Mostra de Teatro Infantil de Nadal 2009

Levade aos nenos ao Teatro!!!!! Entre o 26 de Decembro e o día 30 deste mesmo mes terá lugar a Mostra de Teatro Infantil de Nadal 2009 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O prezo é de 6 euros (bono 30 euros)
Achégovos a programación (houbo algúns cambios que xa están incluidos aquí mesmo):
Sábado 26
Trompicallo Teatro con "Violeta Coletas contra as salchichas Gulp!"
Horario: ás 19:00h
Dirección: Marián González
A Violeta non lle gusta estudar, a Violeta gústalle ver a tele. A Violeta non lle gustan as acelgas, a Violeta gústanlle as salchichas. A Violeta non lle gusta Sarita, a Violeta gústalle Miguel. A Violeta non lle gusta que a súa nai lle dea ordes, a Violeta gústalle escoller... aínda que un extraordinario suceso fará que cambie de opinión.
Domingo 27
Caramuxo Teatro con "Os Bolechas"
Horario: ás 19:00h
Dirección: Juan Rodríguez e Laura Sarasola

Caramuxo teatro presenta o grande éxito editorial galego. Os Bolechas é unha comedia musical con monicreques; un espectáculo que nos amosa un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns. Luns 28 Ángels Margarit/Cía. Mudances (Cataluña) con "Flexelf" Horario: ás 19:00h Dirección e coreografía: Àngels Margarit

O espectáculo nace da palabra e a palabra flexelf nace do movemento dun punto que se converte en liña, se enrosca, se reflicte e se repite. Flexelf fala da escritura do corpo no espazo, caligrafía efémera de linguas exóticas e xeometrías rebuldeiras. Todo o que hai en flexelf móvese, dóbrase ou engúrrase; cada forma transfórmase e convida a viaxar, a descubrir que non todo é o que parece ou a inventar que parece o que vemos.
Martes 29 Teatro de Montemouro (Portugal) con "Maos Grandes" Horario: 18:00h e 19:00h Autoría: Thérèse Collins
Esta é a historia dun panadeiro que conta a todos os cativos que visita a historia do pan desde a Antigüidade, desde os exipcios, desde o gran, desde hai moito, moito tempo. Conta a súa historia, como aprendeu a facer pan, como a súa nai o ensinou. Personaxes divertidos e coloridos dun palmo e medio de estatura dan vida a un espectáculo dirixido principalmente aos máis cativos. Trátase dunha montaxe divertida e accesible, cun forte compoñente educativo.
Mércores 30 A Priori Producciones (Guadalaxara) con "El Sable y la Paloma" Horario: ás 19:00h Dramaturxia e dirección: Marta Torres
Un soldado e unha fada comparten as horas previas a unha batalla. El, un malhumorado capitán, prepárase para enfrontarse a todo un exército. A fada quere concederlle un desexo, pero antes tentará contaxiarlle o seu respecto pola igualdade dos seres humanos. As peripecias en que se ven envoltos os personaxes farán desaparecer a posibilidade da batalla?Espectáculo estreado co gallo do 50º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Salón Teatro
Rúa Nova 34 - 15705 Santiago de Compostela
telf: 981 58 11 11

Feira Galega das Artes Escénicas 2009

O venres 23 rematou a Feira Galega das Artes Escénicas 2009. Déixovos o cadro de actuacións das compañías.
Foron moitas os espectáculos presentados este ano na Feira das Artes Escénicas pero tan só puiden asistir ás funcións do Salón Teatro:
Glass City (cidade de cristal) Teatro do Noroeste
Autor: Eduardo Alonso Dirección: Eduardo Alonso Elenco: Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera "Mos", Maxo Barjas, Monti Castiñeiras, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Fernando Tato, Fernando González, Brandán Lourenzo, Brais Morán, Julia Méndez, Julia Sánchez.
Nos últimos días de agosto de 1958, cando o xefe do Estado español, o ditador Francisco Franco, pasa os veráns no pazo de Meirás, transformando A Coruña na capital de España, nesta cidade agardan a que chegue a comitiva gobernamental para comezar a desplumar, en diversas partidas de cartas, os visitantes madrileños que acompañan ás autoridades. Tamén inaugurarán moitas entidades e, como di o seu alcalde, Alfonso Molina, no seu bando: "Os veciños deben estar preparados para engalanar os seus balcóns e galerías con colgaduras e magníficas iluminacións... Que a inmensa ledicia que sentimos ao vernos honrados coa presenza do primeiro español (refírese a Franco) saia de forma natural ao exterior demostrando como se lle quere na súa terra".
Wake Up Nut Teatro
Autoría: Nut Teatro
Dirección: Carlos Neira
Música: Alain Baumann (Konic Thtr)
Elenco: Nerea Barros, Xiana Carracelas, Arantza Villar, Iria Sobrado, Carlos Neira
Con Wake Up a compañía Nut Teatro continúa a liña de traballo trazada nas súas anteriores propostas escénicas, onde apostaba por obras experimentais que combinaban fórmulas especificamente teatrais con outras máis próximas á arte realizativa ou de acción. O espectáculo reflexiona sobre a intimidade e as relacións xurdidas de novos modelos de convivencia que o devir dos tempos fixo aparecer: as camas quentes, expresión referida ao leito subarrendado a homes e mulleres.Cando se derruba a fachada dunha casa queda nas paredes unha pegada da vida vivida tras ela: pintura descascada, azulexos, papel de parede, vigas de madeira, limiares. Paredes que xa non resgardan nada, á intemperie, espazos abertos que manteñen anacos de materiais vellos, estruturas espidas.
A esmorga Sarabela Teatro
Autor: Eduardo Blanco Amor Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda Adaptación: Begoña Muñoz, Carlos Couceiro
Elenco: Fernando Dacosta, Suso Díaz, Josito Porto, Nate Borrajo, Rosa Álvarez, Elena Seijo, Sabela Gago, Fina Calleja, Tito Asorey
A esmorga é unha traxedia aceda e cruel de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vinte e catro horas deambulan polos arrabaldes de Auria -transfondo ficcional da cidade de Ourense-. Perseguidos pola Xustiza e baixo a choiva e o frío da noite, Cipriano Canedo, obreiro (O Cibrán ou O Castizo), Juan Fariña (O Bocas, O Alifante), sen oficio coñecido, e Eladio Vilarchao (O Milhomes, O Maricallas), xastre de profesión, atopan o seu desafogo no alcohol, no sexo e na violencia. A entrega aos praceres máis primarios, como fuxida á adversa realidade en que viven, lévaos á autodestrución.

O Conselleiro suspende a producción de "As actas escuras" do CDG

A Consellería de Cultura e Turismo suspendeu a que ía ser a próxima producción do CDG "As actas escuras" que xa iniciara o periodo de pre-producción e seleccionara ao elenco.


Na páxina web da AAAG podedes ler a carta que a directiva desta asociación lle fixo chegar ao conselleiro de Cultura Roberto Varela.

V Festival de Teatro Galego do Carballiño

Luns 7/09/09 “LAGARTA LAGARTA” coa obra: O SEGREDO DOS HOFFMAN Martes 8/09/09
“CHÉVERE” coa obra: TESTOSTERONA Mércores 9/09/09
“TEATRO NU” coa obra: COA PALABRA NA LINGUA Xoves 10/09/09
“TEATRO DE NINGURES” coa obra: ATRABILIS Venres 11/09/09 GALA ENTREGA DE PREMIOS FETEGA na Praza das Monxas con “San & San” e o cantautor “Roberto Sobrado”
* Horario das actuacións: ás 22:30 h
* Obradoiro de improvisación
Impartido por Mariana Carballal Do 7 ao 10 de Setembro no Centro Multifuncional do Carballiño dentro do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA). A duración será de 16 horas en horario de mañá de 10.00h a 14.00 h. Organiza.AAAG *Espectáculo de rúa
Todos os días pola Compañía Zancalino Obradoiro de iniciacion de manexo de zancos impartido pola compañía zancalino produs s.l. Hora: 19:00 os días 7,8,9, e 10

22 Mostra de Teatro de Cee: Agosto 2009

Talía Teatro organiza a 22 Mostra de Teatro de Cee que se celebrará entre o 23 e o 28 de Agosto. Este ano a Mostra de Teatro non tivo o apoio da Xunta.
Os xornais recollen a noticia:
A Diputación aporta 8.000; o Concello, 6.000, e a empresa Ferroatlántica, 2.500, mentras que a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura colabora «con 0 euros», como resaltou onte o director de Talía (Artur Trillo). Os responsables da compañía local Talía Teatro, que se encargan do festival, tiraron das súas relacións persoais para configurar un cartel máis que digno no que moitos dos artistas actúan simplemente polo pago dos gastos.

Membros de Talía Teatro na presentación de "Palabras encadeadas"

Estou con Artur cando dixo «Non queremos empregar isto como arma política, pero os cambios de goberno non se poden facer así. Teñen que ser coma unha carreira, e o relevo hai que dalo en marcha». Desde aquí, agradecer o esforzo que Talía Teatro e todo o Concello de Cee está a facer para que ésta sexa a Mostra de Teatro que Cee e toda Galicia merece.

Achégovos a programación:
Domingo 23 de agosto Infantil: "As tres mosqueteiras á procura de Dartañán" de O Aturuxo de Melpómene Rúa Aberta: "Residuo" de Malabaranda Noite: "Historias Tricolores" de Abrapalabra (Cándido Pazó) Á deshora: "Historias da miña historia" de Oswaldo Digón
Luns 24 de agosto Infantil: "Cucho, Coco e o dilema do 6" de Teatro Escena Rúa Aberta: "Un día de tralla" de Circo Expreso Noite: "Palabras encadeadas" de Talía Teatro Á deshora: "Este son eu" de Pepo Suevos
Martes 25 de agosto Infantil: "Babiliglub" de Galitoon Rúa Aberta: "Circo de tolos" de Circo Escarranchado Noite: "Iliria" de O Elefante Elegante Á deshora "Contrabando" de Avelino González
Mércores 26 de agosto Infantil: "Contos que non falten" de Celso Sanmartín Rúa Aberta: "Montagem" de Assircópatas Noite: "Comendo pementos de Padrón con Tarantino " de Acarrachanacacha Á deshora: "No censure" de David Amor
Xoves 27 de agosto Infantil: "O recuncho de Anabel" de Arela Miúda Rúa Aberta: "Nono" de Arturo Cobas Noite: "Brand" de Cámara Negra Á deshora:"Contos para os tempos perdidos" de Paula Carballeira
Venres 28 de agosto Infantil: "Contos das mil mañas" de Paula Carballeira Rúa Aberta: "De calle" de Rafaelo Noite: "Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)" de Talía Teatro Á deshora (22.30 h.): "Fratelli Negroni, Swing e Mentiras" de Ruso Negro

Venres e Sábado Cultural en Bertamiráns

Rosa Cedrón e Cristina Pato: Soas Logo de camiñar por terras francesas no Festival de Lorient, o pasado venres 7 de Agosto actuaron en Bertamiráns (Ames) Rosa Cedrón e Cristina Pato no Pazo da Peregrina. “Soas”: así se chama o proxecto, un espectáculo intimista con temas propios e alleos. Vimos a unha Cristina diferente, a unha Cristina sentada ao pé do piano e a unha Rosa Cedrón soñando ao son da súa voz e viva ao son do violonchelo. María Soíña, Lela , a nai Lúa… o son dos meus soños.

Monicreques Fantoches Baj: "Rei, rei?"

Ao sábado seguinte, achegáronse ata Bertamiráns o grupo de Monicreques Fantoches Baj co seu espectáculo “Rei, rei?”. ¿Porqué os merlos ao cantar semellan dicir "rei, rei"?

Fantoches Baj construe os seus propios monicreques e mesmo adapta as historias para os meniños. “rei , rei” está basado nos “Nove contos e un de propina de Josef Capek". Pero…os monicreques, tan só son para os meniños? Os maiores tamén disfrutamos.

Nesa adaptación, Fantoches Baj fai alusións á nosa literatura galega: un dos personaxes parece imitar “Longa noite de pedra”. O mundo do Dereito é algo que me toca moi de preto polos estudos que curso e Fantoches Baj trátao desde o punto de vista do cativos. Usa unha terminoloxía axeitada e fácil de comprender. Por útlimo salientar que un dos compoñentes de Fantoches Baj foi o Fundados do Museo Galego de Marionetas con sede en Lalín.

CDG: Premio de Honra Abrente 2009

     A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu XXV aniversario outorgou o Premio de Honra Abrente 2009 ao Centro Dramático Galego. O premio de Honra Abrente súmase ao premio dos espectadores, pois o CDG e o Salón Teatro pecharon a temporada 2008-09 con máis de 27.800 espectadores e 196 funcións.

 A acta di así:
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia decide conceder o Premio de Honra Abrente 2009 ao Centro Dramático Galego no seu XXV aniversario polo seu importante papel na configuración do teatro galego contemporáneo, pola súa defensa da creación dramática en lingua galega, pola contribución á progresiva normalización cultural e pola súa adicación, como institución pública, á posta en valor de novos axentes creadores e profesionais. O Premio de Honra Abrente quere poñer de relevo os esforzos, os afáns, os servizos e os desexos por avanzar no soño dun futuro teatro nacional que sexa capaz de ocupar, polo seu rigor e innovación, un lugar de referencia, interna e externamente, nas artes escénicas.

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

O venres 17 dou comezo a XXV Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia co espectáculo "Splash" de La Fura del Baus.
Ao día seguinte presentouse o libro sobre o XXV aniversario da MIT Ribadavia xunto cos espectáculos "La casa del abuelo" da compañía La Rous e "City/sim City". O domingo presentouse a colección Abrente de Teatro da editorial Difusora. "Alicia atraviesa el espejo" e "De la vida de las marionetas" de Réplika Teatro de Madrid foron os espectáculos que pecharon a fin de semana. Adxúntolles a programación dos vindeiros días: Día 20 luns 10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura. 20:00 Trasno. Pistacatro. Galicia. San Paio. 20:30 El teatrito del desván. Prod. Cachivache. Madrid. Igrexa da Magdalena. 21:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache. Madrid. Igrexa da Magdalena. 22:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache. Madrid. Igrexa da Magdalena. 23:00 Ariadna. Atalaya. Andalucía. Auditorio do Castelo. Día 21 martes 10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura. 12:00 El teatrito del desván. Prod. Cachivache. Madrid. Igrexa da Magdalena. 20:00 Trasno. Pistacatro. Galicia. San Cristovo. 21:00 La vida de un piojo llamado Matías. El espejo negro. Andalucía. Casa da Cultura. 23:00 Dáme veleno. Sarabela Teatro. Auditorio do Castelo. Día 22 mércores 10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura. 20:00 Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante. Galiza-Portugal. SputMIT. Satélites da MIT en Francelos. 20:30 Uma rampa para ti. FIAR. Portugal. Espazo Ruadavia: Alameda. 23:00 S.M.S (Strange Music Symphony). Microband. Italia. Auditorio do Castelo. Día 23 xoves 10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura. 20:00 Tristán cara de can. Compañía do elefante elegante. Galiza-Portugal. SputMIT. Satélites da MIT en San Andrés. 21:00 Mr. Bunk. Canadá. Espazo Ruadavia: Praza Maior. 23:00 A piragua. Abrapalabra. Galicia. Auditorio do Castelo.1:00 Maté a un tipo. Bambalinas Asesinas. Casa da Cultura. Sesión golfa. Día 24 venres 10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura. 20:15 Presentación do número 59 da Revista Galega de Teatro. Sede da Mostra Internacional de Teatro. 21:00 Madrid, laberinto XXI. Metatarso. Madrid. Casa da Cultura. 23:00 Blik. Monsier et Madame O, La Volga e Homo Ludens. Francia e Corea. Auditorio do Castelo. Día 25 sábado 21:00 Mago por casualidade. Teatro de la Plaza - Cooperativa Paulista de Teatro. Brasil. Igrexa da Madalena. 23:00 El Caballero de Olmedo. Teatro Corsario. Castela-León. Auditorio do Castelo. 1:00 Daimonion. Teatro do Mar. Portugal. Espazo Ruadavia: Adro de Santo Domingo. Día 26 domingo 20:00 De homem para homem. Arena Ensemble. Portugal. Casa da Cultura. 23:00 Entrega do premio de Honra Abrente, premio de Textos Teatrais e premio do público.In-Fame. Excéntrica Prod. Auditorio do Castelo. 1:00 Camping. Teatro Meridional. Espazo Ruadavia: Alameda. +info:

Elena Cánovas e Teatro Yeses, mañá en Santiago de Compotela



     Traballando como funcionaria de prisións no ano 1985 crea o Grupo de teatro Yeses, no cárcere de mulleres de Yeserías, que forma parte dun proxecto de reinserción e reeducación social. Desde entón dirixe esta especial compañía de teatro e con ela realizou diversas montaxes que se representaron dentro do cárcere: A cantante calva , de Ionesco; Amor de don Perlimpín con Belisa no seu xardín , de García Lorca; A estanquera de Vallecas , de Alonso de Santos; O triciclo e Pic-nic , de Arrabalde..., entre outros. Aos dous anos de traballo preséntanse fóra do cárcere con motivo da II Mostra Cultural do Mundo Laboral que organiza UXT no novo Centro Cultural da Elipa e gañan o Premio de interpretación Feminina e unha Mención de honra para o grupo.
Elena Cánovas
     Nace en Madrid en 1955. Titulada en Interpretación e Dirección Escénica pola Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid, onde tamén impartiu cursos de dramaturxia, teatro e marxinación social e análise de texto Ademais está graduada en Criminología pola Universidade Complutense de Madrid.
     Mañá e con motivo do seminario "A rehabilitación dos nosos presos" organizado polo penalista D. José Manuel Lorenzo Salgado, Elena Cortés ás 18:00h dará unha conferencia na Facultade de Dereito sobre a teatroterapia e o teatro na prisión, facendo unha especial referencia á compañía de teatro Yeses.

Palabras Encadeadas en Santiago de Compostela. Talía Teatro nunca decepciona

Ás veces podemos asociar unha compañía teatral cun xénero concreto e este era o caso de Talía Teatro. Nos últimos anos Talía Teatro deixounos na súa maioría comedias e espectáculos para nenos (Valentino Ruffini; E ti, quen ves sendo?; Quero ser grande; Bicos con Lingua). O vento do nordés trouxo consigo o dramatismo e velaí Palabras Encadeadas.
Non teño palabras encadeadas
Non teño palabras
Facía tempo que non vía unha peza coma esta. Perfección no texto, na interpretación, na escenografía, na iluminación... e perfección no pensamento. Si, a peza tiña pensamento. O espectador tamén xogaba ás palabras encadeadas descubrindo as verdades, as mentiras e as manchas na camisa... En ningún momento decae a pesares de ser tan só dous os actores que levan o peso dramático: sempre un conflicto en escena. Os meus parabéns a María Ordóñez, Toño Casais e ao meu benquerido Artur Trillo.

'Os contos máxicos da avoa' de Teresa Venteo e Vanessa González- EstrelaCadente Teatre -


Os contos máxicos da avoa


     É unha peza para nenos que, baseándose na recuperación da memoria colectiva, busca fomentar a creatividade e imaxinación dos cativos a través de dúas personaxes características, Scherezade e o noso benquerido Apalpador, a versión galega do Santa Claus.
Horario:
23 de xuño de 2009 12:30


Lugar:Biblioteca Fundación Caixa Galicia
Frei Rosendo Salvado, 14-16. 15701
Teléfono: 981 59 34 67


Recomendada a nenos e nenas a partir dos 6 anos

     Onte recibín unha chamada dunha compañeira de teatro. Era Tere preguntándome por uns textos , etc etc etc etc etc. E falando falando díxome: "Actuamos na Fundación Caixa Galicia"
     E agora é cando vos digo que estas dúas rapaciñas , mallorquinas as dúas pero afincadas aquí en terras compostelanas dende fai tempo, son xeniais. Forman o grupo de teatro do que un día vos falei Estrela Cadente Teatre. http://carlacapeans.blogspot.com/2009/03/estrela-cadente-teatre-presentovos.html

     E que vos podo dicir de Teresa Venteo e Vanessa González de la Fuente? Tan só cousas bonitas. Mantiven relación teatral con Vanessa durante 2 días nun cursiño de teatro. E que diciir de Tere?? Que é xenial, como actriz e como amiga. Porque para min ela tamén é unha amiga.

Premios X Mostra de teatro Universitario de Teatro de Galicia

Premios ao Mellor Espazo Escénico: - Paula Funes e Begoña Cuquejo por “En construción”, de Murmurios Teatro - Fran Godón, por “Memoria de Ut”, de Teatro no Aramio Premios á Mellor Interpretación Masculina: - Fernando Veiga, polo seu traballo en “Memoria de Ut”, de Teatro no Aramio - Francisco Paz, polo seu traballo en “Zorro”, de Teatro da Falúa Premios á Mellor Interpretación Feminina: - Paula Díaz, polo seu traballo en “Fin de Partida”, de NNC - Iria Acevedo, polo seu traballo en “Sussie”, da Aula de Teatro da USC – Compañía de Teatro de Lugo Premios á Mellor Dirección: - Beatriz Bravo, polo seu traballo en “Aberto por folga –cabaré laboral”, de Tangatutanga Teatro - Esther Carrodeguas, polo seu traballo en “Zorro”, de Teatro da Falúa Premios ao Mellor Espectáculo: - “Só vostede e máis eu”, da compañía Mequetrefes - “Aberto por folga –cabaré laboral-“, da compañía Tangatutanga Teatro
Parabéns

X Mostra de Teatro Universitario de Galicia (25 maio – 2 xuño)

O luns comeza a X Mostra de Teatro Universitario de Galicia onde participarán catorce compañías das tres Universidades galegas. Como novidade, este ano outorgarase premio á mellor dirección, mellor interpretación masculina e feminina e mellor montaxe o día 3 de xuño (ás 20:30) no Salón Noble de Fonseca. O xurado estará composto por profesionais del teatro vinculados á formación, afeccionados e estudantes. Salón Teatro Hora das funcións: 21,30 horas Despacho de entradas aberto desde as 20,00 horas (gratuito) 25 de maio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Compañía de Teatro Obra: Xogos á hora da sesta, de R. Mahieu Duración: 55 minutos 26 de maio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela. Compañía de Teatro de Lugo Obra: Sussie, de Carol López Duración: 60 minutos 27 de maio Aula de Teatro da Universidade da Coruña Obra: Máquina muller, adaptación do texto de H. Müller Hamletmachine Duración: 55 minutos 28 de maio Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Pontevedra Obra: Os figurantes, de Sanchis Sinisterra Duración: 75 minutos 29 de maio Murmurios Teatro (USC) Obra: En construción, creación colectiva Duración: 70 minutos 30 de maio Teatro no Aramio (USC) Obra: Ut, de Fran Godón Duración : 55 minutos 31 de maio Tangatutanga Teatro (USC) Obra: Aberto por folga -cabaré laboral-, creación colectiva Duración: 60 minutos 1 de xuño NNC (USC) Obra: Fin de partida, adaptación libre do texto de Samuel Beckett e de textos de Jodorowsky Duración: 75 minutos 2 de xuño Alter Ego (USC) Obra: Sombras en Alvellira, de Elena Rodríguez Pérez Duración: 60 minutos Teatro Principal Hora das funcións: 19,30 horas Despacho de entradas aberto desde ás 18,00 horas (gratuito) 25 de maio Enlata Teatro. Facultade de Ciencias da Educación (USC) Obra: O rei nú, de Quico Cadaval e Cándido Pazó Duración: 80 minutos 26 de maio Teatro da Falúa (USC) Obra: Zorro, de Margaret Mazzantini Duración: 70 minutos 27 de maio Aula de Teatro da Universidade de Vigo. Campus de Ourense. Compañía “Maricastaña” Obra: Hide (oculto), adaptación de Fernando Dacosta de "O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde", de Robert Louis Stevenson Duración: 85 minutos 28 de maio Mequetrefes (USC) Obra: Só vostede e máis eu, adaptación de Tus deseos en fragmentos, de Ramón Griffero Duración: 50 minutos

"Bicos con lingua" de Talía Teatro con Artur Trillo e Toño Casais

No abril do 2003 Talía Teatro estreabra Bicos con Lingua. A partir dos textos de Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lama, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría, recollidos no libro Longa lingua Toño Casais e Artur Trillo levan 6 anos concienciando aos máis mozos do camiño que percorrerá a nosa lingua si a esquecen.
Bicos con lingua achegouse onte ate Milladoiro...e como non puido ser doutra maneira, o público respondeu!!!! Xa asistira fai algún tempo a unha das representación de Bicos con Lingua pero ás veces un sinte a necesidade de volver atrás no tempo para poder revivir novos momentos e novas gargalladas. E así foi.
Neste caso gustaríame poder falarvos de Toño Casais, máis non tiven o pracer nunca de falar persoalmente con el, pero cónstame que ademáis de ser moi bo actor é tamén unha boa persoa. E porque insisto tanto sempre en que fulanito de tal é BOA PERSOA? Porque neste mundo ademáis de ser boa actriz ou bo actor cómpre tamén ser "boa persoa". E como xa todos sabedes o que penso e o que seguirei pensando de Artur Trillo co que onte mantiven unha boa parolada (en galego por suposto jejejeje) remítome a entradas anteriores destes Sons dun Soño.
Ficha técnica
Texto: Suso de Toro, Cándido Pazo, Avelino González e Xabier Lama entre outros
Director: Avelino González
Intérpretes: Toño Casais e Artur Trillo
Escenografía, vestiario e atrezzo: Carlos Alonso
Iluminación: Dani Trillo
Deseño gráfico: Blanca Barrio
Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante.

Kvetch (Unha comedia americana sobre a ansiedade) Teatro do Morcego

Humorística onde as haxa, sorprende a actuación de Celso Parada moi lonxe das caracterizacións de "Regreso ao deserto" ou de "Libro de Familia". Mónica Caamaño cunha forza escénica impresionante da forza á obra nalgúns momentos nos que semella decaer. Sabe armonizar momentos cómicos con pensamentos duros, saudosos que representan a crúa realidade: a supeditación da muller. Mirada forte, fixa e firme... Dorotea Bárcena símbolo das preocupacións da vellez, atenúa ese ton interpretativo alto que caracteriza a peza.
Pero ante todo é a nosa peza, a peza do espectador, do espectador que pensa que o que están pensando os personaxes tamén o pensa el.

ficha técnica

Autor: Steven Berkoff

Compañía: Teatro do Morcego

Director: Alvaro Lavín

Intérpretes: Celso Parada, Pedro Alonso, Mónica Caamaño, Dorotea Bárcena e António Reis

"Vivimos todos baixo a ameaza da bomba, do cancro, dos axentes canceríxenos, da enfermidade, do paro, da impotencia, do medo ao medo, dos negros, dos brancos, da policía, dos impostos, da declaración da renda, de quedarmos calvos, de engordar, de poñernos feos, de ser parvos, de non ser enxeñosos, de ser tímidos, de preocuparmos por aprender a tocar o piano, do medo ao fracaso, de non causar boa impresión, medo á forza dos demais, a non ter xubilación, á vellez, á morte, á guerra... Esta é unha obra dedicada a todos os que teñen medo". Con estas palabras, o dramaturgo e actor británico Steven Berkoff arrinca a primeira páxina do libro Kvetch (palabra de orixe yiddish: neura, agobio, angustia), punto de partida tamén para a montaxe."

XXVIII Feira do libro de Santiago de Compostela

Con motivo da Feira do Libro, Santiago de Compostela acolle o día 9 ás 19:00h unha mesa redonda na que participarán Cándido Pazó, Paula Carballeira, Quico Cadaval e Avelino González. A XXVIII feira do Libro de Santiago de Compostela despídese cun monólogo humorísitco de Cándido Pazó.
'Teatralidade e oralidade ou viceversa. Debate sobre unha fronteira imprecisa'
Máis información en

Día 30: Premios Mestre Mateo

Mellor Longametraxe ”Os Mortos Van A Presa”
Mellor Longametraxe Animación “Pérez 2, O Ratiño Dos Teus Soños” De Filmax Animation.
Mellor Longametraxe Documental “Flores Tristes” De Formateo, Pórtico De Comunicaciones, Tic Tac Producciones.
Mellor Película Para Tv “A Mariñeira” De Ficción Producciones, Diagonal Tv, Televisión De Galicia, Televisión De Catalunya.
Mellor Programa De Tv “Hai Que Mollarse” De Bren Entertainment.
Mellor Serie De Tv “Padre Casares” De Voz Audiovisual.
Mellor Documental “Afranio” De Alén Films, Tvg.
Mellor Obra Experimental “Nemo, Novo Entretemento Móbil” De Alén Films.
Mellor Obra Interactiva “Flocos.Tv” De A Navalla Suiza, Axencia Audiovisual Galega.
Mellor Obra Publicitaria “Campaña Estrella Galicia Rober Bodegas” De Mondotropo.
Mellor Curtametraxe De Ficción “A Princesa Alegría” De Ficción Producciones.
Mellor Curtametraxe De Animación
“O Pintor De Ceos” De Jorge Morais Valle.
Mellor Dirección De Produción María Liaño, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Dirección De Fotografía Suso Bello, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Maquillaxe E Perruquería Raquel Fidalgo, Rosana Teijeiro, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Deseño De Vestiario
Saturna, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Dirección Artística Curru Garabal, Por “A Noite Que Deixou De Chover”.
Mellor Montaxe Jorge Coira, Por “El Menor De Los Males”.
Mellor Son Carlos Faruolo, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Guión Alfonso Zarauza, Por “A Noite Que Deixou De Chover”.
Mellor Música Orixinal Piti Sanz, Iván Laxe, Por “A Noite Que Deixou De Chover”.
Mellor Dirección Alfonso Zarauza, Por “A Noite Que Deixou De Chover”.
Mellor Realización Jorge Coira, Carlos Sedes, Manuel Espiñeira, Alex Sampayo, Por “Padre Casares”.
Mellor Comunicador De Tv
Belén Regueira, Por “O País Dos Ananos”.
Mellor Interpretación Masculina Protagonista Chete Lera, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Interpretación Feminina Protagonista Tamara Canosa, Por “Pradolongo”.
Mellor Interpretación Masculina De Reparto Xosé Manuel Olveira “Pico”, Por “Os Mortos Van Á Presa”.
Mellor Interpretación Feminina De Reparto
Belén Constenla, Por “Os Mortos Van Á Presa”.

Iván Marcos presenta 'Eco', en coprodución co Centro Dramático Galego

Ficha técnica
Autor: Iván Marcos.
Intérprete: Iván Marcos. Música: Christian Wolz. Iluminación/vídeo: Alberto Santos. Produción: Iván Marcos e o Centro Dramático Galego. Dirección: Iván Marcos. Días 17 e 18 (20:30h) e 19 de abril (18:00h) do 2009 no Salón Teatro
Eco, que investiga o momento no que unha figura, un son, un ente, se libera dunha superficie e alcanza a súa propia independencia. Fala do momento no que un toman decisións sobre o que quere ser como ser humano, o momento no que un anaco de barro toma unha forma determinada, o momento no que os arredores xeolóxicos se dividen creando un novo espazo físico e diferenciado.
A proposta parte dun estudo detallado para chegar a comprender as conexións máis amplas e complexas, onde os diferentes elementos, como a linguaxe, a materia ou o son, se exploran de forma illada e descontextualizada, coa intención de estabelecer novas conexións, novas formas de percibir e de establecer relacións entre as cousas. O actor, é dicir o propio Marcos, estará entre eses obxectos, converténdose ao mesmo tempo nun obxecto de estudo; o seu corpo, a súa voz ou as súas experiencias serán estudadas e analizadas, fragmentadas e reorganizadas, para posteriormente ser reintegradas no contexto escénico no que se atopa coa intención de estabelecer unha nova percepción sobre si propio sobre os límites que o fan identificábel como tal, e sobre o microcosmos e macrocosmos que o rodean. En escena, a acción irá oscilando entre a superficie e a profundidade, entre unha realidade bidimensional que é o vídeo e outra realidade tridimensional que é a escena. O son será sempre tridimensional, posto que a voz, a música e o son, a miúdo manipulados e expandidos, creados como ecos intensos de lugares concretos, fixan as imaxes nun lugar e nunha xeografía específicas. No centro do escenario, haberá unha plataforma xiratoria que será usada como escaparate dende o que observar, diseccionar e analizar o corpo e a voz do performer e das materias que se presenten na mesma. Aínda que tamén será unha plataforma viva e dinámica desde a que confrontar os suxeitos analizados coa realidade dun medio cambiante. As cámaras de vídeo recollerán as imaxes que serán magnificadas posteriormente, os micrófonos amplificarán o son, o sistema de rotación fará que aumenten os posíbeis ángulos de percepción. Deste xeito, partindo da imaxe, o son e o movemento, combinado co uso de diversas tecnoloxías dixitais, Eco tratará de reformular preguntas sobre os procesos de formación de identidades diferenciadoras, sobre o momento no que a un ente atribúenselle certas características fundamentais que o diferencian da súa contorna. Eco será ao mesmo tempo un evento que tratará de forma fenomenológica o proceso de formación da linguaxe, intentando xerar espazo para gañar consciencia sobre o instante no que a un obxecto ou a unha situación, atribúeselle un son que o representa ou unha imaxe que o simboliza, facéndoo comunicable e transmisible, pero ao mesmo tempo reducíndoo a un número finito de características.

Estrela Cadente Teatre, compañía amateur

Estrela Cadente Teatre
Preséntovos a Estrela Cadente Teatre!!!! Este grupo está formado por unha compañeira coa que traballei no teatro universitario Tere Venteo (e tamén amiga) e Vanessa G. De la Fuente. Como elas din é "una compañía de aventureiras que buscan experimentar dende o teatro, a ilusión e a fantasia o mundo que as rodea e, se pode, aportar toda a luz que lles da a súa imaxinación.
Podedes visitalas en

Talía Teatro: Novo proxecto

Palabras encadeadas de Jordi Galcerán O día 30 de Abril no Salón de Actos do Concello de Cee estréase o novo espectáculo de Talía...palabras encadeadas.

Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío. Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.

Ficha técnica

Elenco: Toño Casais e María Ordóñez.

Dirección: Artur Trillo Axudante de dirección: Diego Rey

Gañadores Premios de Teatro María Casares 2009

  • MELLOR ESPECTÁCULO: Unha primavera para Aldara de Teatro do Atlántico
  • MELLOR DIRECCIÓN: Xúlio Lago por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA: María Bouzas por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ACTOR PROTAGONISTA: Víctor Mosqueira por Obra (No comment)
  • MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA: Rebeca Montero por A boa persoa de Sezuán
  • MELLOR ACTOR SECUNDARIO: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?
  • MELLOR ESCENOGRAFÍA: Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR TEXTO ORIXINAL: Teresa Moure por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR ADAPTACIÓN/TRADUCIÓN: Avelino González e Olga Nogueira por Aeroplanos
  • MELLOR MÚSICA ORIXINAL: Suso Alonso por Obra (No comment)
  • MELLOR ILUMINACIÓN: Xúlio Lago por Unha primavera por Aldara
  • MELLOR VESTIARIO: Carlos Alonso por Unha primavera para Aldara
  • MELLOR MAQUILLAXE: Cristina Couto por Dame veleno, eu tamén soñar

"Valentino Rufino e Âkil Pillabán", de Talía Teatro


Talía Teatro pon en escena "Valentino Rufino e âkil pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can)", dirixida por Roberto Salgueiro e protagonizada por Dani Trillo e Diego Rey. Esta farsa que respira da comedia da arte está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes. Valentino Ruffini é un poeta que non consegue publicar os seus libros en Venecia e de regreso á súa cidade natal, Milán, é abandoado polo seu criado. Sen cartos e apesarado pola súa mala sorte decide pasar a noite nunha casa en ruínas, ás aforas de Venecia.

A Pensión, de Redrum Teatro

"A Pensión" é un conto de suspense que explora as consecuencias da soidade. Un mundo interior complexo, producto do esquecemento, do aillamento e da falta de comunicación, fala de cómo todos estos factores poden corromper ao ser humano e quitarlle a capacidade de emocionarse e de ser feliz. Todo esto desemboca nunha existencia gris, marcada polo silencio, pola desconfianza e a obsesión.

       FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA    
· Dirección: Álex Sampayo
· Elenco: Guillermo Carbajo, Rosa Álvarez, Tamara Canosa

"Xogos á hora da sesta", Aula de Teatro da USC

     Con motivo do XV Festival Internacional de Teatro Universitario a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela volve aos escenarios coa produción teatral 'Xogos á hora da sesta', de Roma Mahieu, versionada e dirixida por Cándido Pazó. "Xogos á hora da sesta" é un texto da arxentina Roma Mahieu publicado en 1976. A autora inspirouse nun grupo de meniños que xogaba no parque do seu barrio e a crueldade que mostraban entre eles espertou en Mahieu a necesidade dunha reflexión, que a levou a crear unha metáfora sobre o auxe de ditaduras que sufría América Latina. Esta creación foi adaptada por Cándido Pazó por vez primeira en 1991.

         FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA      
· Autor: Roma Mahieu
· Tradución, adaptación e dirección escénica: Cándido Pazó
· Elenco: Begoña G. Méndez, Alberto Martínez, Ramón Insua, Beatriz Méndez, Natalia Ibáñez, Ana M. Ponte
· Escenografía: Carlos Alonso
· Vestiario: Belén Pichel e Carlos Alonso
· Música: Samuel Alonso
· Iluminación: Afonso Castro
· Axudante de dirección: Belén Pichel

Nominados aos Premios de Teatro María Casares 2009



MELLOR MAQUILLAXE
   · Cristina Couto por Dame Veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro)
   · Fany Bell por Periferia (Voadora)
   · La Canalla por Game Over (caChuzo)

MELLOR VESTIARIO
   · Carlos Alonso, Unha primavera para Aldara (Teatro do Atlántico)
   · Clotilde Vaello, Frida (A Internacional)
   · Ruth D. Pereira, Dame veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro)

Novo espectáculo do CDG: "As dunas free spa"



Un cabaré sobre o paraíso perdido. A paisaxe sinxela da infancia destruída, ironicamente, polo paraíso en cápsulas que é o turismo. A destrución do rostro dun país como unha catástrofe de cirurxía plástica, a ruína sentimental escenificada coralmente por un grupo de homes e de mulleres que procuran o amor sobre unha onda de cemento. O CdG estreou o pasado venres novo espectáculo e hoxe, domingo, o Salón teatro esgotaba as entradas. As dunas free spa é unha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo. Sobresae o traballo físico e a expresión corporal de todo o elenco. Elenco formado por artistas xa consagrados como Susana Dans ou Evaristo Calvo e outros procedentes do teatro universitario (nos próximos días dedicarei unha entrada ao meu tan querido teatro universitario).

       FICHA TÉCNICA e ARTÍSTICA       
   · Autor: Manuel Lourenzo 
   · Dirección: Quico Cadaval 
   · Elenco Lucinda: Paula Buján Serapio: Evaristo Calvo Helio: Manuel Cortés Lola: Susana Dans Cristian: Christian Escudero Melodrama: Mos Calí Caiate: Paulo Oliveira Eva: Iria Pinheiro Florencio Pardo: Rodrigo Roel Milo: Davide Salvado

Candidatos Premios María Casares 2009

O día 10 deste mes coñeceremos desde o Auditorio do Concello de Narón os nominados ós XIII Premios María Casares de Teatro. As compañías candidatas aos Premios de Teatro María Casares 2009 son:
Unha primavera para Aldara Teatro do Atlántico

Manuel Lourenzo e quico Cadaval no Salón Teatro


As Dunas, do CDG: Unha viaxe pola Mariña luguesa da man dunha tropa estrafalaria. Músicos, danzantes e cantores concentrados nunha vella nave industrial en desuso, a ensaiaren números musicais para un spa que vai ser a revolución da zona. Jazz, amor, explotación e aventura na raia costeira da Mariña oriental, de Barreiros á Ponte dos Santos.

Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Blog Archive