"Bicos con lingua" de Talía Teatro con Artur Trillo e Toño Casais

No abril do 2003 Talía Teatro estreabra Bicos con Lingua. A partir dos textos de Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lama, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría, recollidos no libro Longa lingua Toño Casais e Artur Trillo levan 6 anos concienciando aos máis mozos do camiño que percorrerá a nosa lingua si a esquecen.
Bicos con lingua achegouse onte ate Milladoiro...e como non puido ser doutra maneira, o público respondeu!!!! Xa asistira fai algún tempo a unha das representación de Bicos con Lingua pero ás veces un sinte a necesidade de volver atrás no tempo para poder revivir novos momentos e novas gargalladas. E así foi.
Neste caso gustaríame poder falarvos de Toño Casais, máis non tiven o pracer nunca de falar persoalmente con el, pero cónstame que ademáis de ser moi bo actor é tamén unha boa persoa. E porque insisto tanto sempre en que fulanito de tal é BOA PERSOA? Porque neste mundo ademáis de ser boa actriz ou bo actor cómpre tamén ser "boa persoa". E como xa todos sabedes o que penso e o que seguirei pensando de Artur Trillo co que onte mantiven unha boa parolada (en galego por suposto jejejeje) remítome a entradas anteriores destes Sons dun Soño.
Ficha técnica
Texto: Suso de Toro, Cándido Pazo, Avelino González e Xabier Lama entre outros
Director: Avelino González
Intérpretes: Toño Casais e Artur Trillo
Escenografía, vestiario e atrezzo: Carlos Alonso
Iluminación: Dani Trillo
Deseño gráfico: Blanca Barrio
Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante.

1 comentario:

  1. Vin esa obra fai tempo no Principal: non me gustou. Pareceume reduccionista e antipatica. A maioría dos meus acompañantes eran da mesma opinión.

    Pero o peor non era a obra en si, senon o feito de ter que ir a vela de forma obrigada co instituto.

    Parabens

    ResponderEliminar

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.