CDG: Premio de Honra Abrente 2009

     A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu XXV aniversario outorgou o Premio de Honra Abrente 2009 ao Centro Dramático Galego. O premio de Honra Abrente súmase ao premio dos espectadores, pois o CDG e o Salón Teatro pecharon a temporada 2008-09 con máis de 27.800 espectadores e 196 funcións.

 A acta di así:
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia decide conceder o Premio de Honra Abrente 2009 ao Centro Dramático Galego no seu XXV aniversario polo seu importante papel na configuración do teatro galego contemporáneo, pola súa defensa da creación dramática en lingua galega, pola contribución á progresiva normalización cultural e pola súa adicación, como institución pública, á posta en valor de novos axentes creadores e profesionais. O Premio de Honra Abrente quere poñer de relevo os esforzos, os afáns, os servizos e os desexos por avanzar no soño dun futuro teatro nacional que sexa capaz de ocupar, polo seu rigor e innovación, un lugar de referencia, interna e externamente, nas artes escénicas.

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.