Estrela Cadente Teatre, compañía amateur

Estrela Cadente Teatre
Preséntovos a Estrela Cadente Teatre!!!! Este grupo está formado por unha compañeira coa que traballei no teatro universitario Tere Venteo (e tamén amiga) e Vanessa G. De la Fuente. Como elas din é "una compañía de aventureiras que buscan experimentar dende o teatro, a ilusión e a fantasia o mundo que as rodea e, se pode, aportar toda a luz que lles da a súa imaxinación.
Podedes visitalas en

Talía Teatro: Novo proxecto

Palabras encadeadas de Jordi Galcerán O día 30 de Abril no Salón de Actos do Concello de Cee estréase o novo espectáculo de Talía...palabras encadeadas.

Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.

Ficha técnica

Elenco: Toño Casais e María Ordóñez.

Dirección: Artur Trillo Axudante de dirección: Diego Rey

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2009

  • MELLOR ESPECTÁCULO: Unha primavera para Aldara de Teatro do Atlántico
  • MELLOR DIRECCIÓN: Xúlio Lago por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: María Bouzas por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Víctor Mosqueira por Obra (No comment)
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Rebeca Montero por A boa persoa de Sezuán
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Teresa Moure por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN: Avelino González e Olga Nogueira por Aeroplanos
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Suso Alonso por Obra (No comment)
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Xúlio Lago por Unha primavera por Aldara
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR MAQUILLAXE: Cristina Couto por Dame veleno, eu tamén soñar

"Valentino Rufino e Âkil Pillabán", de Talía Teatro


Talía Teatro pon en escena "Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)", dirixida por Roberto Salgueiro e protagonizada por Dani Trillo e Diego Rey. Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia.

A Pensión, de Redrum Teatro

"A Pensión" é un conto de suspense que explora as consecuencias da soidade. Un mundo interior complexo, producto do esquecemento, do aillamento e da falta de comunicación, fala de cómo todos estos factores poden corromper ao ser humano e quitarlle a capacidade de emocionarse e de ser feliz. Todo esto desemboca nunha existencia gris, marcada polo silencio, pola desconfianza e a obsesión.

       FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA    
· Dirección: Álex Sampayo
· Elenco: Guillermo Carbajo, Rosa Álvarez, Tamara Canosa

"Xogos á hora da sesta", Aula de Teatro da USC

     Con motivo do XV Festival Internacional de Teatro Universitario a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela volve aos escenarios coa produción teatral 'Xogos á hora da sesta', de Roma Mahieu, versionada e dirixida por Cándido Pazó. "Xogos á hora da sesta" é un texto da arxentina Roma Mahieu publicado en 1976. A autora inspirouse nun grupo de meniños que xogaba no parque do seu barrio e a crueldade que mostraban entre eles espertou en Mahieu a necesidade dunha reflexión, que a levou a crear unha metáfora sobre o auxe de ditaduras que sufría América Latina. Esta creación foi adaptada por Cándido Pazó por vez primeira en 1991.

         FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA      
· Autor: Roma Mahieu
· Tradución, adaptación e dirección escénica: Cándido Pazó
· Elenco: Begoña G. Méndez, Alberto Martínez, Ramón Insua, Beatriz Méndez, Natalia Ibáñez, Ana M. Ponte
· Escenografía: Carlos Alonso
· Vestiario: Belén Pichel e Carlos Alonso
· Música: Samuel Alonso
· Iluminación: Afonso Castro
· Axudante de dirección: Belén Pichel

Nominados aos Premios de Teatro María Casares 2009



MELLOR MAQUILLAXE
   · Cristina Couto por Dame Veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro)
   · Fany Bell por Periferia (Voadora)
   · La Canalla por Game Over (caChuzo)

MELLOR VESTIARIO
   · Carlos Alonso, Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico)
   · Clotilde Vaello, Frida (A Internacional)
   · Ruth D. Pereira, Dame veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro)

Novo espectáculo do CDG: "As dunas free spa"



Un cabaré sobre o paraíso perdido. A paisaxe sinxela da infancia destruída, ironicamente, polo paraíso en cápsulas que é o turismo. A destrución do rostro dun país como unha catástrofe de cirurxía plástica, a ruína sentimental escenificada coralmente por un grupo de homes e de mulleres que procuran o amor sobre unha onda de cemento. O CdG estreou o pasado venres novo espectáculo e hoxe, domingo, o Salón teatro esgotaba as entradas. As dunas free spa é unha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo. Sobresae o traballo físico e a expresión corporal de todo o elenco. Elenco formado por artistas xa consagrados como Susana Dans ou Evaristo Calvo e outros procedentes do teatro universitario (nos próximos días dedicarei unha entrada ao meu tan querido teatro universitario).

       FICHA TÉCNICA e ARTÍSTICA       
   · Autor: Manuel Lourenzo 
   · Dirección: Quico Cadaval 
   · Elenco Lucinda: Paula Buján Serapio: Evaristo Calvo Helio: Manuel Cortés Lola: Susana Dans Cristian: Christian Escudero Melodrama: Mos Calí Caiate: Paulo Oliveira Eva: Iria Pinheiro Florencio Pardo: Rodrigo Roel Milo: Davide Salvado

Candidatos Premios María Casares 2009

O día 10 deste mes coñeceremos desde o Auditorio do Concello de Narón os nominados ós XIII Premios María Casares de Teatro. As compañías candidatas aos Premios de Teatro María Casares 2009 son:
Unha primavera para Aldara Teatro do Atlántico

Manuel Lourenzo e quico Cadaval no Salón Teatro


As Dunas, do CDG: Unha viaxe pola Mariña luguesa da man dunha tropa estrafalaria. Músicos, danzantes e cantores concentrados nunha vella nave industrial en desuso, a ensaiaren números musicais para un spa que vai ser a revolución da zona. Jazz, amor, explotación e aventura na raia costeira da Mariña oriental, de Barreiros á Ponte dos Santos.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive