Novo espectáculo do CDG: "As dunas free spa"



Un cabaré sobre o paraíso perdido. A paisaxe sinxela da infancia destruída, ironicamente, polo paraíso en cápsulas que é o turismo. A destrución do rostro dun país como unha catástrofe de cirurxía plástica, a ruína sentimental escenificada coralmente por un grupo de homes e de mulleres que procuran o amor sobre unha onda de cemento. O CdG estreou o pasado venres novo espectáculo e hoxe, domingo, o Salón teatro esgotaba as entradas. As dunas free spa é unha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo. Sobresae o traballo físico e a expresión corporal de todo o elenco. Elenco formado por artistas xa consagrados como Susana Dans ou Evaristo Calvo e outros procedentes do teatro universitario (nos próximos días dedicarei unha entrada ao meu tan querido teatro universitario).

       FICHA TÉCNICA e ARTÍSTICA       
   · Autor: Manuel Lourenzo 
   · Dirección: Quico Cadaval 
   · Elenco Lucinda: Paula Buján Serapio: Evaristo Calvo Helio: Manuel Cortés Lola: Susana Dans Cristian: Christian Escudero Melodrama: Mos Calí Caiate: Paulo Oliveira Eva: Iria Pinheiro Florencio Pardo: Rodrigo Roel Milo: Davide Salvado
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive