Venres e Sábado Cultural en Bertamiráns

Rosa Cedrón e Cristina Pato: Soas Logo de camiñar por terras francesas no Festival de Lorient, o pasado venres 7 de Agosto actuaron en Bertamiráns (Ames) Rosa Cedrón e Cristina Pato no Pazo da Peregrina. “Soas”: así se chama o proxecto, un espectáculo intimista con temas propios e alleos. Vimos a unha Cristina diferente, a unha Cristina sentada ao pé do piano e a unha Rosa Cedrón soñando ao son da súa voz e viva ao son do violonchelo. María Soíña, Lela , a nai Lúa… o son dos meus soños.

Monicreques Fantoches Baj: "Rei, rei?"

Ao sábado seguinte, achegáronse ata Bertamiráns o grupo de Monicreques Fantoches Baj co seu espectáculo “Rei, rei?”. ¿Porqué os merlos ao cantar semellan dicir "rei, rei"?

Fantoches Baj construe os seus propios monicreques e mesmo adapta as historias para os meniños. “rei , rei” está basado nos “Nove contos e un de propina de Josef Capek". Pero…os monicreques, tan só son para os meniños? Os maiores tamén disfrutamos.

Nesa adaptación, Fantoches Baj fai alusións á nosa literatura galega: un dos personaxes parece imitar “Longa noite de pedra”. O mundo do Dereito é algo que me toca moi de preto polos estudos que curso e Fantoches Baj trátao desde o punto de vista do cativos. Usa unha terminoloxía axeitada e fácil de comprender. Por útlimo salientar que un dos compoñentes de Fantoches Baj foi o Fundados do Museo Galego de Marionetas con sede en Lalín.

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.