22 Mostra de Teatro de Cee: Agosto 2009

Talía Teatro organiza a 22 Mostra de Teatro de Cee que se celebrará entre o 23 e o 28 de Agosto. Este ano a Mostra de Teatro non tivo o apoio da Xunta.
Os xornais recollen a noticia:
A Diputación aporta 8.000; o Concello, 6.000, e a empresa Ferroatlántica, 2.500, mentras que a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura colabora «con 0 euros», como resaltou onte o director de Talía (Artur Trillo). Os responsables da compañía local Talía Teatro, que se encargan do festival, tiraron das súas relacións persoais para configurar un cartel máis que digno no que moitos dos artistas actúan simplemente polo pago dos gastos.

Membros de Talía Teatro na presentación de "Palabras encadeadas"

Estou con Artur cando dixo «Non queremos empregar isto como arma política, pero os cambios de goberno non se poden facer así. Teñen que ser coma unha carreira, e o relevo hai que dalo en marcha». Desde aquí, agradecer o esforzo que Talía Teatro e todo o Concello de Cee está a facer para que ésta sexa a Mostra de Teatro que Cee e toda Galicia merece.

Achégovos a programación:
Domingo 23 de agosto Infantil: "As tres mosqueteiras á procura de Dartañán" de O Aturuxo de Melpómene Rúa Aberta: "Residuo" de Malabaranda Noite: "Historias Tricolores" de Abrapalabra (Cándido Pazó) Á deshora: "Historias da miña historia" de Oswaldo Digón
Luns 24 de agosto Infantil: "Cucho, Coco e o dilema do 6" de Teatro Escena Rúa Aberta: "Un día de tralla" de Circo Expreso Noite: "Palabras encadeadas" de Talía Teatro Á deshora: "Este son eu" de Pepo Suevos
Martes 25 de agosto Infantil: "Babiliglub" de Galitoon Rúa Aberta: "Circo de tolos" de Circo Escarranchado Noite: "Iliria" de O Elefante Elegante Á deshora "Contrabando" de Avelino González
Mércores 26 de agosto Infantil: "Contos que non falten" de Celso Sanmartín Rúa Aberta: "Montagem" de Assircópatas Noite: "Comendo pementos de Padrón con Tarantino " de Acarrachanacacha Á deshora: "No censure" de David Amor
Xoves 27 de agosto Infantil: "O recuncho de Anabel" de Arela Miúda Rúa Aberta: "Nono" de Arturo Cobas Noite: "Brand" de Cámara Negra Á deshora:"Contos para os tempos perdidos" de Paula Carballeira
Venres 28 de agosto Infantil: "Contos das mil mañas" de Paula Carballeira Rúa Aberta: "De calle" de Rafaelo Noite: "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)" de Talía Teatro Á deshora (22.30 h.): "Fratelli Negroni, Swing e Mentiras" de Ruso Negro

2 comentarios:

  1. Mágoa que esta mostra, verdadeiro referente cultural na Costa da Morte, non entre no que o novo conselleiro considera cultura universal. parabéns a Artur Trillo e a todos os que fan posible esta gran aposta teatral dende hai 22 anos.

    ResponderEliminar
  2. É ben certo o que dis Carlos.
    Parabéns a Artur Trillo, a Toño Casais, a Dani Trillo e a Auri Ferreiro por todo canto están a facer.

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.