"Valentino Rufino e Âkil Pillabán", de Talía Teatro


Talía Teatro pon en escena "Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)", dirixida por Roberto Salgueiro e protagonizada por Dani Trillo e Diego Rey. Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia.


    FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA     
· Texto e dirección: Roberto Salgueiro
· Elenco: Dani Trillo, Diego Rey
· Escenografía: Roberto Salgueiro
· Vestiario e iluminación: Roberto Salgueiro
· Deseño gráfico: Blanca Barrio
· Fotografía: Javier Amosa
· Maquillaxe: Martina Cambeiro
· Realización escenográfica: Rodrigo Roel
· Realización vestiario: Clotilde Vaello
· Axudante de dirección: Marta Ríos

0 comentarios:

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive