÚA: "O pequeno cabaret de tolos" de Títeres de Alakrán
- Á DESHORA: "Contos que non falten" con Celso Fernández Sanmartín

 +INFO en
- WEB de TALÍA TEATRO: http://www.taliateatro.es/

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive