O blog pecha a porta

Foron moitas as alegrías que me deu este blogue e foi moito o que aprendín grazas a el. Comecei a escribilo aló polo 2009 e hoxe, día 2 de febreiro de 2016, chega o momento de pechar a porta. Xa levaba un tempo sen escribir (máis dun ano) e creo que esta é a opción correcta. O blogue seguirá aberto pero xa nunca volverei a escribir nel.
Graciñas polo voso apoio e polas vosas visitas. Graciñas de corazón.

Nomeados aos Premios María Casares 2015


   Hoxe déronse a coñecer os nomeados aos Premios María Casares de Teatro nun acto no Consello da Cultura Galega presentado polos intérpretes Ricardo de Barreiro e Mónica García e no que participaron Vicente Mohedano, vogal de teatro da asociación, e Avelino González, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

- MELLOR MAQUILLAXE
  · Fany Bello por As fillas bravas, de Chévere
  · Fany Bello por A Tempestade, de Voadora
  · Raquel Fidalgo por Pequenas certezas, de Sarabela Teatro

- MELLOR VESTIARIO
  · Carlos Alonso por Ultranoite no país dos ananos, de Chévere
  · Uxía P. Vaello por A Tempestade, de Voadora
  · Yaiza Pinillos por Perplexo, de ilMaquinario Teatro

- MELLOR ILUMINACIÓN
  · Afonso Castro por Ra, Ra, Ra, de Abrapalabra Creacións Escénicas
  · Dani Pais por Kassa, de Elefante Elegante
  · José Álvaro Correia por A Tempestade, de Voadora
  · Tito Asorey/Germán Gundín por Perplexo, de ilMaquinario Teatro

- MELLOR MÚSICA ORIXINAL
  · Ailén Kendelman por Pan! Pan!, de A Panadaría
  · Iria Pinheiro, Mónica de Nut, Juanma Ons, Mano Panforreteiro, Kibitka, Manuel Ares, Carlos, Suárez, Suso Alonso, Gonçalo Guerreiro e Dani Pais por Kassa, de Elefante Elegante
  · José Díaz, Hugo Torres e Fernando Epelde por A Tempestade, de Voadora
  · Xacobe Martínez Antelo por Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere

- MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN
  · Avelino González e Olga F. Nogueira por Meu ben, de Eme2 Producións
  · Catuxa Pato e Tito Asorey por Perplexo, de IlMaquinario Teatro
  · Manuel Cortés e Fernando Epelde por A Tempestade, de Voadora

- MELLOR TEXTO ORIXINAL
  · Cándido Pazó por Demolición, de Talía Teatro
  · Manuel Cortés por Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere
  · Quico Cadaval por Bobas &Galegas (Mofa&Befa no Século de Ouro), de Producións Teatráis Excéntricas

- MELLOR ESCENOGRAFÍA
  · Ana Luena por A Tempestade, de Voadora
  · Carlos Alonso por Ultranoite no País dos Ananos, de Chévere
  · Carolo Losada Soto por Kassa, de Elefante Elegante

- MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
  · Areta Bolado por Pan! Pan!, de A Panadaría
  · Mónica García por As fillas bravas, de Chévere
  · Patricia de Lorenzo por As fillas bravas, de Chévere
  · Sabela Gago por Pequenas certezas, de Sarabela Teatro

- MELLOR ACTOR SECUNDARIO
  · César Goldi, por Ultranoite no país dos ananos, de Chévere
  · Borja Fernández por A Tempestade, de Voadora
  · Guillermo Weickert por A Tempestade, de Voadora

- MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA
  · Elina Luaces por Meu ben, de Eme2 Producións
  · Laura Míguez por Perplexo, de IlMaquinario Teatro
  · Luisa Merelas por Longa viaxe cara á noite, do Centro Dramático Galego
  · Melania Cruz por Perplexo, de ilMaquinario Teatro
  · Sheyla Fariña por Roedores, de Redrum Teatro

- MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
  · Fran Lareu por Perplexo, de ilMaquinario Teatro
  · Fernando González por Perplexo, de ilMaquinario Teatro
  · Machi Salgado por O Feo, de CatroCadeiras

- MELLOR DIRECCIÓN
  · Chévere por Ultranoite no país dos ananos, de Chévere
  · Tito Asorey por Perplexo, de ilMaquinario Teatro
  · Marta Pazos por A Tempestade, de Voadora

- MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
  · Roedores, de Redrum teatro
  · As fabas máxicas, de Caramuxo Teatro
  · A casa do avó, de Tanxarina

- MELLOR ESPECTÁCULO
  · A Tempestade, de Voadora
  · Perplexo, de IlMaquinario Teatro
  · Ultranoite no país dos ananos, de Chévere


AGRADECEMENTOS: Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Candidatos aos Nomeamentos dos XIX Premios María Casares

A continuación preséntase unha listaxe na que se recollen os espectáculos que presentaron candidatura aos nomeamentos dos XIX Premios de Teatro María Casares. Na web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia podes acceder aos vídeos dos espectáculos e ás webs das compañías.
  • PAN!PAN!, de A Panadaría
  • Ra Ra Ra, de Abrapalabra Creacións Escénicas
  • Animundis, de Animundis Artes
  • Psicópata, de Antón Coucheiro
  • Uvas de Collón de Ghalo, de ArtesaCía
  • Martes, de Baobab Teatro
  • Express Arte, de BocAberta
  • De Película, de Bucanero
  • As Fabas Máxicas, de Caramuxo Teatro
  • O Feo, de CatroCadeiras

Premio de Honra Marisa Soto 2014: Xosé M. Olveira "Pico"

           A Asociación de Actores e Actrices de  Galicia (AAAG) concédelle este ano a Xosé Manuel Olveira "Pico" o Premio de Honra Marisa Soto, galardón que recoñece a longa traxectoria profesional do intérprete falecido o 13 de xuño do ano pasado. Con esta distinción, os seus compañeiros da escena homenaxean a Pico, actor respectado e apreciado tanto polo público coma polo sector. 

Nomeados aos Premios María Casares 2014

  • Eurozone con 12 nomeamentos; O home almofada con 6 e As do peixe e Bye, Bye Honey con 5, son as montaxes con maior número de nomeamentos nos galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia
  • O Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acollerá o xoves 27 de marzo a cerimonia de entrega dos Premios de Teatro María Casares

MELLOR MAQUILLAXE
   · Fany Bello por Eurozone, de Chévere
   · Fany Bello por Waltz, de Voadora
   · Trini F. Silva por C'est la vie, de Matrioshka Teatro

MELLOS VESTIARIO
   · Carlos Alonso por As do peixe, de Abrapalabra C. Escénicas
   · Chévere por Eurozone, de Chévere
   · Uxía P. Vaello por Waltz, de Voadora

Visita a Axenda Teatral

Busca no Blog

Cargando...
Deseño do blog por Roi Méndez. Con la tecnología de Blogger.

Colaborador Económico

Donacións

Se che gusta este blog e queres contribuir ao seu mantemento podes facer unha donación coa cantidade que ti consideres.
De antemán, moitas grazas.